Mostrando entradas con la etiqueta Psicoloxía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Psicoloxía. Mostrar todas las entradas

10 ago 2019

Encontro con Paz Gesteira, psicóloga e psicomotricista: Xogos e contos

Cando digo o problema fágoo real

Organizan: Departamento de filosofía e Proxecto de Biblioteca 2018-19 Os contos. Post redactado a partir de contribucións de todo o alumnado da materia de filosofía de 1º de Bacharelato.

Paz Gesteira é psicologa e psicomotricista. A psicomotricidade entende que as partes física e mental dunha persoa van unidas na forma de expresar o que sente mediante o corpo. Para desenvolver o seu propio método de traballo, Paz pasou por varios gabinetes nos que non estaba a gusto porque entendían a psicoloxía de maneira diferente a ela, todo era pasar tests e facer informes. Agora traballa deste xeito:

  • Primeiro fala cos pais.
  • Despois fala co paciente. É moi importante establecer a transferencia, unha relación de confianza plena.
    • Observa a súa postura e xestos, o corpo fala.
    • Dálle importancia a que a consulta sexa un espazo cómodo, con bo ambiente, polo que é un salón normal, diferente das aulas escolares, cunha gran alfombra onde pasan a meirande parte do tempo. Se van á mesa non se senta no lado de en fronte senón ao seu carón. Tamén hai pelotas grandes, xogos, libros de contos...
    • Escóitao interesándose polo que quere dicir, preguntándolle e falando todo: a súa vida, relacións, medos, enfermidades. Cando digo o problema fágoo real.
    • Na primeira entrevista adoita preguntarlles ti sabes por que estás aquí? para coñecer o xeito en que percibe o seu síntoma. Outra pregunta, máis adiante, é que pedirías se eu che puidese conceder tres desexos?
    • Nos xogos e os contos o paciente identifícase con algún personaxe e pódense descubrir diferentes aspectos da súa personalidade.
    • Confidencialidade: o que falan na consulta queda entre eles.
    • Non hai un tempo programado para finalizar o número de sesións.
  • Despois de tres sesións volve falar cos pais, e quizais tamén máis adiante porque nese momento xa o paciente permite que lles conte algunhas cousas das que falan na consulta ou incluso lle pide que o faga, xa que o ve coma unha liberación.
Remata a charla contando os casos de dous rapaces aos que axudou.

ANA
En palabras dos seus pais, é perfecta. Saca boas notas, é educada e encantadora. Pero pasa longas horas na pantalla xogando a videoxogos e isto vai afectando a toda a súa vida: non sabe perder e ten episodios de ira, colle perrenchas e cabreos.
Na primeira entrevista pórtase moi ben, ofrece a súa mellor cara, pero ten unha postura corporal encollida. Cando lle pregunta por que está alí di que non sabe, ela é feliz, non ten razón para estar triste. Nas seguintes sesións vai revelando que se sente mal cando xoga cos videoxogos. Non dorme soa, dorme con mamá “por se acaso”. Os tres desexos que “pide” son inmortalidade para a súa familia e para ela, non ter medo a morrer e non estar soa na vida.
É unha nena de sobresaínte pero ten moito medo a decepcionar aos seus pais e ten medo á ESO, chega ao punto de non ser capaz de facer nada por se lles fai dano aos demais. Ela desafógase cos videoxogos pero cando perde póñenlle emoticonos nos chats que lle fan sentirse unha perdedora... Este parece ser, finalmente, o verdadeiro problema cos videoxogos.
Coa terapia Ana plántalle cara ás inxustizas, é mais nena, xa fai as cousas porque quere, a angustia desaparece e, unha parte importante da solución, Ana aprende a dicir non cando considera que non ten que facer o que lle piden.

LEO
Chega a consulta cando está en 1º da ESO. Ten un diagnóstico de hiperactividade e déficit de atención polo que está fortemente medicado, e toda esta situación xustifica o seu fracaso escolar.
O seu corpo fala por el: é moi inquedo, con tics, compulsivo, inseguro... pero tamén é divertido, moi intelixente, pinta e escribe dunha forma impresionante.
Fai esta reflexión: o psicólogo é para xente especial. Todos temos un muro que romper, ser especial é bo. Ser especial significa ter un muro e se non o tes non te planteas as cousas, como por exemplo na novela Diverxente.
Paz axudouna a identificar e facer grechas no muro. Agora ten moitos amigos, é outra persoa, xa non está medicado e xa non ten tics, séntese guapo, está seguro de si mesmo e saca o curso perfectamente.

ÁLBUM DE VISITAS E FOTOS
Como xa dixemos, este post está feito a partir de contribucións de toda a xente de 1º Bach. No álbum de visitas recollemos algúns dos comentarios literais, e despois hai unhas fotos do encontro.
Ata o vindeiro ano, Paz!





28 ago 2018

Encontro con Maica e Vicente, da Asociación de Saúde Mental LENDA

Son persoas con enfermidades mentais, non enfermos mentais: eles “padecen”, non “son”.
Para pechar as actividades de 2º Bacharelato do Departamento de Filosofía deste curso 2017-18 realizamos este encontro do alumnado de Psicoloxía con Maica e Xaime, da Asociación LENDA de saúde mental. Este post e o Álbum de Visitas que poñemos ao final recollen ideas e comentarios de toda a clase pero o texto está tomado case literalmente da contribución de Tamara Fernández.
Lenda créase en Redondela sobre os anos 1984-85, por unha necesidade da sociedade, tras unha reforma legal de 1980. Anteriormente o “tratamento” que daba Sanidade era enviar ás persoas con enfermidades mentais, que trataban de “loucos”, ao Rebullón, un centro psiquiátrico que xa non existe (o Hospital Nicolás Peña realiza actualmente algunhas das súas funcións). Tamén nesta época creáronse moitas outras asociacións de familiares e enfermos mentais, e FEADE é a rede que as conecta.
Lenda traballa con todas as persoas que sofren enfermidades mentais, coas que van á “clínica” e tamén coas que non poden ir, xa que teñen un programa de atención a domicilio. Traballan tamén cos presos e, algo moi importante, coas familias dos enfermos. Lenda é un centro de rehabilitación e tamén unha sede, un centro ocupacional, para buscar traballo, etc.
Eles traballan a parte sa dos pacientes para potenciala, xa que pola patoloxía que teñan céntranse moito na queixa, e poden incluso, por medo á realidade e a abandonar a súa área de confort, illarse da sociedade.
Os síntomas dun trastorno mental son moi subxectivos porque a expresión da enfermidade é diferente en cada persoa. Aínda así, podémolos dividir en dous tipos:
- Positivos: son aqueles nos que o noso cerebro produce cousas a máis, como poderían ser as alucinacións.
- Negativos: que son polos que deixamos de facer cousas, porque xa non gozamos con elas, non temos enerxía, etc.
Hai dúas teorías que propoñen formas distintas de tratar os síntomas:
- Bioloxicistas: unicamente con medicamentos, se deixa de facer efecto súbese a dose.
- Relacionais: medicando, si, pero intentando buscar o porqué deses síntomas.
As enfermidades mentais que sofre a xente poden facer que sufran anomalías como a forma de transmitir os sentimentos, a forma de comunicarse coas demais persoas; pero cando se forma unha idea errónea da realidade chamámola psicose. A psicose é unha desconexión total ou parcial da realidade, Adoita darse máis nos homes, e o tratan nos centros de rehabilitación. A diferenza deles, nas mulleres adóitase dar máis a neurose. No desenvolvemento da enfermidade e no tratamento ten un gran peso a actitude machista xa que as mulleres se ven forzadas a realizar o traballo da casa e seguir sendo produtivas mentres se recuperan e combaten o seu trastorno. Para contrarrestar esta desigualdade, en Lenda ás veces levan aos pacientes masculinos a pisos para ensinarlles actividades do fogar.
As causas que poden levar a unha enfermidade mental son varias, pero hai que ter en conta que nunca son en relación simple de causa-efecto. Poden ser:
- Xenéticas.
- Pola contorna social.
- Experiencias vividas, como o estrés, a vulnerabilidade, abusos sexuais, violencia machista, etc.
En Lenda ensínanlles cómo a enfermidade actúa sobre eles, isto chámase psicoeducación, así ante un pródromo (un síntoma previo á crise, que avisa dela), no estado eutímico (estado inicial, aínda bastante estable), poderán acudir á axuda para tratar de frear todo.
O programa de Jordi Évole, Salvados, emitiu hai un tempo “1 de cada 5”, onde se ve a vida dunha persoa cunha enfermidade mental.


24 ago 2018

Encontro con Paz Gesteira, psicóloga e psicomotricista: Un muro que romper

Todxs temos un muro que romper
Rematamos este mes de xaneiro coa visita de Paz Gesteira que, coma o ano pasado, veu charlar co alumnado de Psicoloxía de 2º Bach. sobre os estudos, a profesión e a realidade da clínica en psicoloxía.
A metáfora do muro serviulle para representar as dificultades coas que hai que loitar en psicoloxía, tanto polo lado da/o profesional como polo do suxeito do tratamento.
No seu caso contounos como o primeiro muro que tivo que superar foi que tivo que repetir 2º Bach. Aquí notouse un momento moi intenso entre nós, porque a todxs nos preocupar precisamente esta posibilidade, quizais incluso pensamos que sería algo terrible. Paz seguiu o seu relato: para ela supuxo a oportunidade de considerar a posibilidade de estudar unha carreira coa que puidera dedicar a súa vida a axudar a persoas que a necesitaran.
Inmediatamente xorden novos muros, que Paz chama “Ysis”: “¿Y si los estudios no van bien? ¿Y si la profesión no es lo que yo creo?”
Máis adiante houbo que derrubar outros muros. Tras facer prácticas, que realizou no Servizo Andaluz de Saúde, traballou nun gabinete onde tiña que pasarlles tests a nenos de 4 ou 6 anos nunha habitación moi reducida. En xeral, sempre hai problemas de espazo e tempo cando se fai diagnóstico, por exemplo un caso dunha psicóloga da Seguridade Social que ten só 15 min. con cada paciente. Pero, xeralizando, o problema que se formula é o de que é o diagnóstico, que sentido ten, como se pode facer, como se pode utilizar para o tratamento na clínica...
Paz ten agora a súa propia consulta, onde desenvolveu a súa propia maneira de traballar como psicomotricista: a través de xogos e do movemento aproveitar para charlar e conseguir ir máis aló da descrición dos síntomas, atopar que sentido teñen para a nena ou o neno: na súa vida, na súa situación familiar, coas amizades e no colexio. Un exemplo é a simulación dun zoo, no que a identificación cun animal pode dar pe para falar de como se sente en todos estes aspectos.
Finalmente, coméntanos un caso dun suxeito ao que caracteriza como unha nena de nome Uxía (sabemos que, pola confidencialidade que require a profesión os datos que non son esenciais están desfigurados para que non se poida recoñecer á persoa). Paz cóntanos o que lle dixo cando xa levaban un tempo de tratamento: O raro e preocupante sería que unha persoa non tivera un muro que superar ou que sexa moi fino porque iso significaría que non se pregunta nada na vida nin se cuestiona nada. Ti axúdasnos a identificar o muro e a poder superalo.






8 ago 2018

Encontro coa psicóloga e psicanalista Concha Pazo 2018

Ti non podes esconder os teus problemas como cando varres o po para debaixo da alfombra porque un día converteranse nun montón e tropezarás con el.

A segunda avaliación de Filosofía de 1º Bach. está dedicada a psicoloxía e teoría da personalidade, e xa é unha tradición que veña Concha Pazo, que foi orientadora do Floriani, falar con nós da psicoloxía, en xeral, e da psicanálise en particular.

Historia da Psicoloxía
Comentando o estereotipo de se vas ao psicólogo estás tolo, Concha dicía que noutros países europeos e americanos acudir ao psicólogo é un privilexio, porque unha persoa pode estar con depresión, estrés, dor por amor, ter dificultades para expresar os sentimentos... E unha persoa profesional pode axudarnos a entendernos a nós mesmos, saber quen somos.
Isto levounos a ver como xorde a psicoloxía. Antigamente, as respostas válidas buscábanse na Mitóloga, a Filosofía e a Relixión. A partir da Idade Media, co teocentrismo, as enfermidades mentais explícanse pola posesión demoníaca, e isto creou moitos prexuízos, moitos dos cales aínda seguen nos nosos días.

A psicanálise
Máis adiante, psicólogos como Freud e Jung utilizaban a técnica de escoitar, analizar e deixar que os propios pacientes acaben aconsellándose a eles mesmos. Crearon conceptos como trauma, interpretación dos soños, inconsciente... que son unha vantaxe fronte a outros tipos de psicoloxía que consisten en dar pautas ou medicación para evitar determinadas condutas en lugar de buscar o verdadeiro centro do problema.

Roteiros da Psicoloxía
A seguinte parte da charla foi algo máis técnica, sobre as saídas laborais da psicoloxía e algunhas materias relacionadas con ela. Fíxonos pensar que ten moitas máis saídas das que pensabamos, como en criminoloxía ou psicoloxía deportiva. Aínda que a filosofía e a psicoloxía no lles chaman moito a unha parte da clase, para outra foi un do que máis lle gustou.

Unha sesión de análise
Finalmente, vimos un fragmento dun vídeo dunha serie arxentina, En Terapia, no que unha familia comenta unha situación de desencontro que se aclara ao deixar saír os sentimentos, facendo que lles sexa máis doado entenderse. Como en anos anteriores, este foi o momento favorito da maioría, porque Concha foino explicando escena a escena, e conseguiu darnos una boa idea de como funciona o mundo da psicoloxía. Ademais, sintonizamos moi ben coa situación, que nos podería pasar a calquera de nós, e comprendemos o importante que pode ser, nese momento, ter unha persoa que che axude a revivir a experiencia ata atopar o seu significado.

Materiais
Todo este post está feito a partir de comentarios da clase. Reunimos algúns máis persoais nesta presentación:



Este é o vídeo que comentamos:



Deixámosvos tamén algunhas fotos para que apreciedes o ambiente da charla. Pica nelas para amplialas:


3 ago 2018

Psicoloxía das cores

Por Aarón Iglesias Mora, 1º Bach. 2017-18.

A psicoloxía das cores é un campo de estudo dirixido a analizar cómo percibimos e nos comportamos ante as distintas cores, así como as emocións que suscitan en nós. Certas tonalidades poden irritarte ou, polo contrario, relaxarte ou calmarte.
Un dos sectores onde máis inflúen os diferentes matices das cores son as películas. Nesta curta podernos observar as diferenzas entre as diferentes emocións e as cores con que estas van ligadas:


INOCENCIA A inocencia é a carencia de culpabilidade dun individuo con respecto a un crime, delito... Vai ligada a cores claras, como poden ser o branco, o crema, o rosa... e sempre acompañadas polos suxeitos máis inocentes que hai: os nenos. DOZURA No apartado da dozura observarnos como as cores predominantes son aquelas que son moi deleitosas ou agradables, como o branco, o vermello ou o rosa claro. Cores moi ligadas aos doces e pasteis.

FEMINIDADE A cor máis representativa, debido ao prexuízo tópico, é o rosa salmón para as nenas. Este vídeo móstranos que esta cor rosa pode identificarse tamén coa sensualidade, dureza e elegancia da muller.

VIOLENCIA A violencia é o uso da forza para conseguir un fin, especialmente para dominar a alguén ou impoñer algo. Aquí, a máis simbólica é a cor vermella, pero tamén as máis escuras como o negro. Estas cores simbolizan o sangue e a morte.

PAIXÓN As cores avermelladas definen moi ben este apartado debido a que o vermello está tamén identificado como unha cor moi sensual. Esta cor pódese asomar nesta curta en obxectos como as luces, as flores ou os beizos.

SOCIALIZACION A socialización é o proceso mediante o cal o ser humano aprende, no transcurso da súa vida, os elementos socioculturais do seu medio ambiente e os integra na estrutura da súa personalidade. Observamos que no vídeo as cores alaranxadas representan moi ben este sentimento no Sol, na imaxe dos elefantes e nas flores.

XUVENTUDE Identificamos a infancia coas cores vivas e entrañables e os matices amarelos ou alaranxados, que definen moi ben as trasnadas ou as falcatruadas. Estas cores utilízanse frecuentemente nos logos de debuxos animados ou en bebidas, que  representan a felicidade para os rapaces.

LOUCURA A loucura é un trastorno ou perturbación patolóxica das facultades mentais. Identifícase, sobre todo, co amarelo, pero tamén co contraste entre cores claras e escuras.

INSEGURIDADE A inseguridade emocional é un sentimento de incomodidade, nerviosismo ou imprudencia asociada a moitos contextos, que poden desencadear unha sensación de vulnerabilidade e inestabilidade que ameaza a propia imaxe ou a autoestima. No clip represéntase polo claroscuro sobre tons de laranxa.

NATUREZA A cor máis identificativa para a natureza é a cor verde, propia da flora. No vídeo vémola na selva ou os paxaros.

DESTRUCIÓN Está representada pola gama do verde, ben en tons escuros ou ben moi luminosos, como os raios, a escuridade ou o branco pola oposición da calma.

CALMA A calma vén sempre representada en cores azuis, claras e serenas, e moitas veces ligadas ao mar e á auga.

INFINITUDE A cor que máis representa o anaco deste vídeo é a cor azul, ás veces moi escura, case negra. A lonxanía ou os lugares remotos represéntanse pola escuridade e o ceo escuro.

FANTASÍA Capacidade humana para representar mentalmente eventos, historias ou imaxes de cousas que non existen na realidade, ou que son ou foron reais pero que non están presentes. As cores que máis simbolizan esta ilusión son as cores artificiais e brillantes ou o contraste de luces moi rechamantes.

EROTISMO O erotismo preséntase como fusionado coa feminidade, simbolizada nestas cores. Por iso poden verse cores rosas ou cores rechamantes como poden ser as luces de neon...


Un xogo
Propoñémosche un xogo: Adiviña a que emoción ou idea abstracta corresponde cada diapositiva:


Podes descargar a presentación, para vela coas animacións, pìcando nesta icona:





16 abr 2018

Encontro coa nosa Orientadora, Rosa Cameselle

Camiñando en liña recta unha non pode chegar moi lonxe
Antoine de Saint-Exupéry, O principiño

O pasado martes 27 de febreiro a psicóloga e orientadora do centro, Rosa Cameselle, deunos unha charla orientativa sobre o grao en psicoloxía, as súas saídas e como cambiou desde que ela estudaba ata agora. Tamén tratou sobre o diagnóstico de trastornos mentais. Neste post, feito con contribucións de toda a clase, contámosvos como foi o encontro.

Bailamos?
Para comezar púxonos un vídeo sobre a experiencia vocacional. Narraba a experiencia dunha nena moi pequena que o que quería era bailar. Pola contra seu pai dicíalle que con todas as actividades que xa facía non podía apuntarse a esa. Ademais de que non lle serviría de nada no seu futuro, que iso non lle daría de comer nin lle quitaría as súas preocupacións. A nena pregúntalle se ese é o seu caso e se é feliz. El dille que si a todo e a nena decide ser coma el e deixar o baile para pórse a estudar inglés.
Pero el decátase entón de que ese non é o momento e que ten que divertirse. Pregúntalle se quere bailar con el e ela dille que si. E así acaba o vídeo con pai e filla bailando e disfrutando da súa vida. En si o vídeo o que quere dicir é que cada cousa é para o seu momento. Mentres somos nenos é o momento de disfrutar e xogar, e xa haberá tempo para estudar máis adiante. Pero tamén resalta que debemos facer o que realmente nos gusta para ser felices e non simplemente o que máis cartos nos dea.


As matemáticas son diferentes da psicoloxía. Non sempre é mellor aquilo máis curto e sinxelo. Aquel camiño longo e menos directo será mellor xa que pode ter un óptimo futuro. E este vídeo ou as referencias ao libro O Principiño fixeron a charla máis clara e amena.

A carreira de psicoloxía
Non hai nada mellor que que alguén che conte a súa propia experiencia sobre algo. Con Rosa non só falamos da carr
eira de psicoloxía senón tamén da súa experiencia, a cal a podemos vivir calquera de nós. Non tiña moi claro que quería estudar e aínda entrando na súa segunda opción e non logrando entrar en periodismo que era o seu obxectivo, chegou a sacar os seus estudos e a traballar na orientación educativa, unha de tantas saídas da psicoloxía que era o que realmente lle gustaba e lle gusta na actualidade loxicamente. Así decatámonos de que aínda que non teñamos moi claro a que estudos quereremos acceder podemos chegar a atopar algo que realmente nos apaixone e a dedicarnos profesionalmente a isto.
Tamén nos sorprendeu ver as materias da carreira, e a cantidade de optativas que pode haber relacionadas coa psicoloxía, como as que había no grao de 4 anos.

O diagnóstico en psicoloxía
Dedicou tamén un rato a falar sobre como se fai o diagnóstico de trastornos psicolóxicos. Vimos algún dos libros que clasifican as enfermidades, como o DSM-IV, que utilizan as/os especialistas. Actualmente hai outra versión anovada no que, por exemplo, o síndrome de Arperger está incluído no espectro autista. Tamén nos explicou estes trastornos e algúns caderniños de tests e outros exemplos de materiais de diagnostico.
A charla foi particularmente interesante e práctica para quen está pensando en estudar psicoloxía, incluso nos deu unha fotocopia con todos os cursos e as materias de cada ano da carreira. Rosa estaba pendente de se o entendiamos todo, se tiñamos algunha pregunta, etc. Gustounos que tratase o tema dos trastornos e ampliou os conceptos que lle pedimos, como o autismo ou outros temas que nos interesaban a cada quen, o que agradecimos moito. Fixo que nos plantexásemos moitas cousas sobre que facer despois do bacharelato Gustaríanos que os próximos alumnos de segundo de bacharelato puidesen ter esta charla para axudalos co seu futuro.