Finalmente, Aroa resume o encontro co Gato de Cheshire. Tamén víramos o día anterior que este personaxe é a encarnación das famosas galletas que se fan no Condado de Cheshire, en Inglaterra. Pero hoxe ímonos fixar en como o gato cambia o punto de vista da nena: non debe buscar un camiño no mundo exterior a ela, senón mirar dentro de si e pensar a onde quere chegar. Na segunda parte desta mesma charla volveremos sobre este punto, polo que Aroa nos le o fragmento para que o lembremos ben:Alicia: Poderíasme indicar cara a onde teño que ir desde aquí?
Gato: Iso depende de onde queiras chegar.
Alicia: A min non me importa demasiado onde.
Gato: Nese caso, da igual cara a onde vaias.
Alicia: Sempre que chegue a algunha parte.
Gato: Ouh! Sempre chegarás a algunha parte, se camiñas o bastante.
Para atopar o xardín, a protagonista terá que pasar por unha transformación do seu corpo, no que se atopa incómoda e que descoñece. A chave e a fechadura son xa en si símbolos tanto dos xenitais e do coito como da curiosidade infantil, xa que moitas/os nenas/os espreitaban a vida íntima das persoas maiores polo buraco da porta cando non había chavíns coma os de agora.Cando a coitada Alicia se ve finalmente no lugar ao que tanto quixo chegar descobre que non é ningún paraíso, e cando se ve atacada polos naipes non pode soportalo máis, entra en angustia e, como sucede nos soños, esperta e decátase de que todo era imaxinación e realmente está deitada nun campo, doce e morno.
O gato contéstalle que para saber por onde ir ten que decidir a onde quere ir: Alicia, como persoa adulta, ten que coñecer o seu desexo, decidir os medios para acadalo e, unha vez tomada a decisión, poñela en práctica. Nisto consiste a autonomía que caracteriza a vida adulta. Como xa dixemos, a rapaza non está aínda preparada para isto, polo que acaba finalmente entrando en angustia e regresando á súa situación actual, no paraíso (este si seguro – polo de agora) da infancia.
Con isto acabamos a serie de tres charlas sobre Alicia no País das Marabillas, pero aínda queda unha máis na serie sobre Os contos, na que comentaremos algúns dos relatos utópicos e distópicos que lemos en 1º Bach. Picando nas imaxes podedes ver o cartel da charla de hoxe e as dúas presentacións, e máis abaixo tedes, coma é habitual, unhas fotos do encontro, Invitámosvos a arrumbar con nós as mesas e cadeiras da biblioteca e deixalas na distribución habitual para lectura e traballo:
Cretos: birminghamteacher.wordpress.com (Alicia - Imaxe estirada), www.abc.es (Alicia - Cartas), www.istockphoto.com (Árbores), coub.com (Gato), it.chili.com/ (Setas), laestanteriadeefren.blogspot.com (Xardín).



