A segunda avaliación de Filosofía de 1º Bach. está dedicada a psicoloxía e teoría da personalidade, e xa é unha tradición que veña Concha Pazo, que foi orientadora do Floriani, falar con nós da psicoloxía, en xeral, e da psicanálise en particular.
Historia da Psicoloxía
Comentando o estereotipo de se vas ao psicólogo estás tolo, Concha dicía que noutros países europeos e americanos acudir ao psicólogo é un privilexio, porque unha persoa pode estar con depresión, estrés, dor por amor, ter dificultades para expresar os sentimentos... E unha persoa profesional pode axudarnos a entendernos a nós mesmos, saber quen somos.
Isto levounos a ver como xorde a psicoloxía. Antigamente, as respostas válidas buscábanse na Mitóloga, a Filosofía e a Relixión. A partir da Idade Media, co teocentrismo, as enfermidades mentais explícanse pola posesión demoníaca, e isto creou moitos prexuízos, moitos dos cales aínda seguen nos nosos días.
A psicanálise
Máis adiante, psicólogos como Freud e Jung utilizaban a técnica de escoitar, analizar e deixar que os propios pacientes acaben aconsellándose a eles mesmos. Crearon conceptos como trauma, interpretación dos soños, inconsciente... que son unha vantaxe fronte a outros tipos de psicoloxía que consisten en dar pautas ou medicación para evitar determinadas condutas en lugar de buscar o verdadeiro centro do problema.
Roteiros da Psicoloxía
A seguinte parte da charla foi algo máis técnica, sobre as saídas laborais da psicoloxía e algunhas materias relacionadas con ela. Fíxonos pensar que ten moitas máis saídas das que pensabamos, como en criminoloxía ou psicoloxía deportiva. Aínda que a filosofía e a psicoloxía no lles chaman moito a unha parte da clase, para outra foi un do que máis lle gustou.
Unha sesión de análise
Finalmente, vimos un fragmento dun vídeo dunha serie arxentina, En Terapia, no que unha familia comenta unha situación de desencontro que se aclara ao deixar saír os sentimentos, facendo que lles sexa máis doado entenderse. Como en anos anteriores, este foi o momento favorito da maioría, porque Concha foino explicando escena a escena, e conseguiu darnos una boa idea de como funciona o mundo da psicoloxía. Ademais, sintonizamos moi ben coa situación, que nos podería pasar a calquera de nós, e comprendemos o importante que pode ser, nese momento, ter unha persoa que che axude a revivir a experiencia ata atopar o seu significado.
Materiais
Todo este post está feito a partir de comentarios da clase. Reunimos algúns máis persoais nesta presentación:
Este é o vídeo que comentamos:
Deixámosvos tamén algunhas fotos para que apreciedes o ambiente da charla. Pica nelas para amplialas:
No hay comentarios:
Publicar un comentario