Mostrando entradas con la etiqueta A. Smith. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A. Smith. Mostrar todas las entradas

12 jul 2018

Desigualdade de riqueza en América

Mind-blowing. Realmente, este vídeo é mind-blowing.

Na última clase de Historia da Filosofía de 2º Bach. deste curso 2017-18 vimos un vídeo de YouTube que resume moitas das ideas que estudabamps recentemente, nas clases sobre Locke, A. Smith e Marx, así como moitos temas sobre a xustiza en Platón e Aristóteles, ou incluso conceptos que levamos estudando desde a ESO como Liberalismo, Socialismo e Neoliberalismo.
Titúlase Wealth Inequality in America, e o subtítulo é moi representativo: 9 Out Of 10 Americans Are Completely Wrong About This Mind-Blowing Fact. Quedounos unha impresión moi fonda e, coma unha broma, repetiamos ao final “Mind-blowing. Realmente, este vídeo é mind-blowing”. A continuación preguntabámonos: Como se traduce mind-blowing?, e de aí xurdiu a idea de facer unha tradución do vídeo, que polo de agora só se pode atopar en inglés.
Encargáronse Pedro Abad, Alberto Carballido, Tamara Fernández, Pablo Lugo e Pablo Veiga, e fixérono en forma de presentación multimedia, esta mesma que podemos ver a continuación.
En resumo, o que se di é que nunha enquisa da Universidade de Harvard fixéronse dúas preguntas a unha mostra de persoas dos Estados Unidos, e as respostas comparáronse coa realidade que mostran as investigacións científicas:

Como pensas que está distribuída a riqueza nos E.E.U.U.?
Como cres que sería xusto que se distribuíse?
É sorprendente que un 92% das persoas, sen distinción de ideoloxía ou clase social, pensan que a distribución xusta non é a mesma cá que cren que realmente se dá, pero aínda máis mind-blowing é comparar despois estas crenzas inxenuas coa brutal inequidade que de feito se dá nese (e tantos outros) país(es).


Agora pódeste animar co vídeo orixinal, que se entende perfectamente aínda que non saibas moito inglés (e, ademais, podes poñer os subtíutlos automáticos, que funcionan bastante ben):


Estas son as fontes da investigación que se citan:




9 dic 2016

Liberalismo e Comunismo – Locke, A. Smith, Marx

Clica na bandeira para ver a versión en inglés

O tema da III Avaliación de Ética de 4º ESO é complexo e ambicioso: un comentario de texto dun autor do liberalismo, que debe incluír un apartado de análise do texto (termos , ideas...), outro de explicación (glosa) e outro de valoración (crítica desde o punto de vista doutras/os autoras/es, opinión persoal).
Fixemos as dúas primeiras partes por escrito nos cadernos pero, ao chegarmos á terceira, que supón investigar un intervalo temporal moi longo (1600 - 1900) e comparar as achegas de moitas/os autoras/es, eliximos, entre as opcións que nos daba a programación da materia, un xeito máis visual e divertido: un mural no que representamos, nunha liña do tempo, as vidas destas persoas, un resumo das súas principais obras e os acontecementos históricos que viviron.

John Locke (1632 - 1704), o autor do texto que comentamos, foi o iniciador do liberalismo político. No seu 2º Tratado sobre o Goberno Civil, do que estaba extraído o noso fragmento, explica como os seres humanos temos dereitos naturais que o goberno debe respectar: a vida, a saúde, a liberdade e as posesións. O dereito á posesión adquírese tamén polo traballo que facemos sobre un obxecto, ou polo seu equivalente en diñeiro cando decidimos cambialo.
Locke foi perseguido no seu país por afirmar que temos dereitos que non están dados polos reis: dixo que eran as persoas as que elixían ao goberno, opoñéndose á teoría medieval da orixe divina do poder; para que o goberno non abusara da sociedade era conveniente que o poder se dividise. Fuxiu a Holanda pero, mentres tanto, triunfou en Inglaterra a Revolución Gloriosa de 1689 e puido volver e publicar as súas obras. As súas teorías políticas foron adaptadas á realidade social por T. Jefferson, na Declaración de Independencia dos Estados Unidos (1776) e por Montesquieu pouco antes da Revolución Francesa (1789) .

Adam Smith (1723 - 1790) aplicou as teorías liberais á economía. Locke sempre dixera que as persoas podían apropiarse dalgunhas cousas sempre que o que quedara fose suficiente para o resto da sociedade. O goberno debía protexer esas propiedades. Pero A. Smith dixo que non se debía poñer límite ao comercio e o estado só debía intervir nel para protexelo.
Tras o Golpe de Estado do 18 de Brumario (9 de novembro de 1799), Napoleón estendeu as teorías liberais por toda Europa. De acordo co que A. Smith dixera en A riqueza das nacións (1776), a riqueza de todos os países e de todas as persoas debería aumentar.

Pero Karl Marx (1818 - 1883) comprobou que, a mediados do s. XIX, as cousas non estaban sucedendo así. Co liberalismo económico, a clase social que tiña a riqueza, a burguesía, fíxose moito máis rica; pero o proletariado, a clase empobrecida, fíxose moito máis pobre e miserable.

A clase obreira uniuse entón para reclamar os seus dereitos, e comezaron os movementos comunistas. A Marx e ao seu colega F. Engels encargáronlle que escribisen un libro moi breve e sinxelo no que explicasen que era o comunismo: O Manifesto Comunista. Ía dirixido á xente traballadora que non tiña acceso á cultura e as frases eran moi claras e impactantes; na memoria de moita xente están aínda a que comeza e a que remata o Manifesto: Unha pantasma percorre Europa: a pantasma do comunismo; Proletarios do mundo, UNÍDEVOS! 



As principais teses desta obra foron desenvolvidas máis tarde en O Capital . O que Marx dicía aquí é que o estado que describira Locke, de liberdade e igualdade, polo que se loitara na Independencia dos Estados Unidos, na Revolución Francesa e nas Guerras Napoleónicas, era imposible baixo unha economía capitalista.

MAKING OF
Este foi un auténtico traballo de grupo. Pasámolo moi ben!




14 jul 2016

Liberalism and Communism - Locke, A. Smith, Marx

Clic on the flag for the Galician version

This is our culminating task for the 3rd term: a timeline of the lives of John Locke, Adam Smith and Karl Marx (1600 - 1900).



John Locke (1632 - 1704) was the father of political liberalism. He took part in the Glorious Revolution (1689) and wrote Two Treatises of Government to justify it. He went to the Netherlands to write them because his life was in danger in England (Click on the images to enlarge them).



Adam Smith (1723 – 1799) wrote The wealth of nations (1776), starting the economic liberalism. It was supposed to make people rich, but it made the rich, richer, and the poor, poorer. This is why liberalism was criticized by communism.




Karl Marx (1818 - 1883) wrote the Communist Manifesto (1848). He explained that the liberal society where everybody would like to live, was impossible under a capitalist economy.




Making of
This is how we made the mural.
First, we collected information.



Then, we drew and painted the images.

Finally, we cut them out, pasted them on the mural and hung it on the corridor wall.