Mostrando entradas con la etiqueta Cidades iluminadas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cidades iluminadas. Mostrar todas las entradas
5 jun 2018
30 de Novembro de 2017: Cidades Iluminadas contra a Pena de Morte
Na celebración do Día das Cidades Iluminadas contra a Pena de Morte deste ano participaron todos os grupos de Valores Éticos da ESO en colaboración co Grupo da Rede de Escolas do IES Pedro Floriani e, por suposto, o Concello de Redondela . Fixemos os murais que vedes aquí, inspirados en edificios e monumentos da nosa vila .
Esta é a pancarta que pendurarou o Concello, que se solidarizou coa nosa reivindicación:
20 abr 2018
Un home que se parecía a Tales
Por Rosa Salvador González1º Bach. Ciencias e Tecnoloxía, 2016-17
Tales é un home que vive en Redondela. Gústalle matinar na vida, nas súas cousas…
Un día está sentado nun penedo ao pe do mar de Redondela, remoendo os seus pensamentos, cando está a ser observado por unha criada.
-Guapo, ten que volver a casa. Agárdano.Sen deixar de mirar o ceo, en que xa despuntan as primeiras estrelas, encamíñase cara ao fogar, con tal abstraemento que non se fixa nun burato do camiño e precipítase nel.
-Ouh, Tales! Ti que presumes de coñecer o ceo, e non podes ver o que hai diante!Así era Tales, un despistado da vida, que só tiña ollos para o ceo e as súas estrelas. Proxectou a súa sombra coa Farola de Redondela, que se atopa cerca da súa casa e dixo:
-Xa sei que altura ten. Se a miña sombra mide tanto coma min, a Farola debe medir tanto coma a súa sombra!Sempre sentía admiración pola humidade dos seres vivos e deu en pensar que a auga era o principio de todas as cousas. Súa nai sempre lle dicía:
-Rapaz, a ver cando buscas moza, que se che vai pasar o arroz.Tales dicíalle que era cedo, que ata pasados os anos... Ela dicíalle que era tarde.
A xente sempre falaba del, que era o tolo do pobo, e que sempre andaba con mala roupa, pero foi un dos sete mellores filósofos. Para demostrarlles que se non tiña diñeiro era porque non lle preocupaba, un día comprou un muíño, converteuno nun furancho e fíxose inmensamente rico - pero el só ía por alí para pasear pola beira do río e gozar da auga.
Queredes vir aos lugares do relato con Rosa? Estes murais que fixemos no Floriani para o Día das Cidades Iluminadas contra a Pena de Morte son un xeito perfecto de visitalos.
1 dic 2016
Murais das Cidades Iluminadas contra a Pena de Morte
Nas materias de Valores éticos de 3º ESO A, 4º ESO A e 4º ESO B fixemos, para celebrar o 30 de novembro, Día das Cidades Iluminadas contra a Pena de Morte, fixemos durante a 1ª avaliación, uns murais de edificios emblemáticos de Redondela con frases contra a pena capital.
Colaboraron a Grupo da Rede de Escolas de Amnistía Internacional e o propio Concello de Redondela, que pendurou tamén unha pancarta nunha das fiestras do edificio principal.
O mural de 3º A
Representa o viaduto, sobre o que se proxectan a frase Non á pena de morte e a candea de Amnistía Internacional. Para simular a proxección estivemos traballando nun sistema con LEDs que se penduraría do teito... e conseguímolo! Pero despois, ao pendurar o mural no corredor, a instalación era moi complicada e cambiámola por unha tira de plástico de forrar libros coa frase e o debuxo feitos a rotulador. Aínda así, fixemos unha candeíña de plástico que pegamos ao lado do mural.
O mural de 4º A
Representa o edificio do Concello co texto Non á pena de morte e a candea pintados en amarelo. Acompañamos cuns comentarios en folio onde se explica qué é o Día das Cidades Iluminadas.
O mural de 4º B
Representa o Multiusos da Xunqueira, co lema Toda persoa ten dereito á vida e a candea pintados. Para debuxalo axudámonos dunha proxección e despois repasamos as liñas, mentres comentabamos a xeometría do edificio. As letras e os debuxos gardan a perspectiva da fotografía. Acompañamos tamén cunhas citas da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
A mensaxe
A nosa mensaxe resúmese nestes tres comentarios:
Materiais
Para documentármonos, antes de empezar o traballo, consultamos a páxina de Amnistía sobre esta actividade e o Pasaporte dos Dereitos Humanos.

1 dic 2014
Redescolas AI - Cidades Iluminadas
Actividade de 1º da ESO contra a Pena de MorteO día 30 de novembro é a Xornada Internacional de Loita pola Vida . Amnistía Internacional, en colaboración con outras asociacións, organiza nesta data a acción Cidades Iluminadas na que en todo o mundo se proxectan, sobre centenares de edificios emblemáticos, frases e imaxes pedindo a abolición da pena de morte . Tamén milleiros de cidades e vilas, como Redondela, poñen nas fachadas dos concellos pancartas sobre este tema.
En 1º da ESO, como parte do traballo do Grupo da Rede de Escolas do noso centro, colaboramos ralizando esta actividade, coordinada polos Departamentos de Debuxo e Orientación :
Reflexionamos sobre a pena de morte e o que sentimos ante ela (Pica na imaxe da dereita para acceder á información de AI sobre a campaña). Escollimos algúns edificios e construcións representativxs da nosa vila. Debuxámolxs en cartoliñas, utilizando cores ou sombreado. Propuxemos frases que expresaran o que sentimos ante a pena de morte e debuxámolas. |
|
Finalmente, con axuda do profesorado do grupo, fixemos estas montaxes con GIMP , imitando as proxeccións e as pancartas coas que a nosa vila e tantas outras celebran este día (pica nas fotos para agrandalas):
Estas son imaxes da pancarta que se pendurou, nos mesmos días, na fachada do Concello de Redondela :
Suscribirse a:
Entradas (Atom)