Mostrando entradas con la etiqueta Cidadanía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cidadanía. Mostrar todas las entradas

10 dic 2015

Redescolas AI - Participación no vídeo "Refuxiados AI Galicia"

Este ano a nosa primeira colaboración coa  Rede de Escolas de Amnistía Internacional  foi a participación do alumnado de Cidadanía de  2º ESO B  no vídeo  Refuxiados AI Galicia , en apoio ás persoas que arriscan a vida fuxindo da guerra e a persecución:


Fran, o Orientador do instituto, fixo este  making of  para que se vexa o ben que o pasamos:

10 dic 2014

Murais dos Dereitos Humanos, 2º ESO A, B 2014-15

Nos grupos A e B de 2º ESO fixemos estes murais como traballo final da Primeira Avaliación, coincidindo co aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (ONU, 1948) e o encontro con Manuel Martínez-Barreiro, activista de Amnistía Internacional.



Aquí podedes ver os debuxos ampliados:

 
 
 
 


Así fixemos o traballo. Primeiro eliximos os nosos dereitos con axuda do Pasaporte dos Dereitos Humanos de Amnistía Internacional, escollimos os textos e fixemos os debuxos:


Despois posamos, con moito orgullo polas nosas obras de arte:



Aquí estamos pegando os debuxos e pintando os rótulos:



E agora ao corredor a pendurar os murais (Ei! Sen facer moita festa de máis, que ao lado están en clase!):




1 nov 2014

Quen son? / Who am I? - BITSTRIPS 2014-15

Estes son os avatares e cómics que fixemos nas clases de Educación para a cidadanía (2º ESO A e B) e Ética (4º Non Bilingüe) en Bitstrips para presentarmonos e describirmonos, física e psicoloxicamente. Esperamos que vos gusten!

These are the avatars and comics the 4th Bilingual class made in Bitstrips to introduce and describe ourselves, physical and psychologically, in Ethics and Civics. We hope you like them!

 
 
 
 

21 sept 2014

Traballo inicial 2014-15, en Bitstrips

Dámosche a benvida ao curso 2014-15.
Estes son os nosos primeiros traballos para este ano:
Quen son? para 2º e
A miña identidade para 4º non bilingüe.
Utilizaremos a ferramenta web BITSTRIPS. Segue estes pasos:
1. Vai a Bitstrips for schools.
2. Preme "LOG IN".
3. Entra co identificador da túa clase (flo2a, flo2b, flo4nb) + "GO".
4. Selecciona o teu nome.
5. Crea un contrasinal (apúntao nun lugar seguro e non o esquezas!!!).
6. Entra na aplicación e segue as instrucións para crear un avatar e un cómic.
7. As instrucións que falta darachas o profesor. Non o perdas de vista!!!
Esperamos que disfrutes desta materia durante o ano que agora comeza!!!

30 oct 2013

O labirinto do fauno, 2012-13

A LEXITIMACIÓN DO PODER



Nos grupos de 2º ESO A e B realizamos este traballo sobre A lexitimación do Poder - Comentario de texto. Consistiu en
ver a película O labirinto do Fauno,
comentala
na clase,
estudar a época da
Guerra Civil española, as súas motivacións e consecuencias,
comparala co que estudamos no libro sobre o poder lexítimo e
facer debuxos comentados dos símbolos e as frases máis salientables do texto.
Resumimos o noso traballo nestes catro titoriais sobre os personaxes, os símbolos, o contexto histórico e citas comentadas:


E aquí podedes ver unhas fotos do Making of: como fixemos o noso traballo:



Estas/es somos nós: