Antoine de Saint-Exupéry, O principiño
Bailamos?
Para comezar púxonos un vídeo sobre a experiencia vocacional. Narraba a experiencia dunha nena moi pequena que o que quería era bailar. Pola contra seu pai dicíalle que con todas as actividades que xa facía non podía apuntarse a esa. Ademais de que non lle serviría de nada no seu futuro, que iso non lle daría de comer nin lle quitaría as súas preocupacións. A nena pregúntalle se ese é o seu caso e se é feliz. El dille que si a todo e a nena decide ser coma el e deixar o baile para pórse a estudar inglés.
Pero el decátase entón de que ese non é o momento e que ten que divertirse. Pregúntalle se quere bailar con el e ela dille que si. E así acaba o vídeo con pai e filla bailando e disfrutando da súa vida. En si o vídeo o que quere dicir é que cada cousa é para o seu momento. Mentres somos nenos é o momento de disfrutar e xogar, e xa haberá tempo para estudar máis adiante. Pero tamén resalta que debemos facer o que realmente nos gusta para ser felices e non simplemente o que máis cartos nos dea.
As matemáticas son diferentes da psicoloxía. Non sempre é mellor aquilo máis curto e sinxelo. Aquel camiño longo e menos directo será mellor xa que pode ter un óptimo futuro. E este vídeo ou as referencias ao libro O Principiño fixeron a charla máis clara e amena.
A carreira de psicoloxía
Tamén nos sorprendeu ver as materias da carreira, e a cantidade de optativas que pode haber relacionadas coa psicoloxía, como as que había no grao de 4 anos.
Dedicou tamén un rato a falar sobre como se fai o diagnóstico de trastornos psicolóxicos. Vimos algún dos libros que clasifican as enfermidades, como o DSM-IV, que utilizan as/os especialistas. Actualmente hai outra versión anovada no que, por exemplo, o síndrome de Arperger está incluído no espectro autista. Tamén nos explicou estes trastornos e algúns caderniños de tests e outros exemplos de materiais de diagnostico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario