| CHARLAS TECNOLOXÍA E SER HUMANO |
| Jurassic World |
| O labirinto do Fauno |
| Unha mente marabillosa |
| O club dos poetas mortos |
| A laranxa mecánica |
| Manifesto Comunista |
A laranxa mecánica
Comezamos cos feitos que narra a película. Alex é un mozo moi violento que forma pandilla cuns amigos aos que chama drugos. A pesar de ter unha conduta brutal, pegándolle malleiras a outros grupos e violando rapazas, ten tamén un gusto refinado, viste dun xeito rebuscado e a música de Beethoven cáusalle o pracer máis exquisito.Nunha saída nocturna Alex asasina a unha muller e vai ao cárcere, e alí ofrécenlle un tratamento, chamado Método Ludovico, para quitarlle a violencia.
Cuestións
Está Alex, xa que logo, curado? Xa non vai ter comportamentos violentos (élle imposible), pero tampouco se vai poder defender de quen o ataque inxustamente, non poderá ter unha relación de parella e non poderá gozar da música. A película fainos ver como agora tampouco ten vida social e, cando todos os personaxes da súa vida anterior comezan a vingarse del, ---SPOILER--- chega ao extremo do intento de suicidio. Na súa cama do hospital vese como Alex, coa axuda dunha doutora, comeza a elaborar os seus símbolos e vai concibindo a idea dunha sexualidade algo salvaxe pero respectuosa coa súa parella e socialmente aceptable.A nosa opinión é que debe haber un límite ao que a psicoloxía poida facer cunha persoa, e que calquera tratamento debe ser sempre respectuoso coa súa liberdade. Incluso no caso de criminais, a meta debe ser sempre a reintegración na sociedade, non a anulación ou a vinganza.
Materiais
Como de costume, quédavos aquí a presentación que utilizamos para a charla:
No hay comentarios:
Publicar un comentario