20 abr 2018

Un home que se parecía a Tales

Por Rosa Salvador González
1º Bach. Ciencias e Tecnoloxía, 2016-17

Tales é un home que vive en Redondela. Gústalle matinar na vida, nas súas cousas…
Un día está sentado nun penedo ao pe do mar de Redondela, remoendo os seus pensamentos, cando está a ser observado por unha criada.

-Guapo, ten que volver a casa. Agárdano.
Sen deixar de mirar o ceo, en que xa despuntan as primeiras estrelas, encamíñase cara ao fogar, con tal abstraemento que non se fixa nun burato do camiño e precipítase nel.
-Ouh, Tales! Ti que presumes de coñecer o ceo, e non podes ver o que hai diante!
Así era Tales, un despistado da vida, que só tiña ollos para o ceo e as súas estrelas. Proxectou a súa sombra coa Farola de Redondela, que se atopa cerca da súa casa e dixo:
-Xa sei que altura ten. Se a miña sombra mide tanto coma min, a Farola debe medir tanto coma a súa sombra!
Sempre sentía admiración pola humidade dos seres vivos e deu en pensar que a auga era o principio de todas as cousas. Súa nai sempre lle dicía:
-Rapaz, a ver cando buscas moza, que se che vai pasar o arroz.
Tales dicíalle que era cedo, que ata pasados os anos... Ela dicíalle que era tarde.
A xente sempre falaba del, que era o tolo do pobo, e que sempre andaba con mala roupa, pero foi un dos sete mellores filósofos. Para demostrarlles que se non tiña diñeiro era porque non lle preocupaba, un día comprou un muíño, converteuno nun furancho e fíxose inmensamente rico - pero el só ía por alí para pasear pola beira do río e gozar da auga.


Queredes vir aos lugares do relato con Rosa? Estes murais que fixemos no Floriani para o Día das Cidades Iluminadas contra a Pena de Morte son un xeito perfecto de visitalos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario