O día 30 de novembro é a Xornada Internacional de Loita pola Vida . Amnistía Internacional, en colaboración con outras asociacións, organiza nesta data a acción Cidades Iluminadas na que en todo o mundo se proxectan, sobre centenares de edificios emblemáticos, frases e imaxes pedindo a abolición da pena de morte . Tamén milleiros de cidades e vilas, como Redondela, poñen nas fachadas dos concellos pancartas sobre este tema.
En 1º da ESO, como parte do traballo do Grupo da Rede de Escolas do noso centro, colaboramos ralizando esta actividade, coordinada polos Departamentos de Debuxo e Orientación :
Reflexionamos sobre a pena de morte e o que sentimos ante ela (Pica na imaxe da dereita para acceder á información de AI sobre a campaña). Escollimos algúns edificios e construcións representativxs da nosa vila. Debuxámolxs en cartoliñas, utilizando cores ou sombreado. Propuxemos frases que expresaran o que sentimos ante a pena de morte e debuxámolas. |
|
Finalmente, con axuda do profesorado do grupo, fixemos estas montaxes con GIMP , imitando as proxeccións e as pancartas coas que a nosa vila e tantas outras celebran este día (pica nas fotos para agrandalas):
Estas son imaxes da pancarta que se pendurou, nos mesmos días, na fachada do Concello de Redondela :
No hay comentarios:
Publicar un comentario