O día 5 de abril celebramos unha nova sesión do club de lectura de nais O Moucho Azul, con colaboración do departamento de filosofía. A obra elixida foi Noite de voraces sombras, de Agustín Fernández Paz, dentro das actividades do proxecto de biblioteca deste ano, Camiños de Redondela.
Entre este tema e a obra hai varios puntos de conexión.
En primeiro lugar, a Illa de San Simón ten moita importancia no desenvolvemento da trama, tanto para o personaxe de Sara, que vive no presente da novela, como para o do Tío Moncho, de quen Sara vai descubrindo a historia, nos tempos da guerra civil en que a illa foi un cárcere franquista.
En segundo lugar porque a República, forma de goberno lexitimamente adoptada polo pobo en 1931, segue tendo tradición e apoio en Redondela, como veremos en próximas sesións do club de lectura.
E, finalmente, porque o tema dos camiños suxire a idea de tantas execucións, feitas á volta do camiño, de persoas que nada malo fixeron pero que aínda figuran na memoria do Estado (condeas, sentencias, a mesma carencia dunha lápida mentres outras persoas teñen o seu nome escrito nas paredes das igrexas) con deshonra.
É Conchi quen inicia o comentario. Trae o libro de Xesús Alonso Montero Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) - Xerais, 2009. Ao fío desta obra comentamos o contido de Noites de voraces sombras.
E, para guiarnos no comentario formal (persoaxes, contexto histórico, o tempo e o espazo nesta novela, outras obras de Agustín Fernández Paz...) utilizamos esta presentación que podedes descargar picando na imaxe:
No hay comentarios:
Publicar un comentario