O 10 de outubro é o Día Internacional contra a Pena de Morte. No IES Pedro Floriani celebrámolo con varias actividades:
Mapa cos datos de 2011
Un mapa no que se amosa como cada vez hai menos países que apliquen a pena de morte, aínda que neles creceu en 2011 o número de execucións.
Exposicións de carteis: Persoas condenadas a morte
Historias de persoas condenadas: as súas idades, as condicións en que foron xulgadas... Amnistía Internacional oponse a todas as execucións, sexa cal sexa a gravidade ou as circunstancias do delicto.
Exposicións de carteis: Derradeiras ceas
O que pediron para cear algunhas persoas executadas.
Unha simple oliva. Así, segundo el, unha oliveira nacería do seu corpo como un símbolo de paz.
Proxección de vídeo-clips
Durante o recreo proxectamos algúns vídeos de Amnistía Internacional, que traducíramos en clase de inglés.
Poñemos aquí dous deles, un no que Jeremy Irons explica a inxustiza e inutilidade deste castigo...
... e outro que informa sobre o retroceso conseguido en 2011 e outros datos que proporciona Amnistía Internacional na súa páxina web.
Rede de Escolas de Amnistía Internacional - Grupo do IES Pedro Floriani. Departamento de Inglés e alumnado de 1º e 2º Bach. Departamento de Orientación. Biblioteca e Plan Lector. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario