![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgSYAbqcnF4c5FvuVh8yBHTg3h8FrpANvPQQdWC1ST3jP3btxR6mvTqcVvaPjZRjLtvXk23EBmT5YgHZm_dn_Tuq3Oi8Z8SRD4WVMwRiUbpIU0iBNvJZo1qiy0bryLogckubq-NHf0Tizs/s320/ka.png)
1º Bacharelato – Humanidades e Ciencias Sociais 2011-12
1. O PODER XUDICIAL. DEFINICIÓN:
O Poder xudicial é aquel que, de conformidade coa lexislación vixente, é o encargado da aplicación das normas xurídicas na resolución de conflitos. Segundo a teoría clásica de Montesquieu, a división de poderes garante a liberdade do cidadán. Montesquieu compuxo a súa teoría e interpretou que un poder xudicial independente pode ser un freo eficaz do executivo.
Baixo esta separación de poderes, nace o chamado estado de dereito, no cal os poderes públicos están igualmente sometidos ao imperio da Lei. O Poder xudicial debe ser independente para poder someter aos restantes poderes, en especial o executivo, cando estes contraveñan o ordenamento xurídico.
O poder executivo e o lexislativo son dous poderes que en ocasións tamén se enfrontan, as loitas de poder dos integrantes do lexislativo fornecen periodicamente aos novos integrantes do executivo. Así e todo, o papel arbitral entrambos require dun poder xudicial forte e respectado como un dos poderes fundamentais do estado cuxa independencia é un valor a preservar porque dela depende que o sistema non deixe de funcionar e a democracia dea paso á tiranía.
(Fonte: wikipedia).
2. O PROBLEMA ACTUAL NO TRIBUNAL CONSTITUCIONAL
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiWJEwsBkW1SWVdiuunj2rspnNHDx7H2EPXUwkTTAdgwbPWIyoJ9OwDSxJtBiEKungfklcxWGDjoeEuJUijKuxX8U94Y8AiWpyrx_ADdKUrpPuuBExzTc4wneEFY_6td_wLdTufgGcRnOU/s320/Poder+xudicial.bmp)
- 2 a proposta do goberno,pero hoxe só temos 8 deses doce, só un 2/3 do tribunal, que é o número mínimo para que haxa quórum, o que quere dicir que se un dos seus membros se pon enfermo ou morre non hai quórum e polo tanto quedariamos sen garantías constitucionais.
- 4 do senado,
- 4 do congreso e
- 2 polo propio poder xudicial (os xuíces),
Isto aféctanos na nosa vida cotiá. Un exemplo diso son os recursos que hai pendentes sobre:
- O matrimonio homosexual (que afecta ás persoas que casaron e ás que se queren casar).O problema de todo isto reside na elección de 8 dos12 membros que son elixidos polo congreso e senado (o poder lexislativo) que máis ben poderiamos dicir que son elixidos por políticos; neste caso son os partidos de Mariano Rajoy e Alfredo Pérez Rubalcaba os que non se poñen de acordo para a elección dos seus novos membros pois cada un ve para conseguir os seus propios beneficios e intereses, que son conseguir que os membros sexan da súa propia ideoloxía para que certas sentenzas lles sexan favorables.
- Materia de cidadanía (que afecta ás persoas que estudan, ben que xa a cursaron ou a queren cursar).
- Legalidade de SORTU (un partido político que leva 8 anos sen poder presentar a súa candidatura).
Isto quere dicir que a división dos 3 poderes non é real pois o poder xudicial esta influído polo lexislativo (polos políticos) o cal vai en contra do espírito das leis tan defendido por Hobbes e Montesquieu. Como podemos ver a democracia esta dominada polos partidos políticos.
3. VALORACION
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEitDrd4iquw4XheQE32AFy7YN3brNb0UmAy6noknRrP31iCdI69DfdCs6S4hXCLogjZ5LAcxJW74Z4a-rSZr618f1nFRkyX64r3X7cKPl6yuPAmu_xRvDRVdIwCe7ec3sTbDyVOqcdEzlw/s320/montesquieu.png)
4. OPINIÓN PERSOAL
A solución, na miña opinión, sería a elección directa dos membros do tribunal constitucional para conseguir unha separación real dos poderes aínda que, como todo sistema, ten os seus riscos que neste caso é o populismo pois a xente non é sempre obxectiva. Porén, para min ese sería o mellor criterio aínda asumindo eses riscos pois así os xuíces non serian elixidos por políticos.
5. FONTES
Algunhas definicións de termos están tomadas da Wikipedia:http://gl.wikipedia.org/wiki/Poder_xudicial.
Sobre a elección directa de membros do Tribunal Constitucional, ver:
http://www.plataformaconstitucional.org/separacionpoderes.htm
No hay comentarios:
Publicar un comentario