25 oct 2012

Presentación da biblioteca para 1º Bach.

Un curso máis o departamento de filosofía colabora coa biblioteca facendo a presentación para 1º Bach. Todos os anos recibimos xente nova que vén de facer a ESO noutros centros e xuntámonos no espazo central para unha clase na que aprendemos
que se pode facer na biblioteca (recantos, servizos...)
como está organizada
como buscar "fondos" (libros, películas, música...) no catálogo utilizando OPAC

como localizar os fondos nos andeis (o sistema CDU)
como emprestalos e devolvelos
como descargar a base de libros de lectura de filosofía

O OPAC do público
Unha das estrelas da visita á biblioteca é sempre o programa de autoempréstito, pero este ano úneselle o OPAC do público, que está instalado xa nos ordenadores do alumnado.

O OPAC do público o camiño máis doado para saber que fondos hai na biblioteca,


Como consellos prácticos recomendamos:
Facer a busca por título ou autoridade
Utilizar a opción Frase ou texto
Buscar a sinatura do fondo na ficha ISBD


A WIKI de filosofía
Neste curso 2012-13 chegou outra velliña á nosa cova para acompañarnos e repartir o traballo: botou a andar a WIKI do departamento, onde penduraremos os materiais para descargar, os traballos da xente de clase, os vídeos ou páxinas web que nos dean outro punto de vista sobre a filosofía e moitas outras cousas. O enderezo é https://avellanacova.wikispaces.com/

Practicamos para descargar os ficheiros e instalalos nos nosos ordenadores:


Entre os materiais que podemos baixar para 1º Bach. está a base de datos de libros e películas. Aprendemos o sistema de cretos, comentamos algúns dos títulos máis lidos e vistos e familiarizámonos cos botóns que nos dan máis información sobre as obras.

     

No hay comentarios:

Publicar un comentario