13 mar 2020

VI Concurso de Microrrelatos e Haikus de Amnistía Internacional - Agora Véxote

Este ano celébrase a sexta edición do Concurso de Microrrelatos da Rede de Escolas de Amnistía Internacional. Nesta ocasión amplíase o número de categorías cunha de haikus para 12 e 13 anos, o que permite participar o alumnado de 1° e 2° da ESO.
O tema é a visibilización da loita feminista e o lema é "Agora véxote".
Nas materias de valores éticos participamos facendo os haikus e microrrelatos en clase, despois quen queira pode presentalos para o concurso a través desta ligazón ao blog de Amnistía Internacional - Galiza.

Esperamos estar á altura dos dous anos anteriores, en que gañaron Lidia Collazo e Diego Muíños, representantes do noso centro.
No blog de Amnistía dise o seguinte sobre o tema deste ano:

    Este ano pretendemos chamar a atención sobre a visibilidade que está cobrando a loita feminista nos últimos tempos. O lema do concurso é «Agora véxote» e búscase resaltar, en primeiro lugar, o feito de que esta é unha loita de séculos, só que agora recibe máis atención da sociedade e os medios; e en segundo lugar o seu valor paradigmático, xa que hoxe serve como modelo de todas as loitas polos dereitos humanos e fai ver claramente o sentido e a eficacia dese empeño.    


En 2º ESO B fixemos haikus coa nosa profesora Natalia Da Cruz e decoramos con eles as paredes do noso corredor. Podes velos nesta presentación (amplia a pantalla completa para ler mellor):




Estes son os nosos relatos dos dous últimos anos (Amplía a presentación a pantalla completa para lelos comodamente):




11 mar 2020

Historia dos Dereitos Humanos - Infografía en Canva

Esta é a infografía sobre a HISTORIA DOS DEREITOS HUMANOS que fixemos en valores éticos de 3º ESO A utilizando a ferramenta online CANVA (pódese ampliar a imaxe a tamaño de pantalla completa):

HISTORIA DOS DEREITOS HUMANOS de Lara Gómez


Os materiais que utilizamos están no blog, pódense ver facendo clic nesta imaxe:


9 mar 2020

Diego Muíños, gañador do concurso de microrrelatos de Amnistía Internacional



Diego Muíños é o gañador do V Concurso de Microrrelatos da Rede de Escolas de Amnistía Internacional na categoría de 14 a 16 anos.O tema do concurso era o acoso escolar e o lema "No noso grupo conseguímolo".

A convocatoria pódese ver picando no cartel.


Este é o relato de Diego:


   
Só ante o perigo

Dixéronme unha vez que o acoso escolar podíase combater cunha serie de valores, que todo ser humano, por moi abominable que puidese chegar a ser, tiña un pensamento moral e ético. Que grazas á complexidade da mente, no máis radical dos casos podería distinguir entre o ben e o mal. O problema é que eles non contaban con que eses termos sempre resultan moi ambiguos. Quen é o que establece o que é correcto e o que non? Eu agora estou morto: caída desde un sétimo piso e rotura de costelas, cranio e derrame interno. Un espectáculo incrible para a miña anatomía externa. Era un candidato espléndido para expoñerse na Morgue. Pero non falemos nun ton tan pesimista. A pesar de todo, perdurarei no tempo nunha carta. Algo así coma na Crónica dunha morte anunciada. Pero claro está, coa miña interpretación do que é o máis alá. Por aquí non vexo ningún Deus nin ningún Demo. Non vou relatar o que pasou. Tampouco fai falla pensalo demasiado para deducilo. Os verdadeiros diaños estaban no mundo real, cada día, durante esas seis horribles horas de clase. Estiven acompañado, non o vou negar. Pero a min comezaron a axudarme moi tarde. Demasiado. De aí esta carta. Non vos marquedes un Gary Cooper, vivos viventes que aínda poboades a Terra. Pedide axuda. O último que quero é poñerme filosófico. Porén, cando deixamos de estalo?
Bulide! A vida non ten senso se nos pechan a fonte de emocións. Buscade axuda, non estades sos.

Diego Muíños

   

O acto de entrega de premios foi presidido pola escritora Loli Beloso.


13 feb 2020

PIALE 2019

PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA PIALE

No presente curso 2019-20 o profesor deste departamento Ramón Soler Sáez participou no programa PIALE, ofrecido pola Consellería de Educación da Xunta de Galiza, que consta dunha estadía de catro semanas no Canadá. Nesta presentación faise un resumo da experiencia:

28 oct 2019

Who am I? - Bilingual Philosophy 4th ESO 19-20

These are the comics we made in 4th ESO Philosophy Bilingual Class 19-20 as a culminating task for "My identity" Project. We made them on Pixton and had a lot of fun!

23 oct 2019

30 de Novembro de 2018: Cidades Iluminadas contra a Pena de Morte

Colaboran: Biblioteca Escolar e
Grupo da Rede de Escolas polos Dereitos Humanos de Amnistía Internacional do IES Pedro Floriani.


Estes son os nosos murais contra a pena de morte no día das Cidades Iluminadas 2018:



O mapa da Pena de Morte de 4º ESO
O traballo de 4º ESO amosa que, aínda que queda moito por facer, o retroceso da pena de morte no mundo é imparable. Os números, aproximados, amosan que hai (máis de) un 50% de países abolicionistas e arredor dun 15% que, na práctica, non aplican esta pena. Ademais, un 5% non a aplican para delitos comúns e só un 30% retéñena nas súas lexislacións e aplícana de feito. Os datos (de 2018) están tomados da web de Amnistía Internacional pero tamén buscamos documentación en varias fontes, como os pasaportes dos dereitos humanos.


O tren chocochú de 3º A


O choco de 3º B


A ponte de Rande de 2º A


O viaduto de 2º B