Como decidimos hai uns días no grupo da Rede de Escolas de Amnistía Internacional , este trimestre dedicarémolo á campaña de recollida de móbiles. Xa subimos o post coa documentación, que podedes consultar picando nesta imaxe:
O día 30 de xaneiro, con motivo do Día Internacional da Paz, puxemos o stand coa caixa para a recollida dos teléfonos e a información sobre o coltán, e proxectamos no recreo algúns dos materiais que xa citamos.
Esta actividade fíxose en coordinación coa biblioteca do instituto, que tamén proxectou uns documentais, como podedes ver no blog BIBLIOFLORIANI.
3 feb 2014
14 ene 2014
RedeEscolas AI - Campaña de recollida de móbiles: Documentación
Para o segundo trimestre deste curso Amnistía Internacional ofrécenos varias propostas de actuación. O martes pasado xuntámonos para decidir entre estas estes tres asuntos:
Ademais dos materiais de Amnistía, utilizamos tamén a seguinte documentación:
Anteproxecto de Lei de Seguridade Cidadá : O que se vai filtrando da nova lei é moi represivo e atenta contra os dereitos á liberdade de expresión e de manifestación.
Campaña de recollida de móbiles : O coltán é un mineral que custa vidas en África e implica o recrutamento de nenas/os soldado. Contra o consumismo e pola sostenibilidade. Relacionada tamén co seguinte tema.
Nenas/os soldado : Coincidindo coas celebracións dos Días da Paz (30 de xaneiro) e contra o recrutamento de menores soldado (12 de febreiro).Decidímonos finalmente polo segundo, aínda que ao estar relacionado co tercero trataremos de incluír tamén alguna referencia a el.
Ademais dos materiais de Amnistía, utilizamos tamén a seguinte documentación:
20 dic 2013
RedeEscolas AI - Campaña de postais de nadal
FALA MÁIS
VIVE MENOS
No noso grupo da Rede de Escolas de AI colaboramos en 2013-14 coa campaña de Postais de Nadal , tan característica de Amnistía.
O lema deste ano mimetízase de promoción de telefonía (Picando na imaxe accedes á web da organización onde se presenta a campaña):
Pero non se trata dun novo gadget consumista senón de prestar apoio a persoas presas por motivos de conciencia, que AI centra en tres casos (pica tamén nestas imaxes para acceder e, se che parece importante, asinar online para prestar a túa colaboración):
29 nov 2013
RedeEscolas AI - Encontro con Rosaliano Riascos
Por Jessica Acuña Alonso e Ángela Hernández Bouzón.Desde ese momento a vida de Rosaliano tornou por completo para non volver a ser a mesma. Dende entón tivo que separarse da súa familia, que veu a España en busca de algo mellor, primeiro a muller e máis tarde os seus fillos. Pola contra, Rosaliano quedou no seu país de orixe loitando polos dereitos dos “negros” (como el di) en Colombia, que nin sequera son contemplados na constitución.
Pasaron algo máis de dez anos de loita pola causa até que a situación obrigoulle a marchar do seu país, polo que tivo que vir a España no 2011 grazas a Amnistia Internacional que o amparou durante un ano mediante un programa de protección co que conta a organización.
Tivemos, grazas a Rosaliano, a oportunidade de coñecer a verdadeira situación de Colombia, que moitos de nós descoñeciamos pola información manipulada dos medios de comunicación hoxe en día.
Actualmente, Rosaliano segue a loitar polo que cre, por exemplo mediante AFRODES, unha asociación de afrocolombianos desprazados coa esperanza e os ollos cheos de ilusión de voltar ó seu país nunhas boas condicións coas que toda persoa debería contar.
Ese mesmo día que deu a charla cumpría dous anos en España e un ano fóra do programa de protección.
12 nov 2013
Grupo da Rede de Escolas de AI - 1ª reunión 2013-14
O pasado martes, 5 de novembro, tivemos a primeira reunión do noso Grupo da Rede de Escolas de Amnistía Internacional.
Como primeira acción do ano decidimos sumarnos á proposta por Amnistía, titulada Bla, Bla, Bla - isto é o que oen os que non escoitan. Picando nas imaxes pódense ver o vídeo da campaña e a páxina web de Amnistía con toda a información.
Trátase de facer gravacións de voz con mensaxes ou testemuñas sobre temas relacionados con tres dereitos humanos aos que o goberno está facendo oídos xordos. As gravacións enviaránse a Amnistíta Internacional que as remitirá á súa vez ao goberno.
Os dereitos aos que se refire a campaña son os seguintes:
Como primeira acción do ano decidimos sumarnos á proposta por Amnistía, titulada Bla, Bla, Bla - isto é o que oen os que non escoitan. Picando nas imaxes pódense ver o vídeo da campaña e a páxina web de Amnistía con toda a información.
Os dereitos aos que se refire a campaña son os seguintes:
Dereito á saúde, con especial atención á poboación inmigrante, que está en situación de extremo risco.Na reunión falamos tamén do concurso de audiovisuais sobre nenas/os soldado, que gañou o ano pasado un grupo de alumnas/os do IES A Basella, de Vilanova de Arousa. Parabéns! Este é o video gañador:
Dereito á vivenda, sobre todo nos casos de desafiuzamentos.
Liberdade de expresión e dereito de manifestación, con referencia especial á violencia policial con que están sendo reprimidas as manifestacións.
5 nov 2013
Presentación da biblioteca para 1º de Bacharelato 13-14 - Visita
A visita á biblioteca do alumnado de 1º Bach. tivo lugar o luns, 14 de outubro. Utilizamos os materiais que subiramos previamente no blog. Podes consultalos picando na imaxe:
En primeiro lugar aprendimos a usar as claves da CDU para atopar fondos nos andeis.
A continuación descargamos a base de datos de libros e películas de filosofía e aprendimos a buscalos cos buscadores OPAC, localizalos na sección de filosofía e utilizar o programa de autoempréstito para poder levalos emprestados.
Para axudarnos fumos proxectando na pantalla todo o proceso.
30 oct 2013
O labirinto do fauno, 2012-13
A LEXITIMACIÓN DO PODER
Nos grupos de 2º ESO A e B realizamos este traballo sobre A lexitimación do Poder - Comentario de texto. Consistiu en
ver a película O labirinto do Fauno,Resumimos o noso traballo nestes catro titoriais sobre os personaxes, os símbolos, o contexto histórico e citas comentadas:
comentala na clase,
estudar a época da Guerra Civil española, as súas motivacións e consecuencias,
comparala co que estudamos no libro sobre o poder lexítimo e
facer debuxos comentados dos símbolos e as frases máis salientables do texto.
E aquí podedes ver unhas fotos do Making of: como fixemos o noso traballo:
Estas/es somos nós:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

























.jpg)