Como decidimos hai uns días no grupo da Rede de Escolas de Amnistía Internacional , este trimestre dedicarémolo á campaña de recollida de móbiles. Xa subimos o post coa documentación, que podedes consultar picando nesta imaxe:
O día 30 de xaneiro, con motivo do Día Internacional da Paz, puxemos o stand coa caixa para a recollida dos teléfonos e a información sobre o coltán, e proxectamos no recreo algúns dos materiais que xa citamos.
Esta actividade fíxose en coordinación coa biblioteca do instituto, que tamén proxectou uns documentais, como podedes ver no blog BIBLIOFLORIANI.
No hay comentarios:
Publicar un comentario