23 oct 2019

30 de Novembro de 2018: Cidades Iluminadas contra a Pena de Morte

Colaboran: Biblioteca Escolar e
Grupo da Rede de Escolas polos Dereitos Humanos de Amnistía Internacional do IES Pedro Floriani.


Estes son os nosos murais contra a pena de morte no día das Cidades Iluminadas 2018:



O mapa da Pena de Morte de 4º ESO
O traballo de 4º ESO amosa que, aínda que queda moito por facer, o retroceso da pena de morte no mundo é imparable. Os números, aproximados, amosan que hai (máis de) un 50% de países abolicionistas e arredor dun 15% que, na práctica, non aplican esta pena. Ademais, un 5% non a aplican para delitos comúns e só un 30% retéñena nas súas lexislacións e aplícana de feito. Os datos (de 2018) están tomados da web de Amnistía Internacional pero tamén buscamos documentación en varias fontes, como os pasaportes dos dereitos humanos.


O tren chocochú de 3º A


O choco de 3º B


A ponte de Rande de 2º A


O viaduto de 2º B


17 oct 2019

Who am I? - Starting up Pixton 19-20

Hi! Today we start our work in Pixton. We want to know ourselves better and show others who we are, so we are going to make a comic online.
First, we have to access the web site by clicking on this link: https://www.pixton.com/.
Then we click on ‘for students’, we select use ‘in class’ and ‘sign up’ because we are entering Pixton for the first time, in further occasions we’ll only have to ‘log in’. We type in the class code: 9keyy.
We’re in! We can start our avatar right away. When it is done we can edit it again as many times as we need to. Now, we download it to our computers in two versions: HEAD only and full BODY.
Finally we upload the drawings to the cloud because we’ll hand them in with our comics when we finish our task.



16 oct 2019

Presentación da biblioteca para 1º de Bacharelato 19-20 - Visita

A primeiros de outubro tivemos a presentación da biblioteca para os dous grupos de 1º Bach. para entregar os carnés á xente que vén doutros centros e para aprendermos a buscar fondos e pedilos emprestados. Agora poñémosvos algunhas imaxes para contarvos como foi.
Fumos seguindo as instrucións que xa estaban publicadas no blog (Pica na imaxe para ir ao post):


Primeiro decatámonos de que a biblioteca ten carteis con números e cores correspondentes ás distintas seccións, por temas ou polo tipo de fondo.


Despois continuamos pola clasificación CDU e os datos que veñen nos tellolos dos fondos (que non hai que confundir co número de rexistro do fondo, que está no interior e se utiliza para rexistrar o préstamo):


A continuación buscamos os libros e as películas no buscador OpacMeiga:


E, finalmente, atopamos os libros nos andeis a través das sinaturas do tellolo:


Exito total! Ao final tanto en 1º A como en 1º B atopamos todos os fondos que tiñamos que buscar!



6 oct 2019

Presentación da biblioteca para 1º de Bacharelato 19-20 - Documentación

Benvidas e benvidos ao novo curso no Floriani, especialmente todo o alumnado de 1º Bach. que vén doutros centros. Esperamos que vos atopedes moi a gusto aquí!
No traballo de hoxe colaboramos a Biblioteca Escolar e o Departamento de Filosofía, xunto cos seus blogs Bibliofloriani e A vella na cova. Neste post tedes os materiais para a presentación da biblioteca, na que aprenderemos a

  • buscar "fondos" (libros, películas...) no buscador OpacMeiga,
  • atopalos nos andeis e
  • pedilos emprestados.
Ademais, aprenderemos a localizar os fondos máis útiles para a materia de filosofía.

CDU e distribución dos fondos nos andeis
A clasificación CDU está explicada nun post de 2014-15 ao que podedes acceder picando nesta imaxe:



Probade a atopar as seguintes seccións (se xa estabas o ano pasado neste centro busca tamén, porque algunhas cambiaron de sitio):
  • Literatura xuvenil (etiqueta vermella) en galego (821.134.4) e castelán (821.134.2),
  • Literatura xeral (mesmos números, etiqueta branca) en galego e castelán,
  • Cine (791.43). Aquí están moitas das películas para a actividade de Cine-fórum;
  • Literatura clásica (87), especialmente cultura clásica e novela (807:008),
  • Historia (93),
  • Cómic (82-C), Manga (82-C) e Cómic feminista (82-C:141.72)

Buscar e atopar fondos
Para buscar fondos da biblioteca utilizaremos a páxina de Bibliotecas Escolares de Galiza (Pica na imaxe para acceder):


Nela hai un buscador:


O máis recomendable é buscar por Frase exacta no Título. Quere dicir unha secuencia exacta de palabras dentro do título, non necesariamente ao principio (así evítanse problemas como o dos artigos ao principio, que non se sabe se forman parte do título ou non):


Aparece unha ficha na que consta a sinatura do libro, que utilizaremos para buscalo nos andeis:


Despois só habería que facer o préstamo, dicíndolle á profesora ou profesor de garda o teu número de carné da biblioteca e o número de rexistro do fondo, que adoita estar nun lugar visible (nos libros, por exemplo, na primeira páxina), e anotar o préstamo no caderno que está ao lado do ordenador principal.
Probade agora, por grupos, a atopar estes fondos. Veredes que hai libros de filosofía en moitos lugares da biblioteca. Así aprenderedes a buscar os libros e películas do currículo de filosofía de 1º Bach.:
  • R. Descartes: El tratado del hombre,
  • I. Asimov: Eu, robot (na colección A Fundación),
  • M. Crichton: Next,
  • P.K. Dirk: Blade runner,
  • M. Shelley: Frankenstein,
  • F. Nietzsche: Así habló Zaratustra (Filosofía en cómic)
  • M. Chalmers: Que es esa cosa llamada ciencia?,
  • J.M. Auel: El clan del oso cavernario,
  • Platón: República,
  • El hombre bicentenario (Película),
  • Gattaca (Película).