6 oct 2019

Presentación da biblioteca para 1º de Bacharelato 19-20 - Documentación

Benvidas e benvidos ao novo curso no Floriani, especialmente todo o alumnado de 1º Bach. que vén doutros centros. Esperamos que vos atopedes moi a gusto aquí!
No traballo de hoxe colaboramos a Biblioteca Escolar e o Departamento de Filosofía, xunto cos seus blogs Bibliofloriani e A vella na cova. Neste post tedes os materiais para a presentación da biblioteca, na que aprenderemos a

  • buscar "fondos" (libros, películas...) no buscador OpacMeiga,
  • atopalos nos andeis e
  • pedilos emprestados.
Ademais, aprenderemos a localizar os fondos máis útiles para a materia de filosofía.

CDU e distribución dos fondos nos andeis
A clasificación CDU está explicada nun post de 2014-15 ao que podedes acceder picando nesta imaxe:



Probade a atopar as seguintes seccións (se xa estabas o ano pasado neste centro busca tamén, porque algunhas cambiaron de sitio):
  • Literatura xuvenil (etiqueta vermella) en galego (821.134.4) e castelán (821.134.2),
  • Literatura xeral (mesmos números, etiqueta branca) en galego e castelán,
  • Cine (791.43). Aquí están moitas das películas para a actividade de Cine-fórum;
  • Literatura clásica (87), especialmente cultura clásica e novela (807:008),
  • Historia (93),
  • Cómic (82-C), Manga (82-C) e Cómic feminista (82-C:141.72)

Buscar e atopar fondos
Para buscar fondos da biblioteca utilizaremos a páxina de Bibliotecas Escolares de Galiza (Pica na imaxe para acceder):


Nela hai un buscador:


O máis recomendable é buscar por Frase exacta no Título. Quere dicir unha secuencia exacta de palabras dentro do título, non necesariamente ao principio (así evítanse problemas como o dos artigos ao principio, que non se sabe se forman parte do título ou non):


Aparece unha ficha na que consta a sinatura do libro, que utilizaremos para buscalo nos andeis:


Despois só habería que facer o préstamo, dicíndolle á profesora ou profesor de garda o teu número de carné da biblioteca e o número de rexistro do fondo, que adoita estar nun lugar visible (nos libros, por exemplo, na primeira páxina), e anotar o préstamo no caderno que está ao lado do ordenador principal.
Probade agora, por grupos, a atopar estes fondos. Veredes que hai libros de filosofía en moitos lugares da biblioteca. Así aprenderedes a buscar os libros e películas do currículo de filosofía de 1º Bach.:
  • R. Descartes: El tratado del hombre,
  • I. Asimov: Eu, robot (na colección A Fundación),
  • M. Crichton: Next,
  • P.K. Dirk: Blade runner,
  • M. Shelley: Frankenstein,
  • F. Nietzsche: Así habló Zaratustra (Filosofía en cómic)
  • M. Chalmers: Que es esa cosa llamada ciencia?,
  • J.M. Auel: El clan del oso cavernario,
  • Platón: República,
  • El hombre bicentenario (Película),
  • Gattaca (Película).


No hay comentarios:

Publicar un comentario