Unha lectura do libro de Paul Strathern, Locke en 90 minutos, por David Martínez (2º Bach. H-CCSS, 2018-19).


Foi considerado un dos primeiros empiristas británicos e contribuíu á teoría do contrato social. Os seus escritos influíron en moitos pensadores así como nos revolucionarios estadounidenses. Sostiña que a mente duhna persoa ao momento de nacer é unha folla en branco sobre a que a experiencia imprime o coñecemento. Afirmou que a soberanía non reside no Estado senón na xente e que o Estado é supremo pero só se respecta a lei civil. Cría na liberdade relixiosa e na separación de Igrexa e Estado. Morre en 1704 nos brazos de Lady Misham, con quen mantivera unha relación e uns sentimentos que, como di o libro, "son difíciles de estimar".
A miña lectura
O libro ten unha introdución moi breve. A parte máis extensa é sobre a vida e a obra do autor, e ao final hai un epílogo, unha escolma de citas das obras e unha cronoloxía de toda a historia da filosofía
Durante o texto fun collendo os fagmentos e ideas que máis me chamaron a atención dentro da parte de vida e obras e o epílogo, como por exemplo:

- O comezo das calidades polas que había ser famoso.
- A aprendizaxe pola experiencia e pola tolerancia.
- Como na súa época os estudantes tiñan que dirixirse en latín aos seus titores.
- Como iniciou os estudos de medicina.
- Como a morte do pai proporcionoulle algunhas terras e varios ingresos, pero el non quería ser rendista.
- Sentía as ideas de Gassendi, o Cogito de Descartes, a súa negación de que Hobbes influíra nel.
- A referencia constante que fai no texto sobre a Guerra Civil, como coñece a Ashley Cooper e como lle actúa de curandeiro.
- A publicación do Ensaio sobre a Tolerancia, xa que na maioría dos países nese momento, co contido do libro, meteríano entre rexas.
- A súa obra mestra, o Ensaio sobre o entendemento humano, nacida nunha charla cuns amigos no inverno de 1673 e que un amigo de Locke, Tyrell, recorda como "sendo un deles". Nesta histórica tarde pódese dicir que empezou o empirismo.
- Tamén o seu liberalismo.
- Como explica na súa filosofía que non aprendemos a través da razón senón da experiencia.
- A súa obra Dous tratados sobre o goberno.
Supoñamos que a mente é, como se di, un papel branco sen nada escrito, sen ideas. Como se enche? De onde vén este vasto cúmulo de cousas que a activa e inagotable imaxinación do home pintou sobre el cunha vontade case infinita? De onde extrae todas as materias da razón e do coñecemento? A isto respondo cunha soa palabra, da experiencia, e nela fúndase todo o noso coñecemento e dela derívase este en última instancia.E, por último, vou dicir algunha das cronoloxías de datas filosóficas máis importantes, como por exemplo:
John Locke, Ensaio sobre o entendemento humano, Libro 2, Cap. 1, § 2.
- S. VI aC: comezo da filosofía occidental con Tales de Mileto.
- Ca. 387 aC: Platón funda en Atenas a Academia, a primeira Universidade.
- 410 dC: os visigodos saquean Roma, comezo da Idade Media.
- 1453: fin do Imperio Bizantino.
- 1641: Descartes publica as súas Meditacións, inicio da filosofía moderna.
- 1689: Locke publica o Ensaio sobre o entendemento humano, que dá comezo ao empirismo.
- 1716: morte de Leibniz.
- 1781: Kant espertado do seu soño dogmático por Hume.
- 1889: Nietzsche, que declarara Deus morreu, sucumbe á loucura en Turín.
- 1953: publicación póstuma das Investigacións lóxicas de Wittgenstein, esplendor da análise lingüística.
A miña opinión

Pareceume que este libro ten un nivel axeitado para 2º de bacharelato. Eu, despois de lelo, voume con ideas máis claras sobre Locke, sobre a súa vida, as súas obras... É un libro que recomedaría a calquera lector que teña interese en saber máis sobre John Locke.
Paul Strathern . Filósofos en 90 minutos
(Comentario do Departamento).
Na biblioteca do centro temos a colección completa de Filósofos en 90 minutos, de P. Strathern. Podes atopala na sección de filosofía, Sinatura1 = 1(03), Sinatura2 = "STR". Os títulos son:
Aristoteles | Berkeley | Confucio | Derrida | Descartes | Foucault |
Hegel | Hume | Kant | Kierkegaard | Leibniz | Locke |
Maquiavelo | Marx | Nietzsche | Platon | Russell | Agostiño de Hipona |
Sartre | Schopenhauer | Socrates | Spinoza | Tomé de Aquino | Wittgensttein |
Frecuentemente recomendamos estes textos en 1º e 2º Bach., pero hai que ter en conta que teñen vantaxes e inconvenientes. En xeral, son libros breves (o dos 90 min. é real), escritos con bo humor e que dan unha idea bastante completa do esencial das teorías dos autores, ben contextualizada na súa vida e época. Pero algúns títulos teñen algún problema, en primeiro lugar porque algúns sistemas non se poden resumir de ningún xeito en 90 minutos, e en segundo lugar porque a ironía e o sarcasmo non sempre se perciben correctamente cando nos estamos introducindo nun tema. Entre os títulos que máis nos gustan están os de Sócrates, Aristóteles, Locke e Hume. Entre os que non caben en 90 minutos están os de Kant e Hegel, mentres que nos de Marx e Wittgenstein o ton de broma é fastidioso e fai parecer ridículos aos autores.
Imaxes: Medialib (Locke - Transformada), emaze (cinco sentidos).
No hay comentarios:
Publicar un comentario