Utilizamos a documentación que xa subimos nun post anterior e que podedes ver picando nesta imaxe:
Paramos un rato na sección de filosofía para ver os apartados que hai e onde podemos atopar os libros para a actividade de lectura.
A maior parte deles están na sección de literatura filosófica, que ten a clave 1(82), ou de textos, que ten simplemente o número 1. Pero tamén hai obras na sección de literatura nas linguas clásicas, que ten o número 87, na de literatura americana, no número 821.111, e outras. Así fixemos tamén, como di o proxecto de biblioteca deste ano, unha viaxe polo mundo. Adrián encargouse de facer as primeiras buscas utilizando o buscador MEIGA, mentres mirábamos na pantalla o que ía facendo.
Alicia, que xa é experta, ensinoulle a Candela (e a toda a xente que entrou este ano) a usar o programa de autoempréstito para pedir libros prestados e facer despois a devolución.
Finalmente, entramos nalgunhas páxinas de internet interesantes, como a de OPAC Meiga para facer buscas online ou a de Bibliotecas Escolares para ver as campañas de animación á lectura, as novas da bibliotecas de Galiza, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario