16 sept 2014

A lei natural e o matrimonio homosexual

por María Iglesias Oitavén. 2º Bach. CT, 2013-14.

Tomé de Aquino foi un filósofo, crego dominico, do século XIII. Defendeu unha lei natural creada por Deus, a cal permite ó home distinguir entre o ben e o mal mediante a razón. A lei positiva é unha prolongación da lei natural, constitúe o conxunto de normas morais que permiten ó home vivir en sociedade.
Dentro das normais morais encontramos a moral sexual. Tomé de Aquino defende que o "creador" construíu a natureza humana de tal maneira que a actividade humana sexual teña como único fin a procreación da descendencia, considerando así que as seguintes catro conductas non respectarían a finalidade do acto sexual:

a masturbación,
o acto sexual entre dúas persoas do mesmo sexo,
o acto sexual entre un home e unha muller dun modo inadecuado (impedindo a posibilidade de fecundación) e

o acto sexual entre un home e un animal.
A igrexa defende que si estes actos sexuais se practican son intrinsecamente desordenados e contrarios á lei natural.

A pesar de que Tomé de Aquino morreu hai máis de oito séculos, o seu pensamento sobre a homosexualidade segue en pé. Hoxe en día, dos 198 países que hai no mundo, tan só en 14 está permitido o matrimonio homosexual: España, Holanda, Bélxica, Canadá. Sudáfrica, Noruega, Suecia, Portugal, Islandia, Arxentina, Dinamarca, Uruguai e Nova Zelandia. En Estados Unidos estase a tramitar.


Como se pode ver neste enlace,
á xente non a deixan nin manifestarse polo que queren, cando o dereito á manifestación é propio de todo o mundo.
Francia foi o último país en unirse a esta pequena listaxe, fíxoo tras moitas manifestacións a favor disto, como podemos observar na seguinte noticia:

Agora ben, se actualmente seguimos tendo estas ideas tan antiguas, en parte tamén é pola educación que nos imparten. Dende pequenos ensínannos que o "normal" sería unha xuntanza dun home e unha muller, a case ninguén nos dan a opción de escoller a alguén do mesmo sexo. O máis impactante e que nin buscando ti polos teus propios métodos podes encontrar algo decente e que che axude a entender mellor a homosexualidade. Por exemplo, nunha páxina de internet saen os seguintes "trazos" sobre os homosexuais:
-Viste de rosa
-Gústalle travestirse
-Acosa sexualmente a calquera heterosexual
-Gústalle o ballet
-Ten o corpo depilado
-...

Dende o meu punto de vista isto paréceme unha falta de respecto que hai que solucionar canto antes. Tanto os homosexuais como os heterosexuais, son persoas e hai que respectar os diferentes gustos porque non todos somos iguais. Un mundo onde todas as persoas tivesen os mesmos pensamentos, gustos,... sería un mundo demasiado monótono e onde non habería variedade.





No hay comentarios:

Publicar un comentario