2ª sesión: Personaxes principais
Napoleón sempre ten razón. Traballarei máis
Na segunda sesión de A revolta dos animais falaremos sobre os porcos e os cabalos, que son os personaxes principais da novela. Presentan Carla Martínez e
Eva Méndez, e os debuxos son, coma sempre, de Iara García, Sara González, Andrea Martínez e Andrés Núñez.
Os porcos representan aos dirixentes da Unión Soviética durante o stalinismo.
Carla vainos desvelando o simbolismo do Vello Maior (imaxe de Marx e Lenin, que anunciaron a revolución pero non viviron o stalinismo) Napoleón (que, coma Stalin, se proclama a si mesmo emperador), Snowball (que quere, coma Trotski, estender a revolución coma unha bóla de neve) e Squealer (o policía do réxime).
Os debuxos caricaturizan aos personaxes mediante os bigotes, as insignias e os obxectos que amosan. Por exemplo, aquí vemos a Napoleón cun mostacho coma o do ditador.
|
A clase traballadora está representada polos cabalos, dos que nos fala Eva. O gran heroe da novela é Boxer, o cabalo estaxanovista, pero entendemos mellor a este personaxe cando o comparamos cos outros cabalos: Clover, a egua escéptica, e Molly, a egua pequeno burguesa.
Na próxima sesión coñecermos a Benxamín, o burro que non era tan burro...
|
Materiais para descargar
Picade nas imaxes para descargar a presentación e o cartel:
No hay comentarios:
Publicar un comentario