12 abr 2014

CHARLAS "A REVOLTA DOS ANIMAIS" - 1

1ª sesión: O autor e o contexto
Bestas de Inglaterra, Bestas de Irlanda, oíde a miña boa nova

Benvidas/os un ano máis ás charlas filosóficas na biblioteca do alumnado de 1º Bach. A novela que traballaremos colectivamente este ano será A revolta dos animais, de George Orwell.
Os temas das charlas serán os seguintes:
1. O autor e o contexto histórico
2. Personaxes principais
3. Personaxes secundarios
4. Argumento: a acción e os símbolos
5. Utopía-distopía, sátira, conto de fadas
6. Debuxos e creación artística


O contexto histórico

Esta primeira sesión está a cargo de Carla Míguez, Laura Nogueira e Yasmina Ribeiro.



Laura introduce o autor e a época.
George Orwell (1903 - 1950), comunista convencido que loitou pola república na guerra civil española, criticou o stalinismo porque non cría que fose un comunismo. Escribiu tamén Homenaxe a Cataluña e 1984.
Lenin impulsou a revolución soviética seguindo as ideas de Marx nunha Rusia agraria e pobre, tiranizada polos tsares e practicamente sen industria.

Carla glosa as figuras de Stalin e Trotski, tan importantes na historia real coma na novela de Orwell.
O primeiro foi o loitador convencido que quixo estender a revolución por todo o mundo e foi perseguido e asasinado por iso.
O segundo foi o gobernante que se volveu totalitario tras tomar o poder, reprimindo ao pobo cunha dureza extrema.

Yasmina explica os plans quinquenais e a cumbre de Ialta.
Na teoría marxista é condición necesaria para unha revolución proletaria que haxa un grao alto de industrialización, que non se daba na URSS. Por iso Stalin organizou diversos plans para acadala, que acabaron fracasando uns tras outros.
Acudiu tamén a varias cumbres como a de Ialta, onde tratou de igual a igual cos países capitalistas para repartirse a influencia política e militar no mundo.



Materiais para descargar

Nestas imaxes tes links á presentación e o cartel:


No hay comentarios:

Publicar un comentario