25 oct 2012

Presentación da biblioteca para 1º Bach.

Un curso máis o departamento de filosofía colabora coa biblioteca facendo a presentación para 1º Bach. Todos os anos recibimos xente nova que vén de facer a ESO noutros centros e xuntámonos no espazo central para unha clase na que aprendemos
que se pode facer na biblioteca (recantos, servizos...)
como está organizada
como buscar "fondos" (libros, películas, música...) no catálogo utilizando OPAC

como localizar os fondos nos andeis (o sistema CDU)
como emprestalos e devolvelos
como descargar a base de libros de lectura de filosofía

O OPAC do público
Unha das estrelas da visita á biblioteca é sempre o programa de autoempréstito, pero este ano úneselle o OPAC do público, que está instalado xa nos ordenadores do alumnado.

O OPAC do público o camiño máis doado para saber que fondos hai na biblioteca,


Como consellos prácticos recomendamos:
Facer a busca por título ou autoridade
Utilizar a opción Frase ou texto
Buscar a sinatura do fondo na ficha ISBD


A WIKI de filosofía
Neste curso 2012-13 chegou outra velliña á nosa cova para acompañarnos e repartir o traballo: botou a andar a WIKI do departamento, onde penduraremos os materiais para descargar, os traballos da xente de clase, os vídeos ou páxinas web que nos dean outro punto de vista sobre a filosofía e moitas outras cousas. O enderezo é https://avellanacova.wikispaces.com/

Practicamos para descargar os ficheiros e instalalos nos nosos ordenadores:


Entre os materiais que podemos baixar para 1º Bach. está a base de datos de libros e películas. Aprendemos o sistema de cretos, comentamos algúns dos títulos máis lidos e vistos e familiarizámonos cos botóns que nos dan máis información sobre as obras.

     

10 oct 2012

10 de Outubro, día internacional contra a pena de morte

REDE DE ESCOLAS DE AMNISTÍA INTERNACIONAL
O 10 de outubro é o Día Internacional contra a Pena de Morte. No IES Pedro Floriani celebrámolo con varias actividades:

Mapa cos datos de 2011

Un mapa no que se amosa como cada vez hai menos países que apliquen a pena de morte, aínda que neles creceu en 2011 o número de execucións.


Exposicións de carteis: Persoas condenadas a morte
Historias de persoas condenadas: as súas idades, as condicións en que foron xulgadas... Amnistía Internacional oponse a todas as execucións, sexa cal sexa a gravidade ou as circunstancias do delicto.

Exposicións de carteis: Derradeiras ceas
O que pediron para cear algunhas persoas executadas.

Salientamos a petición de Victor Feguer:
Unha simple oliva. Así, segundo el, unha oliveira nacería do seu corpo como un símbolo de paz.

Proxección de vídeo-clips
Durante o recreo proxectamos algúns vídeos de Amnistía Internacional, que traducíramos en clase de inglés.


Poñemos aquí dous deles, un no que Jeremy Irons explica a inxustiza e inutilidade deste castigo...


... e outro que informa sobre o retroceso conseguido en 2011 e outros datos que proporciona Amnistía Internacional na súa páxina web.



Colaboraron:
Rede de Escolas de Amnistía Internacional - Grupo do IES Pedro Floriani.
Departamento de Inglés e alumnado de 1º e 2º Bach.
Departamento de Orientación.
Biblioteca e Plan Lector.