28 sept 2012

O tribunal constitucional

Ensaio, por Karina Blanco Bugallo.
1º Bacharelato – Humanidades e Ciencias Sociais 2011-12


1. O PODER XUDICIAL. DEFINICIÓN:
O Poder xudicial é aquel que, de conformidade coa lexislación vixente, é o encargado da aplicación das normas xurídicas na resolución de conflitos. Segundo a teoría clásica de Montesquieu, a división de poderes garante a liberdade do cidadán. Montesquieu compuxo a súa teoría e interpretou que un poder xudicial independente pode ser un freo eficaz do executivo.
Baixo esta separación de poderes, nace o chamado estado de dereito, no cal os poderes públicos están igualmente sometidos ao imperio da Lei. O Poder xudicial debe ser independente para poder someter aos restantes poderes, en especial o executivo, cando estes contraveñan o ordenamento xurídico.
O poder executivo e o lexislativo son dous poderes que en ocasións tamén se enfrontan, as loitas de poder dos integrantes do lexislativo fornecen periodicamente aos novos integrantes do executivo. Así e todo, o papel arbitral entrambos require dun poder xudicial forte e respectado como un dos poderes fundamentais do estado cuxa independencia é un valor a preservar porque dela depende que o sistema non deixe de funcionar e a democracia dea paso á tiranía.
(Fonte: wikipedia).

2. O PROBLEMA ACTUAL NO TRIBUNAL CONSTITUCIONAL
O tribunal constitucional actualmente ten 4 vacantes entre os seus membros e isto dificulta o ritmo interno da institución. Suponse que ten que estar constituído por doce membros, que son elixidos:
- 2 a proposta do goberno,
- 4 do senado,
- 4 do congreso e
- 2 polo propio poder xudicial (os xuíces),
pero hoxe só temos 8 deses doce, só un 2/3 do tribunal, que é o número mínimo para que haxa quórum, o que quere dicir que se un dos seus membros se pon enfermo ou morre non hai quórum e polo tanto quedariamos sen garantías constitucionais.
Isto aféctanos na nosa vida cotiá. Un exemplo diso son os recursos que hai pendentes sobre:
- O matrimonio homosexual (que afecta ás persoas que casaron e ás que se queren casar).
- Materia de cidadanía (que afecta ás persoas que estudan, ben que xa a cursaron ou a queren cursar).
- Legalidade de SORTU (un partido político que leva 8 anos sen poder presentar a súa candidatura).
O problema de todo isto reside na elección de 8 dos12 membros que son elixidos polo congreso e senado (o poder lexislativo) que máis ben poderiamos dicir que son elixidos por políticos; neste caso son os partidos de Mariano Rajoy e Alfredo Pérez Rubalcaba os que non se poñen de acordo para a elección dos seus novos membros pois cada un ve para conseguir os seus propios beneficios e intereses, que son conseguir que os membros sexan da súa propia ideoloxía para que certas sentenzas lles sexan favorables.
Isto quere dicir que a división dos 3 poderes non é real pois o poder xudicial esta influído polo lexislativo (polos políticos) o cal vai en contra do espírito das leis tan defendido por Hobbes e Montesquieu. Como podemos ver a democracia esta dominada polos partidos políticos.

3. VALORACION
A base principal da organización do estado actual é a separación absoluta de poderes: lexislativo, executivo e xudicial. Pero isto é unha falacia pois co tempo dáste conta de que non só non é así senón que ao final os partidos políticos en España domínano todo incluído o ámbito xudicial (designación de cargos en moitas ocasións, as cortes están compostas por membros de partidos políticos que ditan as leis que aplicamos segundo os seus intereses partidarios) e o panorama é bastante desolador. A xustiza non é igual para todos e ao final os máis inxustos non só saen triunfantes senón que conseguen ditar leis que lles son en todo caso favorables, como a recente amnistía fiscal. Todo isto vai en contra do espírito das leis no que se defende a separación de poderes moi sustentada por Locke e Montesquieu.

4. OPINIÓN PERSOAL
A solución, na miña opinión, sería a elección directa dos membros do tribunal constitucional para conseguir unha separación real dos poderes aínda que, como todo sistema, ten os seus riscos que neste caso é o populismo pois a xente non é sempre obxectiva. Porén, para min ese sería o mellor criterio aínda asumindo eses riscos pois así os xuíces non serian elixidos por políticos.

5. FONTES
Algunhas definicións de termos están tomadas da Wikipedia:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Poder_xudicial.

Sobre a elección directa de membros do Tribunal Constitucional, ver:
http://www.plataformaconstitucional.org/separacionpoderes.htm 

A INTERPRETACIÓN NA PSICOLOXÍA

Ensaio, por Laura Álvarez e Ana Ferreira
1º Bacharelato – Ciencias e tecnoloxía 2011-12


A psicoloxía é, segundo a definen os expertos, unha ciencia que estuda os estados da conciencia das persoas. Outros defínena como unha parte da filosofía que trata a alma, as súas facultades e operacións.
A psicanálise é un método creado por Freud para investigar e curar as enfermidades mentais mediante a análise dos conflitos sexuais inconscientes orixinados na infancia. É unha disciplina pouco coñecida e moi atacada dentro da comunidade científica; mesmo os seguidores de Freud foron moi críticos con el, aínda que recoñecían que o terreo que el descubrira era moi grande como para poder investigalo todo unha soa persoa.

1. A clasificación da psicoloxía: o problema da interpretación
Hoxe en día a propia psicoloxía é tanto aceptada como rexeitada por parte da sociedade. Os seus detractores negan a súa efectividade porque cren que os problemas mentais son falsos, como mentiras que unha persoa inventa e chega a crer por comodidade pero que se poderían superar con só querelo.
A psicanálise é a teoría que formula conceptos capaces de tratar con estas dificultades, coma os de consciente e inconsciente; os seus partidarios defenden que é un axeitado método para diagnosticar e tratar os distintos problemas neuróticos, depresivos, etc. Freud, na súa teoría, falou do inconsciente como recordos, desexos, medos... tan enterrados na mente que nin sequera a persoa sabe que os ten. A razón pola cal a xente non soluciona os seus problemas (e que é a mesma pola que algúns non aceptan esta teoría) é que non quere que se saiban eses segredos que a psicanálise saca á luz.
Polo tanto, respecto ao que debe ser a psicoloxía existen dous bandos: os que a clasifican como unha ciencia social e os que o fan como unha ciencia natural. Isto depende da postura que adopten sobre a interpretación.
Con respecto aos seguidores da metodoloxía da ciencia social, a interpretación é necesaria para poder atopar a raíz do problema e así curalo completamente. Este método é efectivo, pero presenta o inconveniente do tempo, xa que unha psicanálise pode durar desde uns poucos meses a varios anos.
En cambio, os seguidores da metodoloxía da ciencia natural defenden que, se a psicoloxía precisa unha interpretación, non se trata dunha ciencia. Para que o fose debería tratarse desde a obxectividade, sen ter en conta a opinión do psicanalista.

2. O uso de fármacos
As dúas posturas empregan fármacos para tratar os problemas, pero hai quen defende o uso destes como único tratamento, mentres que outros prefiren empregalos á vez que se trata o problema. Por exemplo, aos xefes e ás empresas convenlles que os empregados non collan baixas, polo que presionan aos psicólogos para que receiten medicamentos en vez de intentar atopar a raíz do problema, a cal levaría moito máis tempo, provocando que a persoa realice as cousas de forma mecánica (erguerse, traballar, comer, durmir). Se facemos isto, o problema non se soluciona e o paciente deberá medicarse de por vida. En cambio, se aparte de receitar fármacos para paliar os síntomas, tamén se intenta atopar e resolver o problema, a persoa quedará curada e poderá deixar os medicamentos e levar unha vida normal.
Actualmente, como ferramenta de dignóstico, emprégase o DSM-IV (Diagnostic and Statistic Manual about Mental Disorders), que está apoiado e confeccionado, en parte, por empresas farmacéuticas, as cales teñen intereses relacionados coa venda de medicamentos. Este sistema non distingue entre as causas dos trastornos e emprega fármacos indistintamente (por exemplo, na nova versión que está en preparación, o DSM-V, non se diferencia a depresión do dó, polo que o tratamento é igual para unha persoa que está triste sen causa aparente que para unha que o está porque acaba de morrerlle un familiar). Parte dos psicólogos opinan que este método non é o axeitado para tratar este tipo de problemas.

3. Psicoloxía, psiquiatría, psicanálise
Uha idea corrente na sociedade é a de pensar que un psicólogo, un psiquiatra e un psicanalista son o mesmo, cousa que non é certa.
Un psicólogo é a persoa que ten o título de licenciado en psicoloxía. Non pode receitar fármacos e trata o problema só coa interpretación.
Ás veces parte do diagnóstico dun psiquiatra. Este é o especialista na ciencia que trata as enfermidades mentais. Pode prescribir medicamentos e pedir exames médicos ao laboratorio.
Por último, un psicanalista é a persoa que practica a psicanálise, xa definida anteriormente. Acúdese a un ou outro dependendo do tipo de problema mental existente.

4. Conclusións
En conclusión, podemos dicir que a psicoloxía, aínda na actualidade, non está clasificada, xa que se trata dunha ciencia aberta, na que cada un ten o seu criterio de clasificación. Nós mesmas tivemos diferentes opinións relacionadas co tema. En resumo, os puntos de vista que centran os nosos enfoques individuais son:
Eu creo que a interpretación é necesaria; pero se debe complementar con medicación. Así, os síntomas atenúanse, conseguíndo unha melloría evidente, mentres se traballa para solucionar o problema mediante a interpretación.
Laura Álvarez.

Non todo o mundo pensa que a psicoloxía sexa boa ou efectiva. Hai quen di que, se alguén está deprimido, o que pasa é que ten “moito conto”. Cando os xefes pensan así queren que os empregados tomen fármacos xa que, para eles, o que fai o psicólogo é gañar cartos por nada, porque o “conto” pasa só. Penso que os que cren no uso de fármacos sen que á vez haxa tratamento psicolóxico ou psiquiátrico non se poden considerar como seguidores da psicoloxía senón da medicina.
Ana Ferreira

Ethics 4 ESO - Bitstrips

Today we are learning to make our own avatars. It's very easy, and you'll get a lot of fun!

The web tool that we are going to use is BITSTRIPS. Click on this link to go to their home page: http://www.bitstripsforschools.com/.

Now click on the green button on the right to log in. Listen to Ray, he will tell you the code word that you have to use to enter... and you are ready to start!

Enjoy the class!


 

25 sept 2012

Acción contra a pena de morte

REDE DE ESCOLAS DE AMNISTÍA INTERNACIONAL

O IES Pedro Floriani pertence á Rede de Escolas de Amnistía Internacional. Este ano, o departamento de filosofía colabora na acción contra a pena de morte que organiza esta ONG:

Outubro e novembro serán meses de mobilización contra a pena de morte, co 10 de outubro, Día Mundial contra a Pena de morte, como data clave. O período conclúe o 30 de novembro, xornada das Cidades Iluminadas pola Vida. Este ano a mobilización centrarase en resaltar os avances que se lograron no camiño cara á abolición da pena de morte no mundo e destacar como, a pesar da tendencia abolicionista, os países que máis aplican a pena de morte, cada vez executan a máis persoas. É o caso de Arabia Saudita, país foco da nosa atención este ano. Neste contexto recolleremos firmas a favor de Siti Zainab Binti, condenada á morte en Arabia Saudita desde o ano 2000.
 

No noso centro comezaremos cunha reunión o día 26, na aula 24, ás 11:30 na que veremos dous video-clips informativos e informaremos de dúas accións para realizar nos dous días sinalados. Copiamos aquí o primeiro clip, pero para máis información pódese consultar as páxina de AI de vídeos, materiais para as aulas, rede de escolas, etc.