O pasado día 5 de decembro fixemos a primeira reunión do grupo da Rede de Escolas de Amnistía Internacional no noso centro. Unha parte do grupo decidiu traballar sobre a campaña O meu corpo, os meus dereitos , e podedes ver o seu traballo picando aquí.
Nós esocollimos o tema de menores soldado e subimos ao blog un post con documentación sobre o tema (pica aquí para acceder). Agora presentámosvos o noso traballo: un mural que penduramos na entrada do centro e que presentamos durante o recreo, xunto coa película e o prezi.
Recollimos a información esencial en catro rombos:
Buscamos un xeito gráfico de expresar o que sentimos ante o recrutamento de nenas/os soldado:
María presentou o mural e as películas:
13 feb 2015
10 feb 2015
Exposición "O meu corpo, os meus dereitos"
Na primeira reunión do Grupo da Rede de Escolas de Amnistía Internacional do IES Pedro Floriani acordamos dividirnos para facer dous traballos distintos. Un dos grupos elixíu o tema de Menores Soldado e fixeron un mural e un acto de presentación que podedes ver picando aquí.
Nós fixemos unha exposición sobre o tema dunha nova campaña de A.I.: O meu corpo, os meus dereitos .
Este foi o proceso que seguimos:
Consultamos a páxina web de Redescolas: Documentación e Imaxes hiperrealistas (Pica nas imaxes da dereita para acceder). Pensamos algunhas frases que expresasen os nosos sentimentos ou que resumisen os datos, con nomes de persoas e de países afectadxs. Escollimos algunhas das imaxes que nos pareceron máis impactantes. Decidímonos pola roupa como símbolo dun mundo cargado de marcas de xénero. Buscamos materiais que comunicaran esta idea: camisetas, teas, imperdibles, afinetes, pinzas, cordas de tender... |
|
Finalmente fixemos unha exposición para chamar a atención dxs nosxs compañeirxs do Insti. Así foi como quedou, na entrada do centro e máis no corredor do 1º andar (pica nas imaxes para ampliar):
Nesta presentación están todas as imaxes e frases que puxemos nas camisetas:
15 ene 2015
Esquema para un exame de Aristóteles sobre os texto "As catro causas"
Mentres media clase está de viaxe en Roma, a xente que quedamos aquí mandámoslles recordos e dedicámonos a facer un esquema para un exemplo de exame sobre Aristóteles.
Este é o texto do exame:
Como o esquema nos quedou moi lucido acordamos subilo no blog. Aquí está:
Revisando que tal quedou decatámonos de que hai os seguintes problemas:
Este é o texto do exame:
Como o esquema nos quedou moi lucido acordamos subilo no blog. Aquí está:
Revisando que tal quedou decatámonos de que hai os seguintes problemas:
Non hai que esquecer que se trata dun esquema. Hai que desenvolver o que se di aí, algunhas partes moito (p.ex., a definición de "cambio", etc.)
Falta atopar un lugar para profundar máis sobre materia e forma. P.ex., despois dos antecedentes presocráticos, cando se chega a Aristóteles; ou se non, ao falar das causas material e forma.
Toda a parte sobre o esencialismo, o teleoloxismo, a crítica marxista e a opinión persoal están sen desenvolver. Non podemos facer un esquema desta parte porque é moi persoal, cada quen debe facer o seu.
28 dic 2014
Edgar A. Poe: A trip to the mind
This is our interdepartamental work of this year!
It is a collaborative work with the Department of English and the School Library Project A trip around the world.
We made this mural as a culminating task for our study of Poe’s tales and poems.
We made this mural as a culminating task for our study of Poe’s tales and poems.
First we learnt the basics about Poe (Click on the image to access to the post):

Then, we worked on these titles:


Then, we worked on these titles:
And these are our essays:
| Poe - The author | |
| Poe - The tales | |
| Poe - The poems |
We had a wonderful time! - Just look at the pictures:
12 dic 2014
Rede de Escolas de Amnistía Internacional - Encontro con Manuel Martínez-Barreiro
Mellor acender unha buxía que maldicir a escuridade
Nesta actividade colaboramos o Grupo da Rede de Escolas do IES Pedro Floriani e o Proxecto de Biblioteca 2014-15 Unha viaxe arredor do mundo. A redacción da noticia fixémola a partir dun texto de Alba Rodríguez (4º ESO B), con contribucións de todo o alumnado de 2º e 4º da ESO. |
Manuel é membro de Amnistía Internacional e explicounos que esta organización loita polos dereitos de todas as persoas.
É unha organización non gobernamental polo que, como non recibe diñeiro de ningún estado, pode actuar con total independencia.
Nace como consecuencia da detención de dous estudantes portugueses que gritaron “Viva a liberdade”, o que lle serviu a Peter Benenson como inspiración para crear Amnistía en Londres no ano 1961.
Posúe 2 premios Nobel e, na actualidade, conta con máis de 3 millóns de membros e simpatizantes por todo o mundo.
Posteriormente falounos sobre os dereitos, que son unha especie de coraza e, por sermos persoas, témolos todas/os sen discriminación por razón de raza, sexo, relixión...
Son inalienables e intransferibles: o recoñecemento dun dereito leva ao recoñecemento de todos os demais.
En Francia non se pode dicir “dereitos humanos” porque para eles esta expresión ten un significado distinto e propuxeron chamalos “dereitos naturais” ou “dereitos da/o cidadá/án”.
Os principais pasos que se foron dando en favor dos Dereitos Humanos foron estes:
- Código de Hammurabi, 2000 aCEsta última é a que recolle o que cremos actualmente, e na súa redacción tivo un papel importante Eleanor Roosevelt.
- Cilindro de Ciro, 529 aC
- Carta Magna, 1215
- Petición de dereitos, 1628
- Constitución dos EEUU de América do Norte, 1787
- Declaración francesa dos dereitos do home e o cidadán, 1789
- Carta de dereitos dos EEUU de América do Norte, 1791
- Declaración Universal, da ONU, 1948
A noticia do periódico Para acabar, Manuel volveu ao principio e leu completo o titular:
A CIA torturou con brutalidade, ineficacia e á marxe da lei
e deixounos coa pregunta:
(El País, 10-12-2014).
Pero… é que se pode torturar sen brutalidade?
Ou con eficacia?
Ou con eficacia?
Ou dentro da lei???
Fixemos algunhas fotos do encontro, cos grupos de 2º e 4º da ESO, e cando xa rematamos Manuel quedou charlando un ratiño con Sergio , Lara , Eva e Gabriela , do Grupo da Rede de Escolas do noso centro.
Poñémosvos tamén aquí unha presentación que estivemos comentando cos cartaces das accións que realizou Amnistía Internacional nos últimos anos en Vigo:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










