21 dic 2011

Traballo de Nadal para 1º Bach.

Aquí podedes descargar os materiais para o traballo sobre Clasificación e métodos das ciencias. Tedes que acceder á páxina web do IES Pedro Floriani - Materiais de Filosofía para 1º Bach. e buscalos hacia abaixo na páxina.


F e l i c e s   F e s t a s ! ! !

9 dic 2011

O anel das/os de segundo

Nas clases de cidadanía de 2º A e B estivemos facendo un anel solidario de glogs: cada quen defende un dos dereitos humanos e nos leva ao glog doutra/o compañeira/o. Así celebramos o 63 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.


8 dic 2011

6 dic 2011

Aristóteles: Texto e Cuestións // Areté // Crítica de Marx

Pica nas ligazóns para descargar en Google Docs o traballo nº 4 (Texto e Cuestións de Aristóteles) e a crítica de Marx a Aristóteles. E a continuación, un traballo de Carla Darriba, Samuel Figueroa, Raquel Fontán, Ángel López e Raquel Portela sobre a Areté no mundo grego:

19 nov 2011

Moby Dick on Book Rags

Are you ready to go out to sea? Soon we shall be surfing the net to hunt a literary guide to Moby Dick. These are the tutorials that we are going to use:

10 nov 2011

Presentación da biblioteca para 1º BAC

Na última semana do mes de outubro tivemos as presentacións da biblioteca para os dous cursos de 1º BAC.
Na clase de filosofía aprendemos a buscar información en internet sobre os libros de lectura da materia e atopalos nos andeis. Para isto tivemos que aprender antes algúns conceptos sobre a distribución da biblioteca e as normas, a Clasificación Decimal Universal e o blog de filosofía.


Ao principio estivemos familiarizándonos cos espazos: os andeis de libro científico, os de literatura xuvenil, os de idiomas, o de películas, o de cómics..., o recanto dos ordenadores, o de lectura informal... Adrían foi o primeiro en usar as butacas deste último recanto.

Xunto aos andeis dos cómics, á entrada, está o cartel da CDU. Folleamos un pouco os libros dos nosos personaxes favoritos e buscamos algúns dos códigos máis frecuentes.

Agora toca baixar o arquivo de ACCESS coa información dos libros de filosofía que podemos ler este ano. Pablo amósanos como facelo na pantalla e as/os demais dicímoslle que obras que nos poidan gustar: por título, por autor, por tema...

E a continuación buscamos en Opac Meiga e, mediante o Localizador, atopamos o libro ou película no andel correspondente.

Ao final utilizamos o programa de autopréstamo para levar as nosas preferencias, como nos ensinaron nos recreos, ou tamén para devolvelas ou renovalas.

6 nov 2011

Materiais novos para Bacharelato

Actualizado: 6 de Novembro de 2011
 

Pica nas imaxes para descargar os arquivos:
(Accédese a Google Docs. Premer Arquivo > Descargar orixinal)


A fundamentación do coñecemento (1º Bacharelato)


 
Nietzsche: Notas para unha crítica a Sócrates e Platón (2º Bacharelato)