Nas clases de cidadanía de 2º A e B estivemos facendo un anel solidario de glogs: cada quen defende un dos dereitos humanos e nos leva ao glog doutra/o compañeira/o. Así celebramos o 63 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
9 dic 2011
8 dic 2011
Glogs dos Dereitos Humanos, en 4º da ESO
O día 10 de Decembro, os dereitos humanos cumpren 63 anos. Para celebralo fixemos estes glogs en 4º da ESO:
6 dic 2011
Aristóteles: Texto e Cuestións // Areté // Crítica de Marx
Pica nas ligazóns para descargar en Google Docs o traballo nº 4 (Texto e Cuestións de Aristóteles) e a crítica de Marx a Aristóteles. E a continuación, un traballo de Carla Darriba, Samuel Figueroa, Raquel Fontán, Ángel López e Raquel Portela sobre a Areté no mundo grego:
19 nov 2011
Moby Dick on Book Rags
Are you ready to go out to sea? Soon we shall be surfing the net to hunt a literary guide to Moby Dick. These are the tutorials that we are going to use:
10 nov 2011
Presentación da biblioteca para 1º BAC
Na última semana do mes de outubro tivemos as presentacións da biblioteca para os dous cursos de 1º BAC.
Na clase de filosofía aprendemos a buscar información en internet sobre os libros de lectura da materia e atopalos nos andeis. Para isto tivemos que aprender antes algúns conceptos sobre a distribución da biblioteca e as normas, a Clasificación Decimal Universal e o blog de filosofía.
Ao principio estivemos familiarizándonos cos espazos: os andeis de libro científico, os de literatura xuvenil, os de idiomas, o de películas, o de cómics..., o recanto dos ordenadores, o de lectura informal... Adrían foi o primeiro en usar as butacas deste último recanto.
Xunto aos andeis dos cómics, á entrada, está o cartel da CDU. Folleamos un pouco os libros dos nosos personaxes favoritos e buscamos algúns dos códigos máis frecuentes.
Agora toca baixar o arquivo de ACCESS coa información dos libros de filosofía que podemos ler este ano. Pablo amósanos como facelo na pantalla e as/os demais dicímoslle que obras que nos poidan gustar: por título, por autor, por tema...
E a continuación buscamos en Opac Meiga e, mediante o Localizador, atopamos o libro ou película no andel correspondente.
Ao final utilizamos o programa de autopréstamo para levar as nosas preferencias, como nos ensinaron nos recreos, ou tamén para devolvelas ou renovalas.
6 nov 2011
7 oct 2011
Debuxos 2º e 4º da ESO
Nas clases de Educación para a Cidadanía de 2º ESO e de Ética de 4º fixemos algúns debuxos sobre a historia da vella da cova. Pica nos botóns para velos:
2º A
2º B
2º B
4º A
4º B
José María, de 2º A, pregunta se a vella é unha bruxa... Creo que hai que cambiar a nosa idea do que é unha bruxa. Isto é o que lles chamaban ás mulleres que curaban, que coñecían a natureza... ás científicas da Idade Media que eran un perigo para os "científicos" e "sabios", que tiñan medo de perder a súa influencia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



