
AVISO DE SPOILERS: Por favor, mirade a película antes de ler este post.
Lily Owens é unha nena que vive nunha granxa co seu pai. Creceu sen nai, xa que morreu cando ela tiña 4 anos por un disparo accidental da propia Lily. Pero por sorte non está soa, xa que conta co apoio dunha muller negra, Rosaleen, que traballa na granxa.
Un grupo de homes brancos agreden a Rosaleen e ambas son encarceradas. A Lily non lle parece xusto, polo que as dúas foxen ata un pobo chamado Tiburon, xa que Lily vira ese nome nunha foto da súa nai. Alí viven tres mulleres negras máis, as irmás May, August e June Boatwright, que fabrican mel. Lily comeza a traballar no apiario, onde August ten as súas colmeas de abellas, e coñece a Zach, do que finalmente se namora.
Despois duns días Lily descubre que a súa nai vivira na caseta desa granxa. Zach e Lily van ao cine pero uns homes brancos péganlle una palleira a Zach por estar no lado reservado aos brancos e lévano. May, que é moi sensible, non o soporta e suicídase. Zach regresa e celébrase o funeral.
Días despois, August dille a Lily que coñecía a súa nai e pouco a pouco vai descubrindo a verdade. Ao principio pensa que a súa nai non a quería e frústrase moito, pero finalmente entende que non foi así. Pasan uns días, e o pai de Lily, T-Ray, atópaa e quere levala con el para casa, ao que Lily se nega. Ao final, Lily queda coas irmás Boatwright e Rosaleen, que son como nais para ela.
Personaxes

Un símbolo que identifica a Lily é a auga, xa que cando se enfada con Rosaleen cruza o río, cando se fai amiga de June é xogando coa mangueira, e o broche da súa nai é dunha balea, animal que vive no mar. Ademais, o seu nome é moi significativo xa que é unha flor (lirio).
A escritura é un símbolo destacable de Rosaleen, xa que a pesar de ser inculta aprende a escribir o seu nome para rexistrarse para votar. Un símbolo que a une a Lily é que o seu nome é tamén unha flor (rosa).
Contexto histórico: a loita polos civís dos negros
Trala aprobación desta lei, entre 1964 y 1971 se produciron arredor de 200 mortes e máis de 1.300 persoas feridas como consecuencia de disturbios raciais protagonizados polas forzas de seguridade (brancas) e cidadáns de raza negra, enfrontamentos, que ao mesmo tempo, causaron danos millonarios nos barrios onde se rexistraron.
Como veremos máis abaixo, medio século despois o racismo segue estando presente en EE.UU. , a pesar desta lei.
Situación da muller
No caso de Deborah, era unha muller feliz que coñeceu a T-Ray co que finalmente casou, pero despois duns meses ela non se sentía a gusto. Deborah non quixo deixar ó seu home porque estaba embarazada. Ela sufría maltrato e abuso por parte do seu marido. Dáballe palleiras moi fortes, polo que un día fuxiu, pero ó pouco tempo regresou a pola súa filla. Ese día recibiu outra malleira e foi cando se produciu o tráxico accidente.
E por último, a relación entre as irmás Boatwright, que analizaremos máis a fondo a continuación, é coma a dunha colmea de abellas, onde August sería a abella raíña. É unha relación moi próxima onde todas se apoian mutuamente e onde non hai ningún home que teña o papel de zángano.
As relacións persoais en torno á familia Boatwright

As relacións de parella son moi diferentes nas tres irmás. August, a irmá maior, namorouse pero preferiu a súa liberdade. Porén, June, esta saíndo cun mozo do que esta realmente namorada, pero non aceptaba o casamento por medo. E por último May, que non é capaz de namorarse nin de ter unha relación.

A imaxe da Madonna Negra, que as Boatwright poñen nas etiquetas dos tarros de mel, danlle a Lily a pista que une a súa nai coa familia das tres mulleres.
Temas e símbolos
A violencia esé un tema moi presente na trama da película. Por exemplo, hai violencia machista no matrimonio de T-Ray e Deborah, T-Ray é quen pega a Deborah, aínda que finalmente, de xeito accidental, é a súa filla quen a mata dun disparo. Hai exemplos de violencia racial coma o caso dos homes de raza branca que acosan e firen a Rosaleen, ou os que fan o mesmo con Zach. Pola contra, May é quen se fai dano a si mesma, pola depresión que ten e porque non soporta o peso do mundo, polo que se suicida.
Outros temas, tratados noutros lugares neste post, son os dereitos civís, as elacións de parella, a relixión e a emancipación (da muller e das persoas de cor).
Tamén hai símbolos relacionados coa cultura, opoñéndose á violencia. Os grupos de brancos violentos son moi incultos pero todas as mulleres e case todos os personaxes negros teñen algún trazo cultural que os fai ser democráticos e pacíficos: a escritura (Rosaleen aprende a escribir o seu nome para poder votar, May escribe as cousas que lle causan sufrimento, Lily quere ser escritora), a música (June toca o violonchelo, a congregación relixiosa canta), o cine (Lily e Zach van ver unha película), os estudos (Zach prepárase para ser avogado), a oratoria (August falando á congregación)...
Valoración da película
Sobre a súa relevancia na película e a súa vixencia hoxe en dia, penso que os temas máis relevantes son o da violencia e o do racismo, xa que son temas dos cales segue habendo consecuencias importantes nos nosos días. A película fai que sexamos conscientes tanto dos feitos coma das consecuencias que provocan temas como a violencia e o racismo. A través da concienciación se espera que o número de vítimas e tódalas persoas afectadas por isto se minimice cada vez máis.
- Desgraciadamente, a violencia contra a muller segue existindo en tódalas sociedades, incluída a nosa. Esta lacra social vai deixando un goteo incesante e constante de mortes e, a xulgar polos estudios realizados, as novas xeracións non están exentas da influencia da cultura machista.
- A labor de concienciación e sensibilización é e debe ser continua, pero achegada a data do 25 de novembro faise máis visible por celebrarse durante esa xornada o Día contra a violencia contra as mulleres.
- As leis actuais van encamiñadas a eliminar os prexuízos e situacións que discriminan ás mulleres. Nos nosos días se celebran xornadas e conferencias, e incluso se mobilizan vontades políticas e investimentos para asegurar que as mulleres poidan vivir libres de violencia.

- Colin Kaepernick foi un deportista que se negou a poñerse en pé nun dos seus partidos para escoitar o himno de EEUU, xa que non quería mostrar orgullo por un país que oprime a xente negra e de cor. A partir de aí naceu a súa pose do xeonllo fincado no chan, a cal se converteu nunha sinal de protesta contra o racismo. Continuando co activismo contra o racismo, tamén en 2016 Kaepernick fundou o Know Your Rights Camp (Campamento Coñece os teus Dereitos) para discutir con xoves temas de historia americana, dereitos humanos e empoderamento. En 2018 foi nomeado Embaixador de Conciencia por Amnistía Internacional.
- O movemento Black Lives Matter (As vidas negras importan) xurdiu en 2013 co obxectivo de combater a violencia policial contra as persoas negras. Cobrou moito pulo cando un policía de Minneapolis, de raza branca, asasinou a un home afroestadounidense, George Floyd, polo feito de intentar pagar cun billete falso: apertoulle o pescozo cun xeonllo ata asfixialo, mentres Floyd dicía I can’t breathe(Non podo respirar). Ambas expresións quedaron como lemas en manifestacións e cancelos en internet.
- Porén, este non é o único caso que mobilizou á poboación. Hai uns anos, o 17 de xullo de 2014 Eric Garner, un afroamericano asmático de 43 anos, morreu asfixiado pola Policía de Nova York, cando un oficial o estrangulou durante case 20 segundos a pesar de que el gritaba que non podía respirar.
- Menos dun mes despois, o 9 de agosto de 2014, Michael Brown, un afroamericano de 18 anos, morreu desarmado tras recibir seis tiros de Darren Wilson, un policía branco en Ferguson, Missouri.
- En ambos casos se exculparon aos axentes policiais e se produciron protestas pola impunidade dos mesmos ante a brutalidade policial cara á comunidade negra.


Opinión persoal
Desde o punto de vista persoal e como xa expliquei anteriormente penso que os aspectos máis importantes a tratar nesta película son o da violencia e o do racismo. A violencia non ten xénero, pero o xénero por suposto que ten violencia. E chámase así, violencia de xénero, porque é a que se exerce contra a muller polo feito de ser muller. É o extremo da desigualdade. Con respecto ó outro tema, o racismo, segue habendo vítimas na actualidade polo feito de ser persoas negras ou doutra cor. Estase xogando coa vida de miles de persoas e familias simplemente por ser de diferente cor. Isto é un tema serio e vixente do cal hai que ser consciente. Por isto destaco o tratar estes temas na película, para seguir coas medidas de concienciación e sensibilización.
En canto á película, gustoume moito e creo que de non ser pola materia de historia da filosofía, na que ma recomendaron, eu non a vería nunca. Recoméndoa moitísimo porque che fai abrir os ollos. Ao facer este traballo dínme conta de moitas cousas e vin as cousas de maneira diferente, o que agradezo un montón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario