Dámosvos a benvida ás materias do Departamento de Filosofía do IES Pedro Floriani cos nosos mellores desexos de SAÚDE e COÑECEMENTO.
Para matricularte nas aulas virtuais en Edmodo, pica nesta ligazón e utiliza estas claves:
|
Hª da Filosofía 2 |
6zse52 |
|
|
Psicoloxía 2 |
59zrb7 |
|
|
Filosofía 1A |
cvigg7 |
|
|
Filosofía 1B |
sfvfp5 |
|
We greet the bilingual Philosophy students! Our best wishes of HEALTH and KNOWLEDGE for you too!
Please, go to Edmodo and join your class using this password: e9zuhw. This subject is just the one for you, you're gonna luv' it!
Descarga os materiais do teu curso picando no botón correspondente:
O problema coas persoas é que saben o que importa pero non o elixen. A cousa máis difícil na vida é elixir o que importa.
A vida secreta das abellas, análise da película por Lucía Pérez Montero, 2º Bach. Humanidades e CC. Sociais.
AVISO DE SPOILERS: Por favor, mirade a película antes de ler este post.
Lily Owens é unha nena que vive nunha granxa co seu pai. Creceu sen nai, xa que morreu cando ela tiña 4 anos por un disparo accidental da propia Lily. Pero por sorte non está soa, xa que conta co apoio dunha muller negra, Rosaleen, que traballa na granxa.
Un grupo de homes brancos agreden a Rosaleen e ambas son encarceradas. A Lily non lle parece xusto, polo que as dúas foxen ata un pobo chamado Tiburon, xa que Lily vira ese nome nunha foto da súa nai. Alí viven tres mulleres negras máis, as irmás May, August e June Boatwright, que fabrican mel. Lily comeza a traballar no apiario, onde August ten as súas colmeas de abellas, e coñece a Zach, do que finalmente se namora.
Despois duns días Lily descubre que a súa nai vivira na caseta desa granxa. Zach e Lily van ao cine pero uns homes brancos péganlle una palleira a Zach por estar no lado reservado aos brancos e lévano. May, que é moi sensible, non o soporta e suicídase. Zach regresa e celébrase o funeral.
Días despois, August dille a Lily que coñecía a súa nai e pouco a pouco vai descubrindo a verdade. Ao principio pensa que a súa nai non a quería e frústrase moito, pero finalmente entende que non foi así. Pasan uns días, e o pai de Lily, T-Ray, atópaa e quere levala con el para casa, ao que Lily se nega. Ao final, Lily queda coas irmás Boatwright e Rosaleen, que son como nais para ela.
Personaxes
Lily Owens é unha nena de 14 anos bastante madura para a súa idade. Vive nunha granxa co seu pai e Rosaleen, a súa mellor e única amiga. Seu pai maltrátaa física e psicoloxicamente, pero aínda así ten unha gran capacidade para perdoar e un gran corazón. Ten un sentimento de culpa polo que pasou cando tiña catro anos e pensa que ninguén pode querela. Non discrimina as persoas de cor, como o fan a maioría de persoas brancas nesa época. Un aspecto significativo é que para conseguir o que quere non lle importa canto teña que mentir. O seu soño era ser escritora, pero non se anima xa que pensa que non vai ter futuro. Quere descubrir todo sobre a súa nai, cómo era, se a quería… por iso vai a Tiburon. Cando chega á casa das irmás Boatwright a súa vida cambia por completo. Coñece a Zach, un mozo de raza negra co que comeza unha historia de amor. Zach regálalle un caderno no que Lily vai escribir historias e poemas.
Un símbolo que identifica a Lily é a auga, xa que cando se enfada con Rosaleen cruza o río, cando se fai amiga de June é xogando coa mangueira, e o broche da súa nai é dunha balea, animal que vive no mar. Ademais, o seu nome é moi significativo xa que é unha flor (lirio).
T-Ray é un home adulto de raza branca e pai de Lily. É moi agresivo, cruel, ten moito resentimento gardado polo que o paga con Lily. Castígalle, pégalle, incluso non celebra o seu aniversario. Tampouco quere falarlle á súa filla da súa nai. Tamén tiña os mesmos comportamentos con Deborah, a nai de Lily. Primeiro estaba moi namorado e casa con ela, pero despois comeza a maltratala. Ten comportamentos racistas. Ao final da película vai en busca de Lily e ignora a Rosaleen. O seu nome fai referencia ó Tiranosauro Rex, que é un animal do pasado, de carácter forte e agresivo.
Rosaleen é a coidadora de Lily e traballa na granxa de T-Ray. É unha muller negra, un pouco inculta e que padece comentarios racistas, pero non quere sentirse intimidada. Por culpa diso tivo un problema cun home branco e foi encarcerada. Fuxiu con Lily e ó principio parecíalle unha loucura, incluso Lily chega a coidar de ela en vez de ser ao revés.
A escritura é un símbolo destacable de Rosaleen, xa que a pesar de ser inculta aprende a escribir o seu nome para rexistrarse para votar. Un símbolo que a une a Lily é que o seu nome é tamén unha flor (rosa).
August Boatwright é unha muller de raza negra e é a maior das tres irmás. No pasado acollera á nai de Lily na súa casa, e fai o mesmo coa rapaza. Sabía a verdade dende o principio. É a dona da granxa que herdou da súa avoa onde fan o mel e deulle traballo a Lily. Era unha muller sabia, cando se trataba de dar consellos todas acudían a ela. Unha vez namorouse, pero preferiu ser libre. A inmunidade que ten cara ás abellas e cara ao racismo, e mesmo o seu nome son claros símbolos deste personaxe.
June Boatwright é unha muller adulta tamén de raza negra que dá clases de música. Ten un carácter complexo e difícil, xa que nun primeiro momento non aceptaba que tanto Rosaleen e Lily coma Deborah foran vivir aí. Depois sí que o acepta. No amor tamén o seu comportamento evoluciona e ten moitas facetas, por exemplo está completamente namorada de Neil, un home de raza negra que lle pediu matrimonio moitas veces pero ela non aceptaba por medo e finalmente acábanse comprometendo.
May Boatwright é unha muller que aínda que era adulta tiña un comportamento de nena xa que parecía ter algún problema psicolóxico. Tivera unha irmá xemelga que morreu e dende aí ela sufría incluso cos problemas alleos. Para desafogarse de todas as súas penas fixo un muro chamado muro das lamentacións onde ela escribía nun papel o que lle pasaba e despois o colocaba nese muro. A escritura é un símbolo que identifica a May, xunto co sufrimento que lle producen a violencia e as desgrazas, ata o punto de suicidarse, finalmente.
Deborah Owens era unha muller branca que casou con T-Ray e tivo con el unha filla, Lily. Deborah era unha muller feliz ata que o seu marido comezou a maltratala e abusar dela. Un día fuxiu e atopou a August, que a acolleu na súa casa e a criou. Regresou a buscar a Lily e T-Rex de novo deulle unha paliza. Ese día Lily matouna por accidente. Uns poucos obxectos seus que Lily ten gardados acaban comunicando á nena coa nai e amosándolle o camiño a seguir.
Zach é un mozo de raza negra que vive con August e a axuda no traballo do mel. O seu sono é ser avogado. Coñece a Lily e comezan unha historia de amor que non se sabe como vai terminar. Regálalle un caderno a Lily para que poida cumprir o seu sono de ser escritora. É agredido por un grupo de homes brancos que non aceptan que estea con Lily no cine. Neste acto podemos ver o símbolo dos dereitos civís polo que aínda loitaban nesa época.
Contexto histórico: a loita polos civís dos negros
A película está ambientada en California durante o turbulento período da loita polos dereitos civís nos Estados Unidos. Estes dereitos incluían a igualdade dos negros nas votacións, na cultura e no acceso a lugares públicos, entre outras cousas. Podemos ver algúns casos de marxinación, por exemplo cando Rosaleen é encarcerada por faltarlle ó respecto a un home branco, cando era el quen a molestou, ou na escena do cine cando un grupo de homes brancos golpean a Zach simplemente por estar vendo unha película cunha nena branca. Por iso, en 1964 Lyndon Johnson, presidente dos EE.UU. entre 1963 e 1969, promulgou unha lei, chamada a Lei Lyndon Johnson, que pretendía restituír os dereitos a esta poboación de raza negra.
Esta lei estableceu unha serie de regras obrigatorias para a inscrición de votantes nos estados da Unión, co fin de garantir o dereito a voto de tódolos cidadáns e evitar as arbitrariedades que nalgúns estados do Sur eran utilizadas para impedir o voto da poboación afroamericana, como esixirlles que souberan escribir o seu nome cando se lles negaba o dereito a aprender a ler e escribir. Tamén estableceu regras obrigatorias en todo o país, para que ningún propietario de establecementos ou servizos de acceso público puidera discriminar a persoas ou segregalas por motivos de raza, cor, relixión u orixe nacional, considerando que tales accións constituían un delito.
Trala aprobación desta lei, entre 1964 y 1971 se produciron arredor de 200 mortes e máis de 1.300 persoas feridas como consecuencia de disturbios raciais protagonizados polas forzas de seguridade (brancas) e cidadáns de raza negra, enfrontamentos, que ao mesmo tempo, causaron danos millonarios nos barrios onde se rexistraron.
Como veremos máis abaixo, medio século despois o racismo segue estando presente en EE.UU. , a pesar desta lei.
Situación da muller
Podemos ver diversas situacións das mulleres ao longo da película. No caso de Lily, a situación no fogar é moi complicada. O seu pai maltrátaa tanto física coma psicoloxicamente. Castígaa, pégalle, fálalle mal… Non é feliz aí, por iso decide fuxir. Sen embargo, a situación coas irmás Boatwright cambia completamente. Lily está feliz, cómoda e non hai malos tratos por parte de ningunha. Sente que ese é o sitio onde debe estar, e o feito de que a súa nai tamén viviu aí reforza esa idea.
No caso de Deborah, era unha muller feliz que coñeceu a T-Ray co que finalmente casou, pero despois duns meses ela non se sentía a gusto. Deborah non quixo deixar ó seu home porque estaba embarazada. Ela sufría maltrato e abuso por parte do seu marido. Dáballe palleiras moi fortes, polo que un día fuxiu, pero ó pouco tempo regresou a pola súa filla. Ese día recibiu outra malleira e foi cando se produciu o tráxico accidente.
E por último, a relación entre as irmás Boatwright, que analizaremos máis a fondo a continuación, é coma a dunha colmea de abellas, onde August sería a abella raíña. É unha relación moi próxima onde todas se apoian mutuamente e onde non hai ningún home que teña o papel de zángano.
As relacións persoais en torno á familia Boatwright
Dentro desta colmea hai unha relación boa, de apoio mutuo, na que todas aportan algo. Un trazo característico desta familia é a sororidade. Este termo significa a relación serea e fecunda entre mulleres, que aquí é aínda máis valiosa pola situación de acoso.
As relacións de parella son moi diferentes nas tres irmás. August, a irmá maior, namorouse pero preferiu a súa liberdade. Porén, June, esta saíndo cun mozo do que esta realmente namorada, pero non aceptaba o casamento por medo. E por último May, que non é capaz de namorarse nin de ter unha relación.
Outro aspecto importante é a relixión, elas vívena como algo moi presente na súa vida. É moi importante para elas, rezan cada día e todas xuntas reúnense no salón para cantarlle á súa deusa, a Madonna Negra. E si, neste caso o seu Deus é unha muller. Pero non se parece nada á relixión que vivimos hoxe en día, polo menos na miña casa. Aquí o Deus é un home e non nos xuntamos na casa para cantarlle.
A imaxe da Madonna Negra, que as Boatwright poñen nas etiquetas dos tarros de mel, danlle a Lily a pista que une a súa nai coa familia das tres mulleres.
Temas e símbolos
A violencia esé un tema moi presente na trama da película. Por exemplo, hai violencia machista no matrimonio de T-Ray e Deborah, T-Ray é quen pega a Deborah, aínda que finalmente, de xeito accidental, é a súa filla quen a mata dun disparo. Hai exemplos de violencia racial coma o caso dos homes de raza branca que acosan e firen a Rosaleen, ou os que fan o mesmo con Zach. Pola contra, May é quen se fai dano a si mesma, pola depresión que ten e porque non soporta o peso do mundo, polo que se suicida.
Outros temas, tratados noutros lugares neste post, son os dereitos civís, as elacións de parella, a relixión e a emancipación (da muller e das persoas de cor).
Os símbolos son trazos característicos de cada un dos personaxes. No caso de Lily, os obxectos da súa nai, son pistas para que Lily siga os seus pasos e atope o seu camiño. Estes obxectos son unhas luvas, que son símbolo do corpo da súa nai, fanlle estar en contacto con ela; unha foto da nai nun momento feliz e unha imaxe da Madonna Negra, que é a que lle guía para chegar ata a casa das irmás Boatwright. Despois August dálle outros obxectos con novo simbolismo: un espello, co que poderá ver á súa nai mirándoa a ela, un cepillo do pelo que ten cabelos reais da súa nai, un broche dunha balea, que é o que levaba a súa nai cando chegara a esa casa, e unha foto de Lily e Deborah na que están moi achegadas e Lily aparece peiteada.
As abellas tamén son un símbolo. Parece que veñen buscar a Lily á súa casa, cando está con T-Ray. Tamén expresan a agresividade en grupo (como os brancos racistas - aínda que August está inmunizada contra as picaduras de abella e contra o racismo); pero tamén colaboran para protexer ao grupo, batendo as ás xuntas para arrefriar a colmea (igual que as irmás Boatwright cooperan entre si e axudan a outras persoas, e tamén a congregación relixiosa). As abellas fan o mel, que expresa a dozura e a densidade da relación entre as persoas.
Os nomes teñen moito significado: Lily e Rosaleen, como xa se dixo, son nomes de flores (lirio e rosa), as irmás Boatwright, August, May e June son os meses do ano (a primavera inxenua de maio, a intensidade de xuño cos días máis longos, a madureza do verán cumprido de agosto), e o seu apelido significa Construtoras de barcos, unindo os símbolos da auga, a relixión da Madonna Negra (a figura de madeira é o mascarón de proa dun barco), a balea do broche e a vila de Tiburon.
T-Ray é case un animal xurásico, coma o Tiranosauro Rex (T-Rex).
Tamén hai símbolos relacionados coa cultura, opoñéndose á violencia. Os grupos de brancos violentos son moi incultos pero todas as mulleres e case todos os personaxes negros teñen algún trazo cultural que os fai ser democráticos e pacíficos: a escritura (Rosaleen aprende a escribir o seu nome para poder votar, May escribe as cousas que lle causan sufrimento, Lily quere ser escritora), a música (June toca o violonchelo, a congregación relixiosa canta), o cine (Lily e Zach van ver unha película), os estudos (Zach prepárase para ser avogado), a oratoria (August falando á congregación)...
Valoración da película
Sobre a súa relevancia na película e a súa vixencia hoxe en dia, penso que os temas máis relevantes son o da violencia e o do racismo, xa que son temas dos cales segue habendo consecuencias importantes nos nosos días. A película fai que sexamos conscientes tanto dos feitos coma das consecuencias que provocan temas como a violencia e o racismo. A través da concienciación se espera que o número de vítimas e tódalas persoas afectadas por isto se minimice cada vez máis.
- Desgraciadamente, a violencia contra a muller segue existindo en tódalas sociedades, incluída a nosa. Esta lacra social vai deixando un goteo incesante e constante de mortes e, a xulgar polos estudios realizados, as novas xeracións non están exentas da influencia da cultura machista.
- A labor de concienciación e sensibilización é e debe ser continua, pero achegada a data do 25 de novembro faise máis visible por celebrarse durante esa xornada o Día contra a violencia contra as mulleres.
- As leis actuais van encamiñadas a eliminar os prexuízos e situacións que discriminan ás mulleres. Nos nosos días se celebran xornadas e conferencias, e incluso se mobilizan vontades políticas e investimentos para asegurar que as mulleres poidan vivir libres de violencia.
En canto ao racismo, estes temas están estes días nas noticias:
- Colin Kaepernick foi un deportista que se negou a poñerse en pé nun dos seus partidos para escoitar o himno de EEUU, xa que non quería mostrar orgullo por un país que oprime a xente negra e de cor. A partir de aí naceu a súa pose do xeonllo fincado no chan, a cal se converteu nunha sinal de protesta contra o racismo. Continuando co activismo contra o racismo, tamén en 2016 Kaepernick fundou o Know Your Rights Camp (Campamento Coñece os teus Dereitos) para discutir con xoves temas de historia americana, dereitos humanos e empoderamento. En 2018 foi nomeado Embaixador de Conciencia por Amnistía Internacional.
- O movemento Black Lives Matter (As vidas negras importan) xurdiu en 2013 co obxectivo de combater a violencia policial contra as persoas negras. Cobrou moito pulo cando un policía de Minneapolis, de raza branca, asasinou a un home afroestadounidense, George Floyd, polo feito de intentar pagar cun billete falso: apertoulle o pescozo cun xeonllo ata asfixialo, mentres Floyd dicía I can’t breathe(Non podo respirar). Ambas expresións quedaron como lemas en manifestacións e cancelos en internet.
- Porén, este non é o único caso que mobilizou á poboación. Hai uns anos, o 17 de xullo de 2014 Eric Garner, un afroamericano asmático de 43 anos, morreu asfixiado pola Policía de Nova York, cando un oficial o estrangulou durante case 20 segundos a pesar de que el gritaba que non podía respirar.
- Menos dun mes despois, o 9 de agosto de 2014, Michael Brown, un afroamericano de 18 anos, morreu desarmado tras recibir seis tiros de Darren Wilson, un policía branco en Ferguson, Missouri.
- En ambos casos se exculparon aos axentes policiais e se produciron protestas pola impunidade dos mesmos ante a brutalidade policial cara á comunidade negra.
Opinión persoal
Desde o punto de vista persoal e como xa expliquei anteriormente penso que os aspectos máis importantes a tratar nesta película son o da violencia e o do racismo. A violencia non ten xénero, pero o xénero por suposto que ten violencia. E chámase así, violencia de xénero, porque é a que se exerce contra a muller polo feito de ser muller. É o extremo da desigualdade. Con respecto ó outro tema, o racismo, segue habendo vítimas na actualidade polo feito de ser persoas negras ou doutra cor. Estase xogando coa vida de miles de persoas e familias simplemente por ser de diferente cor. Isto é un tema serio e vixente do cal hai que ser consciente. Por isto destaco o tratar estes temas na película, para seguir coas medidas de concienciación e sensibilización.
En canto á película, gustoume moito e creo que de non ser pola materia de historia da filosofía, na que ma recomendaron, eu non a vería nunca. Recoméndoa moitísimo porque che fai abrir os ollos. Ao facer este traballo dínme conta de moitas cousas e vin as cousas de maneira diferente, o que agradezo un montón.