11 nov 2016

Encontro con Ahmed Alí, xornalista gráfico exipcio

Encontro con Ahmed Ali Abdelhamid Ahmed Darraz, reporteiro gráfico exipcio protexido por Amnistía Internacional.

Colaboración co Grupo da Rede de Escolas de AI do IES Pedro Floriani e co Proxecto de Biblioteca 2016-17, O corpo humano - O dereito a non sufrir tortura.
Post realizado a partir das contribucións de todo o alumnado de 1º Bach. e a materia de Psicoloxía de 2º Bach. 


O encontro con Ahmed Alí tivo dúas partes. En primeiro lugar informou sobre a primavera árabe e os principais nomes e sucesos que e sucesos que debemos coñecer para comprender esta historia. Despois contou a súa historia sobre como foi detido e torturado e tivo que abandonar o país.

1. A primavera árabe 
En Exipto en 2004 gobernaba o xefe militar Hosni Mubarak. Os primeiros anos do seu mandato foran bos pero a partir de aí convertiuse nun dictador. En 2005 houbo unhas eleccións que gañou con case un 99% de votos favorables... pero despois de investigar descubriuse que as persoas que estaban nos colexios electorais estaban a favor do réxime militar e que moitos dos votos obtidos por eles eran de persoas que estaban mortas!
En 2011 houbo grandes mobilizacións de mozos do 6 de abril, movemento que xunta diferentes ideas. Houbo unha manifestación no Cairo na que trouxeron un cadaleito coa bandeira de Exipto con imaxes de Mubarak e a palabra “ilegal”; este foi o primeiro parafuso no cadaleito do dictador.
Outra manifestación tivo lugar na ponte de Alexandría. os mozos miraban ao mar, de costas á estrada. Foron todos detidos e torturados cruelmente: apagaban cigarros contra a súa pel e electrocutábanos nas súas partes íntimas. Uns saíron do cárcere logo de tres noites e outros tras 13 horas.
Chegaron con isto á morte dun dos mozos Despois manipularon as probas e metéronlle droga na boca para que parecese unha sobredose.
Tamén, en Túnez, un home plantaouse lume a si mesmo diante do Parlamento polo descontento ante as inxustizas.

2. A súa detención e tortura
Conta Ahmed Alí que o 31 de agosto de 2014 estaba facendo unha reportaxe á unha nai dun periodista morto. Ao chegar á rúa da súa casa detéñenme e rómpenme o carné de periodista; ao chegar ao cuartel non me deixan nin facer unha chamada.
Decidiu non contestar ás preguntas e foi trasladado a un campamento das forzas de seguridade. Outros reporteiros que se daban por mortos ou desaparecidos estaban nese campamento. Ao día seguinte contou ao avogado o que sucedía e metérono nunha celda de 1 x 0’5 m onde estivo 5 días cos ollos vendados e as mans esposadas ás costas. A prisión estaba debaixo da terra.
Cando me vendaron os ollos só me preguntaba se ía vivir ou se ía morrer.
Para ser liberado tivo que pagar unha fianza de 1000 libras. Volvín traballar, quería facer un seguimento do meu caso pero dixéronme que estaba pechado. Un día un amigo seu avogado escoitou o seu nome nunha sentenza e pescudou que se lle condenara a 25 anos de prisión. Ahmed Alí fuxiu a Uganda onde pasou 30 meses e logo foise a Kenia, onde coñeceu a un activista de Amnistía Internacional empezou a colaborar coa organización.
Foi así como veu a España para compartir a súa historia. Gustaríame volver ao meu país pero non podo.

 3. O coloquio 
Moitas das preguntas foron sobre os seus sentimentos durante o encarceramento e a tortura xa que, como comentou Gabriel Pérez, ao ser xornalista narra cousas que poñen os pelos de punta tal e como sucederon.
Sheila Figueroa preguntou se a súa familia lle axudara. Contestou que a súa familia hai moitos cargos da administración e do exército. Poderían axudalo en casos de drogas, roubos, asasinatos, etc., pero non nun caso de oposición ao réxime porque se volverían sospeitosas/os. María Outerelo recolle unhas frases: mentres non toques o ámbito político non terías ningún problema en Exipto. Por exemplo, un estudante italiano decidiu facer o seu doutoramento en Exipto; levou unha vida normal durante o seu estudo pero cando saíu a rúa para realizar o seu traballo, que tiña que ver coa situación política do momento, matárono.
Outras frases de Ahmed Alí amosan o carácter da xuventude exipcia e como loita contra a ditadura:

Aínda que os teus soños se rompan hai que seguir intentándoos.
Ti, cando naces, non deberías estar atado a unha dictadura.

Ao final da charla sacamos unha foto con el para apoialo e animalo xa que el tivo que sufrir moito.


4. Libro de visitas
Con estes comentarios queremos darlle o noso recoñecemento e apoio:



No hay comentarios:

Publicar un comentario