16 oct 2015

Traballo inicial 2015-16, en Bitstrips

Dámosche a benvida ao curso 2015-16.
Estes son os nosos primeiros traballos para este ano:
Quen son? para 2º e
A miña identidade para 4º non bilingüe.
Utilizaremos a ferramenta web BITSTRIPS. Segue estes pasos:
1. Vai a Bitstrips for schools.
2. Preme "LOG IN".
3. Entra co identificador da túa clase (2aflo, 2bflo, 4bflo) + "GO".
4. Selecciona o teu nome.
5. Crea un contrasinal (apúntao nun lugar seguro e non o esquezas!!!).
6. Entra na aplicación e segue as instrucións para crear un avatar e un cómic.
7. As instrucións que falta darachas o profesor. Non o perdas de vista!!!
Esperamos que disfrutes desta materia durante o ano que agora comeza!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario