3 jun 2014

Liberalismo moral, político e económico - Adrián Míguez Lorenzo

O liberalismo foi un movemento desenvolvido despois da Ilustración. Durante o século XVIII, particularmente en Francia, fronte a época anterior de escuridade e inmobilismo cultural, a partir de agora o obxectivo fundamental da ilustración sería “iluminar” ou ben encher de sabedoría as persoas. As principais características serían:
utilizar o método empírico para coñecer o mundo,
o racionalismo fusionado co anterior para razoar,
desexo de coñecemento, progreso, felicidade e reformismo.
O liberalismo aplicouse teoricamente a tres ámbitos: o liberalismo moral, liberalismo político e liberalismo económico.

A moral liberal estaba caracterizada por establecer un pensamento en nós de gozo absoluto e liberdade moral.

No liberalismo político temos como figura representativa do movemento a John Locke. Nado no 1632 en Wrington, estudou filosofía e ciencias naturais, pero máis tarde debido a diversos motivos converteríase nun dos autores da teoría do contrato social. O contrato social como ben di o seu nome, é unha teoría que pretende estudar cal sería o goberno adecuado para o ser humano en estado de natureza (se non vivise en sociedade). Locke propón como forma de goberno un liberalismo, caracterizado por unha separación dos poderes no goberno. Por que? Segundo Locke, para que o goberno non puidese realizar ningún acto represivo contra a poboación, os poderes deberían estar separados en
lexislativo, encargado de elaborar as leis,
executivo, encargado de facer que as leis se cumpran e se xulguen e
federativo, encargado de facer a paz ou a guerra.
Máis tarde, Montesquieu separaría no executivo de Locke o executivo en si e mailo xudicial; e axudaría a incluír esta división no liberalismo francés consecutivo a revolución francesa.

O liberalismo económico estivo protagonizado pola figura de Adam Smith. Adam Smith naceu no ano 1723 en Kirkcaldy, estudou na universidade de Glasgow matemáticas e máis tarde presentaríaselle a oportunidade en Edimburgo de centrarse na economía. Durante a súa vida elaborou cantidade de obras sobre economía política, ciencia política e outros temas relacionados coa economía. Na tese dunha das súas obras A riqueza das nacións cóntanos que a clave do benestar está detrás do crecemento económico; para que este crecemento económico se producise sería necesario establecer unha libre competencia de mercados: e dicir, deixar que as empresas decidan os prezos de produtos sen ter que o estado intervir na economía; só coa intervención da man invisible que sería a encargada de corrixir os defectos (Máis abaixo veremos os límites deste punto de vista). Tamén se da a coñecer a lei da oferta e demanda que determinaba: se se aumentaba a demanda subían os prezos e, se aumentaba a oferta, baixaban.

Estas características son propias do capitalismo. O capitalismo é un sistema baseado no capital (o diñeiro) implantado pola sociedade burguesa a principios do século XX en moitos lugares do mundo; EEUU é o exemplo por excelencia de sociedade capitalista actual. No capitalismo en xeral a economía está liberalizada e os prezos poden flutuar dende niveles moi baixos ata outros moi altos, ademais tamén está rexido pola lei da oferta e da demanda.

O marxismo é un sistema filosófico creado por Karl Marx, que fixou os principios do comunismo, un sistema político baseado na propiedade estatal e a defensa do traballador entre outras características. Marx descubriu un defecto de toda esta estrutura de leis baseadas na liberdade mercantil: O diñeiro tendía a acumularse nas mans duns poucos, deixando a maioría da sociedade na pobreza. Este é o maior defecto do capitalismo: cada certo tempo ten un período de bonanzas e despegue económico, pero pasado un tempo cae en picado facendo que moita xente sufra as consecuencias dunha crise financeira sen precedentes. Se o estado non controla o mercado e os prezos, poden chegar a descontrolarse creando unha profunda crise.

Exemplo desta situación foi o chamado crack do 29 cando a bolsa de Nova York sufre un baixón. Multitude de xente que investía en bolsa quedou arruinada e moitos chegaron a suicidarse tirándose dende rañaceos. Pero este feito non só afectou a Estados Unidos, consecutivamente como se de eco se tratase, a crise do ano 29 chega a Europa e a outros lugares do mundo dificultando o correcto desenvolvemento das economías doutros países.

O encargado de solucionar nos anos 30 esta profunda depresión foi J.M. Keynes. Keynes nace en Cambridge no 1882, especialízase en economía e traballará como funcionario, tesoureiro, profesor, etc. No seu labor de arranxar a situación económica, Keynes incluíu algúns conceptos marxistas como a intervención do estado na economía para solucionar esta situación na que o mercado se descontrolaba esaxeradamente. Sintetizou conceptos liberalistas con outros marxistas. Moitas persoas tacharon a Keynes de comunista por utilizar aquelas ideas nunha sociedade capitalista.

Hoxe en día o problema ao que se enfronta o mundo é o mesmo: unha situación de descontrol mercantil nas sociedades capitalistas. Este neoliberalismo padece da mesma enfermidade que o seu antecesor, pero son evitables situacións deste calibre cunha intervención do estado na economía entre outras medidas.


Pica no título para descargar este traballo en PDF:




No hay comentarios:

Publicar un comentario