22 jun 2014

Boletín - Xénero e Identidade

No curso 2013-14 o tema do proxecto de biblioteca é XÉNERO E IDENTIDADE. Con este motivo se fixo esta exposición de lecturas filosóficas.
As obras agrúpanse en torno a varios criterios:
Mulleres filósofas e antropólogas.
Feminismo e teoría Queer.
Ciencia e literatura.
Psicoloxía e ética.
Na base de datos MEIGA agregouse unha nova MATERIA, Xénero e Identidade, coa que se vincularon as obras desta mostra e moitas máis, ata un total de 63, no conxunto da biblioteca.


 
 



Para descargar o orixinal en Publisher, pica na imaxe:



21 jun 2014

Boletín - Filosofía... en cómic !!!

Moitas editoriais están comezando a prestar atención á capacidade que ten a banda deseñada de transmitir ideas moi complexas nun formato comprensible para persoas de todas as idades e que aínda están iniciando a súa formación na cultura, así como para ofrecer, a persoas que coñecen as obras soamente en forma de texto, unha visión nova e agradable que permite un enfoque distinto.
No Departamento de Filosofía do Floriani imos coa banda!
Temos cómics para...

... as bibliotecas de aula de bacharelato. 
... a hora de ler de 2º e 4º de ESO. 
... a nova sección da biblioteca: Filosofía en cómic, coa signatura 1(82-C).


 
 



Para descargar o orixinal en Publisher, pica na imaxe:



18 jun 2014

CHARLAS "A REVOLTA DOS ANIMAIS" - 6

6ª sesión: Os debuxos (e máis)
... Un retrato de Napoleón, de perfil, executado por Squealer en pintura branca

Xa acabaron as charlas na biblioteca por este ano!

Pero aínda temos un post máis no blog para recoller, coma sempre, os materiais de toda a serie (presentacións e carteis). Esta vez, sobre todo, queremos reunir todos os debuxos que fixeron Andrea Martínez, Andrés Núñez, Sara González e Iara García. Ademais, ofrecémosvos algúns dos enderezos de internet que utilizamos para preparar o noso traballo.


Os debuxos
Picade na imaxe para verdes en ISSUU os personaxes principais (porcos e cabalos) e secundarios (galiñas, ovellas...) e as caricaturas de personaxes históricos:

 
 

Materiais para descargar
Picade no debuxo para baixar todos as presentacións, os carteis e os debuxos, en formato comprimido:



Ligazóns
Hai algunhas recensións do libro en galego, como a do blog Tirarrollas:



Xa coñecedes as guías de BookRags e SparkNotes, pero entre as páxinas en inglés esta vez gustounos a de Schmoop:



Hai moi boas páxinas en castelán. Dúas das máis coñecidas, Monografías e Rincón del Vago, son tamén das máis completas:



Finalmente, a peli en inglés con subtítulos en castelán:



CHARLAS "A REVOLTA DOS ANIMAIS" - 5

5ª sesión: Símbolos da novela
Todos os animais son iguais... pero algúns son máis iguais ca outros

A derradeira charla filosófica deste ano dedicámola ao mundo simbólico de A revolta dos animais.
A exposición correu a cargo de Diego Pérez e Iago Blanco que analizaron, respectivamente, os mandamentos e a súa evolución e máis os símbolos do animalismo como a bandeira ou o himno.



Diego explicounos como os mandamentos foron evolucionando a medida que os porcos íanse humanizando (lembremos que, na linguaxe da novela, isto quere dicir que os dirixentes comunistas ían adquirindo os peores hábitos burgueses). Deste xeito, Ningún animal durmirá en camas cambia, cando Napoleón e os outros comezan a facelo, a Ningún animal durmirá en camas con sabas. Só Benxamín (o burro ilustrado) parece percibir estes cambios, mentres os cans (a policía de Stalin) sementan o terror e as ovellas (o partido comunista oficial) repiten fórmulas desgastadas e desmobilizadoras coma Catro patas ben, dúas pernas mal.




Con Iago fixámonos nos paralelismos entre
o animalismo e o comunismo,
o corno e a pata e a fouce e o martelo,
a bandeira verde da Granxa Animal e a bandeira vermella da URSS e
a canción Bestas de Inglaterra e a Internacional.
Nos debuxos finais non somos quen de distinguir se as figuras son de animais ou de persoas Vemos que se están xogando as granxas ás cartas e de súpeto sacan dúas cartas de espadas iguais e comezan a acusarse mutuamente de facer trampa. Iago compara isto coas Conferencias de Ialta e Teherán onde comunistas e capitalistas se repartiron o mundo como bos amigos... só para comezaren de seguido coa guerra fría e as acusacións mutuas de espionaxe.




Materiais para descargar

Estamos preparando un post máis desta serie no que poderedes descargar todas as presentacións multimedia das cinco charlas e máis os cinco carteis, xunto coa colección completa de debuxos de Andrea MartínezAndrés Núñez, Sara González e Iara García, pero polo de agora podedes ir baixando a presentación e o cartel desta quinta sesión:

https://avellanacova.wikispaces.com/file/view/RevAn5_Presentacion.pps/516199508/RevAn5_Presentacion.pps https://avellanacova.wikispaces.com/file/view/RevAn5_Cartel.doc/516199522/RevAn5_Cartel.doc

11 jun 2014

CHARLAS "A REVOLTA DOS ANIMAIS" - 4

4ª sesión: O muíño de vento
... máquinas que farían o seu traballo mentres eles pastaban a pracer nos campos...

Na charla de hoxe analizamos o símbolo do Muíño de vento. Durante toda a novela, os animais tratan de construír un muíño pero por moitos motivos nunca chegan a conseguilo. Para que o querían? Que detalles da revolución soviética quere representar con isto George Orwell? Andrea Garrido, Marta Quintela e Paula Toucedo explicannos os conceptos marxistas previos, os sucesos históricos e as características da obra que nos fan pensar que é tanto un conto de fadas coma unha sátira.




Marta recórdanos a explicación marxista do desenvolvemento da historia: a burguesía cumpriu unha función de desenvolvemento da industria que supuxo un avance fronte ao feudalismo porque melloraba as condicións de traballo, pero unha vez no poder convertiuse nun obstáculo para a emancipación da clase traballadora. O que se deu en chamar Ditadura do Proletariado sería un paso necesario para permitir a chegada dunha sociedade sen clases.




Pero, como nos explica Andrea, a sociedade rusa non estaba industrializada e Stalin e Trotski rivalizaron, coma Napoleón e Snowball en A revolta dos animais, por construir a industria (o muíño) que, por outra banda, nunca chegou a facerse realidade, xa fose pola súa incapacidade, pola dureza das condicións meteorolóxicas ou polas guerras.
Todo isto aparece reflectido no libro nas acusacións de sabotaxe de Napoleón a Snowball (coma fixera Stalin con Trotski), no temporal que derruba a construción e na Batalla do Muíño, imaxe da Segunda Guerra Mundial.

Paula extrae as conclusións: os porcos vólvense coma os humanos (os dirixentes soviéticos vólvense coma os capitalistas) e chegan a negociar con eles (coma Stalin nas Conferencias de Ialta e Teherán), onde as acusacións de trampa no xogo semellan o comezo da guerra fría.
A obra ten caracteres satíricos evidentes na frase uns animais son máis iguais ca outros, pero tamén ten elementos do conto de fadas, coma o feito de que o tempo da narración, que segue claramente o paso das estacións e as labores do campo durante toda a obra, sofre unha aceleración ao final onde pasan, dun capítulo para o seguinte, varios anos, coma adoita suceder nos contos, onde un personaxe pasa de repente 100 anos sen que suceda nada... e a continuación precipítase o final.





Materiais para descargar

Coma sempre, podes baixar a presentación e máis o cartel picando nas iconas:

https://avellanacova.wikispaces.com/file/view/RevAn4_Cartel.doc/516197904/RevAn4_Cartel.doc