22 may 2014

CHARLAS "A REVOLTA DOS ANIMAIS" - 3

3ª sesión: Personaxes secundarios
Catro patas ben, dúas pernas mal

En A revolta dos animais todos os personaxes teñen un valor simbólico. Ademais dos porcos e os cabalos hai moitos animais que representan a políticos, institucións ou sectores da poboación. Con Andrea Amoedo e Andrea Bouzón imos coñecelos, pero hai tamén, coma sempre, outra Andrea traballando, Andrea Martínez, que xunto con Andrés Núñez, Sara González e Iara García fan os debuxos para a presentación multimedia.


Andrea Amoedo presenta os primeiros animais: as galiñas, as ovellas, o burro Benxamín e o corvo Moisés.
As galiñas son unha metáfora das familias, que non tiñan opinión e ás que os porcos lles levaban os ovos, como Stalin mandaba á guerra os rapaces máis novos.
As ovellas representan o partido comunista, que parece que saben moito do marxismo pero en realidade só repiten frases feitas; Napoleón aproveitase delas para desestabilizar á oposición.
Benxamín é o burro escéptico e traballador pero non en exceso. Sabe ler un pouco e decátase dos cambios nos mandamentos.

Moisés é o corvo soplón do granxeiro, que representa a igrexa ortodoxa.




Andrea Bouzón presenta ás ratas, os cans e os granxeiros. As ratas representan o movemento socialista menchevique, partidario da revolución pero non moi concienciado. Os cans representan á policía secreta, que máis tarde será o temido KGB.
Os granxeiros son Mr. Jones, o amo orixinal da granxa Manor, expulsado polos seus propios animais, que representaría ó Zar Nicolás II de Rusia, e Frederick e Pilkington, os outros granxeiros, que representan, respectivamente, a Adolf Hitler e aos líderes do capitalismo Winston Churchill e Franklin D. Roosevelt, con quen Napoleón negocia de igual a igual nas cumbres de Ialta e Teherán.



Materiais para descargar

Para descargar a presentación e o cartel, pica nas iconas:


14 may 2014

CHARLAS "A REVOLTA DOS ANIMAIS" - 2

2ª sesión: Personaxes principais
Napoleón sempre ten razón. Traballarei máis

Na segunda sesión de A revolta dos animais falaremos sobre os porcos e os cabalos, que son os personaxes principais da novela. Presentan Carla Martínez e Eva Méndez, e os debuxos son, coma sempre, de Iara García, Sara González, Andrea Martínez e Andrés Núñez.


Os porcos representan aos dirixentes da Unión Soviética durante o stalinismo. Carla vainos desvelando o simbolismo do Vello Maior (imaxe de Marx e Lenin, que anunciaron a revolución pero non viviron o stalinismo) Napoleón (que, coma Stalin, se proclama a si mesmo emperador), Snowball (que quere, coma Trotski, estender a revolución coma unha bóla de neve) e Squealer (o policía do réxime).




Os debuxos caricaturizan aos personaxes mediante os bigotes, as insignias e os obxectos que amosan. Por exemplo, aquí vemos a Napoleón cun mostacho coma o do ditador.

A clase traballadora está representada polos cabalos, dos que nos fala Eva. O gran heroe da novela é Boxer, o cabalo estaxanovista, pero entendemos mellor a este personaxe cando o comparamos cos outros cabalos: Clover, a egua escéptica, e Molly, a egua pequeno burguesa.

Na próxima sesión coñecermos a Benxamín, o burro que non era tan burro...



Materiais para descargar

Picade nas imaxes para descargar a presentación e o cartel: