O día 14 de marzo volvimos ter un encontro con Luz, a psicóloga e psicanalista que xa nos visitara o ano pasado. A todas/os nos pareceu non só un encontro moi agradable senon tamén moi produtivo para preparar a parte de psicoloxía do temario de 1º Bach.
Para esta reseña do blog seguimos fundamentalmente os comentarios de Iara García e Andrea Bouzón, con contribucións doutras moitas persoas dos dous grupos de 1º.
A psicanalista empezou falando dos síntomas que poden aparecer e de como o simple feito de falar pode axudar tanto. Para que o entendéramos mellor comentounos casos reais que coñece ela, como por exemplo o dunha muller que despois de dar a luz colleulle fobia aos cans, chegando ata o punto de que non podía saír da casa, ou o dunha rapaza que se maquillaba para ir ao ximnasio: nunca se decatara de que comezou a facer iso cando, entre os moitos rapaces que estaban no seu grupo, empezou a ir un que lle gustou especialmente.
Moitos pacientes chegan á consulta tratando o problema que teñen como algo alleo e inicialmente hai unhas charlas preliminares nas que o paciente ten que responsabilizarse e entender que se os problemas que sufro forman parte de min, entón podo solucionalos. Comeza así o traballo de interpretación no que os soños recurrentes, os medos, etc. tómanse coma un xeroglífico que ten un sentido que hai que descifrar.
Para que a terapia funcione tense que establecer a transferencia, una relación entre analizante e analista con dous alicerces fundamentais: o amor e o saber. Di Luz, falando dun paciente: el seguía vindo xunta min e eu sentíame máis relaxada ante o risco dun posible suicidio.
Polo tanto, teñen que confluír tres desexos:
o desexo da/o analizante (a persoa que se analiza, que debe ter desexo de falar do seu caso)
o desexo da/o analista (interese polo caso e por escoitar)
o desexo do inconsciente (de ser lido, analizado)
O paciente ten que falar sen ser preguntado, así non terá censuras. En moitas ocasións dá moitas voltas falando pero sempre evita un tema. Probablemente niso que evita dicir estea a orixe do problema.
2. A psicoloxía como ciencia e o seu lugar nos estudos
Nos últimos tempos a psicoloxía esta sufrindo grandes cambios, tomando o camiño das ciencias naturais; hai que reformar as consultas para habilitalas como centros sanitarios e para estudar a carreira hai que ir pola rama biosanitaria. Pero hai que ter en conta que aínda que a psicoloxía presente características das ciencias naturais (baséase na observación da conduta, traballa con hipóteses que se contrastan para aceptalas como leis), isto non a converte nunha ciencia natural; a psicanálise, por exemplo, considera que a linguaxe é onde se manifesta o inconsciente e mediante a linguaxe e a interpretación é como nos curamos de trastornos como a depresión e outros... pero todo isto implica que somo seres sociais e que a psicoloxía debe ser considerada unha ciencia social. Cada persoa é diferente e por mais que se enumeren patoloxías (e as novas técnicas de diagnóstico aumentan enormemente o número de nomes para as patoloxías), cada caso é completamente único. Nas ciencias hai unha solución para varios tipo de problemas, mentres que na psicoloxía cada solución é única para ese caso e non se pode entender como un Zara mental no que cada persoa se pon o que corresponde ao seu perfil, sen intervención da/o psicóloga/o.
3. As formacións do inconsciente e as tipoloxías clínicas
Hai 3 tipos de pacientes: Os neuróticos, os psicóticos e os perversos. Estes últimos nunca os verás nunha consulta xa que para eles non hai ningún problema e gozan da súa perversión (o que, por outra parte, pode ser máis perigoso ca unha neurose ou unha psicose).
A neurose pode ser: Obsesiva ou histérica: En ambos casos o suxeito sente que algo non funciona, e tende a queixarse e a buscar os enredos do seu inconsciente.
A psicose é o que se podería denominar loucura, xa que os delirios do psicótico condicionan toda a súa vida e vive de tal xeito a súa tolemia que non ten a dúbida, que é tan característica na neurose. Tende á soidade, por que só el entende os seus delirios e ninguén máis, así un psicótico nunca deixa de selo por completo pero con axuda mellorará moito.
Como caso clínico, Luz relatounos o caso dun rapaz que ela estivera tratando durante 4 anos: un mozo de 15 anos de familia acomodada víase sometido ás esixencias do supereu ata tal punto que había momentos en que quería suicidarse. Se queredes coñecer os detalles, o caso está contado no capítulo que escribiu para o libro Adolescencias por venir, do que falaramos xa no post do ano pasado.
Unha conclusión que extraemos, relacionada co proxecto de biblioteca deste ano sobre Xénero e identidade, é a importancia da actitude da familia á hora de construír a propia identidade; o primeiro que fan é mirar de que sexo é o bebé que nace e isto marca o lugar que se lle vai dar e condiciona a propia reacción ao formar a identidade.