Estes son os murais que fixemos en 4º ESO A, na primeira avaliación.
Para elixir o dereito sobre o que queriamos facer o mural e para citar o texto dos dereitos humanos utilizamos este Pasaporte dos Dereitos Humanos de Amnistía Internacional. Tamén nos documentamos sobre as ONGs que loitan por facer que se cumpran.
O noso traballo inclúe unha entrevista ao director do centro, Emilio, outra a un alumno de 2º de Bacharelato e un estudo detallado dos dereitos que se violan no cárcere de Guantánamo.
Para ver os trabalos que fixeron en inglés no grupo bilingüe, pica aquí:
A igualdade de
xénero debe ser un compoñente central en calquera intento para resolver os
problema sociais, económicos e políticos. É un principio constitucional que
estipula que homes e mulleres somos iguais ante a lei. A constitución española
de 1978, no seu artigo 14, proclama este dereito, e é un dos principios
fundamentais do dereito comunitario.
O DEREITO Á
EDUCACIÓN
É o dereito a
unha educación primaria gratuíta e obrigatoria para toas/os as/os nenas/os. Os
estados deben establecer un sistema de educación secundaria e universitaria
accesible a todas/os as/os xoves en condicións de igualdade.
Estas son as entrevistas que lles fixemos ao director do centro e a un compañeiro de 2º Bach.:
A LIBERDADE DE
EXPRESIÓN
É un dereito
fundamental recollido no artigo 19 da Declaración Universal dos Dereitos
Humanos. Consiste na capacidade para difundir libremente as propias ideas e
falar libremente sen censura. Sen liberdade de pensamento, a liberdade de
expresión non serve de nada.
LIBERDADE
O dereito ás
distintas formas da liberdade está recollido en moitos artigos da Declaración
Universal dos Dereitos Humanos: Prohibición da escravitude (Artigo 4), Dereito
á privacidade e a honra (Artigo 12),
Liberdade de pensamento, conciencia e relixión (Artigo 18), Liberdade de
expresión (Artigo 19), Liberdade de asociación e reunión pacíficas (Artigo 20).
GUANTÁNAMO
Cárcere de
seguridade para delictos de terrorismo que os EEUU teñen en Cuba desde 2002.
Está situada xunto á Baía de Guantánamo, 920 km ao SO de A Habana. Amnistía
Internacional calcula que o 80 % das persoas detidas están en réxime de
aillamento. Os EEUU pretenden xustificar que non se leve ás/os detidas/os a
xuízo porque o cárcere está fóra do país (pero isto vai contra o artigo 2º da DUDH). Barack Obama prometeu pechar o cárcere en 2008 pero non cumpríu aínda
a súa promesa.
Nestas imaxes podes ver un resumo dos dereitos humanos que non se cumpren en Guantánamo: