22 mar 2010

CHARLAS "CÓMICS E MUNDOS FANTÁSTICOS" - 2

Cómics e Mundos Fantásticos: Maus, de Art Spiegelman
Por: Irene Villar, 1º Bacharelato Humanístico

Vese todo o sufrimento de aquela xente

Irene recoméndanos un dos seus favoritos: Maus, de Art Spiegelman. É un cómic no que se relata graficamente a vida do pai do autor, prisoneiro nun campo de concentración nazi.
É unha boa maneira de coñecer todos eses sucesos históricos que custa tanto aprender memoristicamente e que aquí se ven debuxados. Os xudeus represéntanse por ratóns, os nazis por gatos, os polacos por porcos…
Di Irene: “O protagonista, está sempre aproveitando cousas usadas, nótase como tivo que facelo para sobrevivir. Ata levou artigos xa abertos a unha tenda para devolvelos!
Tamén é racista, xa que considera que todos os “negros” (schvertzer) son sucios e ladróns”.
Esta obra tamén nos abre a novas lecturas, como “Palestina: na franxa de Gaza”, cómic de Joe Sacco, que se pode pedir prestado tamén na biblioteca.

APRENDE A USAR O BUSCADOR MEIGA

Quero atopar todos os cómics ou libros sobre cómics da biblioteca
...Buscar por: Frase ou texto // En: Materia // (Criterio de busca): COMIC
Aparecen as fichas dos libros. Non todos eles son cómics: algúns son estudos sobre o cómic, ou simplemente literatura xuvenil ilustrada. Verás que hai banda deseñada en moitas seccións (Historia, Filosofía, Linguas clásicas)
Ir directamente ó resultado: CÓMICS














No hay comentarios:

Publicar un comentario