26 abr 2012

CHARLAS "O MUNDO DE SOFÍA" - 1

1ª sesión: Pitágoras, Demócrito e Sócrates
Sócrates puido eludir a condena, pero preferiu acatala e morrer

Comezamos as presentacións na biblioteca, a cargo do alumnado de 1º de bacharelato, da obra filosófica deste ano: O mundo de Sofía (Jostein Gaarder, 1991)..



Nandi presenta aos poñentes deste xoves: Gabriel, Alba e Kevin.


Gabriel compara a filosofía de Pitágoras cos mitos como o de Thor, que provoca o trebón e a chuvia co seu martelo. Pitágoras dá explicacións lóxicas e matemáticas, un exemplo das cales é o seu teorema. Tamén outras teorías súas, como a transmigración das almas, influíron no pensamento de Platón.
 Alba descóbrenos o xoguete máis prezado do mundo: o lego. Cun número finito de pezas, como cos átomos de Demócrito, podemos facer unha infinidade de obxectos, sempre que teña a idea do que queremos facer. Esta idea provén das imaxes que temos das cousas que percibimos.
Kevin cóntanos a historia de Sócrates, un sabio que se gañou a enemizade dos políticos por criticar a súa corrupción e a súa ignorancia. En vinganza, condenárono a morte e el, aínda que puido librarse fuxindo coa axuda dos seus amigos, preferiu obedecer as leis da cidade, feito polo que a historia lémbrao a través dos tempos.

Podes descargar as presentacións picando nestas imaxes:


No hay comentarios:

Publicar un comentario