26 abr 2012

CHARLAS "O MUNDO DE SOFÍA" - 1

1ª sesión: Pitágoras, Demócrito e Sócrates
Sócrates puido eludir a condena, pero preferiu acatala e morrer

Comezamos as presentacións na biblioteca, a cargo do alumnado de 1º de bacharelato, da obra filosófica deste ano: O mundo de Sofía (Jostein Gaarder, 1991)..



Nandi presenta aos poñentes deste xoves: Gabriel, Alba e Kevin.


Gabriel compara a filosofía de Pitágoras cos mitos como o de Thor, que provoca o trebón e a chuvia co seu martelo. Pitágoras dá explicacións lóxicas e matemáticas, un exemplo das cales é o seu teorema. Tamén outras teorías súas, como a transmigración das almas, influíron no pensamento de Platón.
 Alba descóbrenos o xoguete máis prezado do mundo: o lego. Cun número finito de pezas, como cos átomos de Demócrito, podemos facer unha infinidade de obxectos, sempre que teña a idea do que queremos facer. Esta idea provén das imaxes que temos das cousas que percibimos.
Kevin cóntanos a historia de Sócrates, un sabio que se gañou a enemizade dos políticos por criticar a súa corrupción e a súa ignorancia. En vinganza, condenárono a morte e el, aínda que puido librarse fuxindo coa axuda dos seus amigos, preferiu obedecer as leis da cidade, feito polo que a historia lémbrao a través dos tempos.

Podes descargar as presentacións picando nestas imaxes:


25 abr 2012

Colaboración co Club de Lectura: O estranxeiro

O departamento de filosofía colabourou nunha sesión do Club de Lectura O moucho Azul sobre a novela O estranxeiro, de Albert Camus.

Para ver a presentación, amplía esta imaxe: 



Para ver o post no blog do Club de Lectura, preme aquí:



MOBY DICK

Moby Dick é unha novela do escritor norteamericano Herman Melville (1819 - 1891) con gran contido filosófico. Os grupos de 1º de Bacharelato fixemos a actividade que agora vos presentamos nas materias de Lingua inglesa e literatura e Filosofía.


   Índice

1. A novela e os titoriais
2. Os personaxes
3. Os temas
4. A exposición
5. Descarga os materiais


1. A novela e os titoriais

O primeiro de todo: ler a novela. A versión elixida foi a da editorial Black Cat, que limos con axuda duns cuestionarios. Para profundar no sentido filosófico dos personaxes e os temas buscamos información en BookRags, unha páxina de literatura en inglés á que chegamos a través do blog:




Despois discutimos (In English, please!) sobre o sentido que cada quen lle daba aos símbolos, os episodios e os personaxes. Tomamos nota de todo, buscamos información noutros lugares de internet e comezamos a preparar os temas.



2. Os personaxes


Os personaxes máis importantes son Ishmael e Ahab, acompañados por Queequeg e o seu ídolo Yojo... e o propio Moby Dick, por suposto. Pero hai moitos máis: os contramestres (Starbuck, Stubb e Flask), os outros arponeiros (Fedallah, Tashtego e Dagoo) e algúns personaxes con gran valor simbólico como Peter Coffin, o taberneiro de Nantucket.





3. Os temas
Moby Dick permitiunos comentar moitos temas filosóficos. Despois resumimos os máis importantes: a vida e a morte, a tolerancia, o destino e o valor simbólico das cores negra e branca. 
Como tópicos secundarios (pero non menos importantes!) discutimos a xerarquía que hai no barco e o seu paralelismo coa xerarquía feudal da Idade Media, o problema dos dereitos dos animais e a conservación das especies, os motivos de cada personaxe para cazar baleas e como se reflicten nas súas distintas visións da moeda de ouro.




4. A exposición
Finalmente pintamos os murais e pegamos os traballos nos taboleiros.
Primeiro fixemos bocetos,



Despois preparamos os taboleiros, pegamos os debuxos e os textos e pintamos o monstro.



Pegamos os murais e colamos os debuxos e txtos nos paneis



Xa está todo listo.


Para rematar, posamos con aire natural para que a historia nos lembre.


Ven ver a exposición, no corredor do segundo andar!


5. Descarga os materiais
Podes descargar os materiais en PDF a través da páxina de ISSUU, picando nas presentacións, ou desde estas ligazóns, picando nas imaxes:

Reading tests (PDF) BookRags - How (PDF) BookRags - What (PDF)
105,5 KB 424,2 KB 421,7 KB



Characters (PDF) Topics (PDF) Todo (ZIP)
1,3 MB 1,3 MB 3,2 MB