A casa da avoa
Non hai maior dor para un pai que ver sufrir os seus fillos,velos sufrir e non poder facer nada para evitalo,nada para aliviar o seu sufrimento.Só estar alí, apoialos nas decisións difíciles e darlles un lugar no que sempre se sentiran seguros e protexidos.Ou polo menos tentalo. Lembro o día que lle chegou a carta a miña filla, chamoume chorando e moi angustiada, o único que eu podía facer na miña situación era escoitala, maldicir interiormente o noso goberno, pensar en todos o dereitos que estaban a ser violados nese momento e tentar consolala con palabras que non sentía xa que a súa situación era bastante mala. Xa pasaron uns meses e os meus netos atópanse xogando co can mentres que os seus pais mandan solicitudes de traballo sen parar, xa non teñen casa, non puideron pagar a súa débeda e botáronos. Por agora os nenos pensan que están de vacacións, pero iso non durará eternamente e xa comezan a sospeitar. A miña pensión está a alimentar a seis persoas e un canciño, é complicado e ás veces dan ganas de renderse pero coma dicía unha amiga miña “entre mortos e feridos alghun ádese salvar” mirando o lado positivo pasamos moito mais tempo xuntos e temos un teito sobre as nosas cabezas. Viven coa avoa, que ten de malo? Mais todo iso pode cambiar e despois de ler o correo desta mañá a situación vai empeorar rapidamente a non ser que nos toque a primitiva. Lidia Collazo Couñago |
Estas son unhas fotos do acto de entrega de premios, co poeta e escritor de novela xuvenil Román Raña: