6 feb 2017

Notificación - Filosofía 2º Bach. - Cambio na Programación Didáctica

Notifícase o seguinte cambio na Programación Didáctica do Departamento, que afecta á materia de Historia de Filosofía.



IES PEDRO FLORIANI – REDONDELA
Departamento de Filosofía

Cambio na Programación Didáctica 2016-17


Debido ao novo modelo de proba de acceso á universidade comunicado pola CiUG este Departamento acorda facer os seguintes cambios nos instrumentos e criterios de avaliación previstos na Programación Didáctica 2016-17:

  1. A avaliación de cada Unidade Didáctica farase mediante dous instrumentos: controles breves de lectura e proba escrita.
  2. Farase un control de lectura por cada texto seleccionado do autor ou autores correspondentes a esa Unidade Didáctica. Seguirase nisto a escolma feita pola CiUG para as PAU 2016 e anteriores. Se se presentara unha nova escolma manteranse as notas dos controles xa feitos e faranse os novos controles segundo a nova escolma.
  3. Os controles de lectura puntuaranse de 0 a 10. A media das notas terá un peso do 25% na nota da Unidade Didáctica.
  4. O 75% restante provirá da proba escrita.
  5. A proba escrita seguirá o modelo proposto pola CiUG, cunha pregunta e un texto (6 ptos.), unha pregunta tema (3 ptos.) e unha pregunta semiaberta (vocabulario e obras dun autor distinto do da Unidade Didáctica).
  6. Polo demais, o cálculo das cualificacións das avaliacións non se altera, unha vez obtida a cualificación das Unidades Didácticas.
  7. Os cambios son aplicables a partir da Unidade Didáctica 4 - Descartes (segundo exame da segunda avaliación) e serán aplicables tamén a recuperacións de exames anteriores, para o que o alumnado que se presenta a recuperación terá que facer previamente os controles de lectura correspondentes.