Por Jessica Acuña Alonso e Ángela Hernández Bouzón.
O venres quince de novembro tivemos a oportunidade de acudir a unha charla de Rosaliano Riascos sobre a súa experiencia. Experiencia que lle cambiou a vida pois, en maio do ano 2000 uns paramilitares irrumpiron na súa vida e na de moitos outros. Atopábanse na cidade de Buenaventura no departamento de Valle del Cauca, Colombia, no terreo que os paramilitares querían como terras de cultivo de contrabando. Levantáronos das súas camas para non volver a elas, nin sequera ás súas vidas.
Desde ese momento a vida de Rosaliano tornou por completo para non volver a ser a mesma. Dende entón tivo que separarse da súa familia, que veu a España en busca de algo mellor, primeiro a muller e máis tarde os seus fillos. Pola contra, Rosaliano quedou no seu país de orixe loitando polos dereitos dos “negros” (como el di) en Colombia, que nin sequera son contemplados na constitución.
Pasaron algo máis de dez anos de loita pola causa até que a situación obrigoulle a marchar do seu país, polo que tivo que vir a España no 2011 grazas a Amnistia Internacional que o amparou durante un ano mediante un programa de protección co que conta a organización.
Tivemos, grazas a Rosaliano, a oportunidade de coñecer a verdadeira situación de Colombia, que moitos de nós descoñeciamos pola información manipulada dos medios de comunicación hoxe en día.
Actualmente, Rosaliano segue a loitar polo que cre, por exemplo mediante AFRODES, unha asociación de afrocolombianos desprazados coa esperanza e os ollos cheos de ilusión de voltar ó seu país nunhas boas condicións coas que toda persoa debería contar.
Ese mesmo día que deu a charla cumpría dous anos en España e un ano fóra do programa de protección.
O pasado martes, 5 de novembro, tivemos a primeira reunión do noso Grupo da Rede de Escolas de Amnistía Internacional.
Como primeira acción do ano decidimos sumarnos á proposta por Amnistía, titulada Bla, Bla, Bla - isto é o que oen os que non escoitan. Picando nas imaxes pódense ver o vídeo da campaña e a páxina web de Amnistía con toda a información.
Trátase de facer gravacións de voz con mensaxes ou testemuñas sobre temas relacionados con tres dereitos humanos aos que o goberno está facendo oídos xordos. As gravacións enviaránse a Amnistíta Internacional que as remitirá á súa vez ao goberno.
Os dereitos aos que se refire a campaña son os seguintes:
Dereito á saúde, con especial atención á poboación inmigrante, que está en situación de extremo risco.
Dereito á vivenda, sobre todo nos casos de desafiuzamentos.
Liberdade de expresión e dereito de manifestación, con referencia especial á violencia policial con que están sendo reprimidas as manifestacións.
Na reunión falamos tamén do concurso de audiovisuais sobre nenas/os soldado, que gañou o ano pasado un grupo de alumnas/os do IES A Basella, de Vilanova de Arousa. Parabéns! Este é o video gañador:
A visita á biblioteca do alumnado de 1º Bach. tivo lugar o luns, 14 de outubro.
Utilizamos os materiais que subiramos previamente no blog. Podes consultalos picando na imaxe:
En primeiro lugar aprendimos a usar as claves da CDU para atopar fondos nos andeis.
A continuación descargamos a base de datos de libros e películas de filosofía e aprendimos a buscalos cos buscadores OPAC, localizalos na sección de filosofía e utilizar o programa de autoempréstito para poder levalos emprestados.
Para axudarnos fumos proxectando na pantalla todo o proceso.