30 oct 2013

O labirinto do fauno, 2012-13

A LEXITIMACIÓN DO PODER



Nos grupos de 2º ESO A e B realizamos este traballo sobre A lexitimación do Poder - Comentario de texto. Consistiu en
ver a película O labirinto do Fauno,
comentala
na clase,
estudar a época da
Guerra Civil española, as súas motivacións e consecuencias,
comparala co que estudamos no libro sobre o poder lexítimo e
facer debuxos comentados dos símbolos e as frases máis salientables do texto.
Resumimos o noso traballo nestes catro titoriais sobre os personaxes, os símbolos, o contexto histórico e citas comentadas:


E aquí podedes ver unhas fotos do Making of: como fixemos o noso traballo:



Estas/es somos nós:
 


13 oct 2013

Presentación da biblioteca para 1º de Bacharelato 13-14 - Documentación

BENVIDAS/OS AO CURSO 2013-14

Como cada ano, no Departamento de Filosofía saudamos ao novo alumnado de 1º de Bacharelato e acompañámosvos na presentación da biblioteca.
Faremos exemplos de busca e empréstito con libros do currículo lector da materia Filosofía e Cidadanía. Os temas que trataremos serán os seguintes:
1. Organización da Biblioteca. O sistema CDU.
2. Busca de obras no catálogo.
3. O servizo de autoempréstito.
4. Algunhas ligazóns.

1. Organización da Biblioteca. O sistema CDU
Os fondos da biblioteca (libros, CDs, DVDs, revistas...) están organizados mediante un sistema chamado CDU (Clasificación Decimal Universal). Cada número representa unha materia e cada nova cifra que se engade á dereita indica un apartado dentro desa materia. Pica na imaxe para ver un resumo no blog de Bibliotecas Escolares de Galicia:

 

Ves que á filosofía lle corresponde a cor azul clara e o número 1. Nós utilizamos este número para as obras de filosofía en xeral (sobre todo, textos moi relevantes). Pero se son textos especializados engadimos cifras á dereita do 1 (por exemplo, o 15 significa Psicoloxía, o 16 Epistemoloxía, o 17 Ética, etc.).
Para indicar o tipo de fondo de que se trata pódense utilizar auxiliares: 1(03) significa manuais, 1(82) obras en forma de literatura (por exemplo, novelas filosóficas), etc.
Estas claves son as que permiten atopar despois as obras nos andeis. Fíxate como están marcadas mediante etiquetas.

2. Busca de obras no catálogo
Nos ordenadores da biblioteca podes atopar dous programas, o buscador OPAC  e o servizo de autoempréstito. Falaremos agora do primeiro e na seguinte sección do segundo.
O buscador permite utilizar con varios criterios. O máis cómodo soe ser a busca por Título, utilizando a opción Texto libre.
Pódese buscar tamén por Materia e por CDU. Fai a proba buscando libros ou películas do currículo de filosofía. O proxecto de biblioteca deste ano é sobre Xénero e Identidade e por este motivo estivemos marcando moitas das fichas dos libros que tratan este tema (como as obras de María Zambrano ou Simone de Beauvoir). Podes atopalos buscando "xénero e identidade" no campo Materia.
Cando teñas os datos do fondo podes picar na lapela de Multimedia para ver, no campo Signatura 1, o seu código CDU e localizalo no andel correspondente.

3. O servizo de autoempréstito 
O segundo programa permite rexistrar o préstamo e a devolución de fondos dun xeito rápido e  cómodo. Para utilizalo tes que seguir os pasos do programa:
1. Introducir o teu número de lector/a (Hai unha lista xunto ao teclado).
2. Indicar se queres facer un préstamo ou unha devolución.
3. Introducir o número de rexistro do fondo (se é un libro estará escrito na primeira páxina).
4. Confirmar o préstamo ou devolución se os datos son correctos.
5. Se é un préstamo dun libro, escribir o teu nome e a data de devolución na etiqueta que está na primeira páxina.
6. Se é unha devolución, entregarllo á/ao profesor/a que estea de garda para que marque Devolto na etiqueta e o leve outra vez ao andel correspondente.

4. Algunhas ligazóns
Para ver o catálogo da nosa biblioteca podes ir á páxina do IES Pedro Floriani na Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia:


Para profundar na CDU podes visitar o blog de Bibliotecas Escolares e consultar estes titoriais: