O día 10 de decembro, co gallo do aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (ONU, 1948) fixemos esta actividade en 2º ESO:
Estudamos os dereitos que cada persoa ten soamente por ser persoa.Traballamos en colaboración co Proxecto de Biblioteca sobre os Camiños de Redondela e coa Rede de Escolas de Amnistía Internacional. Neste post resumímovos como fixemos esta tarefa, na que o pasamos xenial.
Buscamos exemplos deses dereitos...
... pero tamén exemplos de como se violan en todos os países.
Preparamos os panfletos resumindo o que aprendimos...
... e saímos a rúa para entregarllos a toda a xente da vila.
1. Estudamos os Dereitos Humanos
Para isto utilizamos o libro, ademais (por suposto) do texto da Declaración
Un dos nosos principais recursos en internet é a páxina da Rede de Escolas de Amnistía Internacional, da que hai un grupo en bacharelato neste centro. Podes vela picando na imaxe:
2. Preparamos os panfletos
Despois de buscar os exemplos tratamos de poñer en frases sinxelas e que todo o mundo poida entender...
... algún artigo da DeclaraciónA continuación escribimos esas frases en papeis de cores e decorámolos ben.
... algún exemplo de violación dos dereitos
... algunha ONG que vixíe e traballe para que se cumpran
3. Saímos á rúa
Xa temos todo preparado! Agora collemos o noso "material subversivo" e saímos polos Camiños de Redondela, como di o Proxecto de Biblioteca deste ano. Pensar que nalgúns países poderían deternos e incluso matarnos por facermos isto!
Primeiro fumos ao Concello, ao Mercado e ás tendas de arredor da alameda:
Despois, á zona da Mariña e ao Centro de Saúde. Pedimos permiso para non molestar ás persoas que estan enfermas ou acoden a unha cita médica:
-Por que me foxe toda a xente?... pero, en xeral, todo o mundo nos recibe moi ben e dános as grazas por divulgarmos esta información que, moitas veces, non coñecemos tan ben como deberiamos.
-Porque te achegas gritando e o último que pensan é que lles vas dar un panfleto pacifista.
-Ah!
4. Bótalles unha ollada!
Esta é a nosa colección de panfletos. Bótalles unha ollada!: