3 ago 2018

Psicoloxía das cores

Por Aarón Iglesias Mora, 1º Bach. 2017-18.

A psicoloxía das cores é un campo de estudo dirixido a analizar cómo percibimos e nos comportamos ante as distintas cores, así como as emocións que suscitan en nós. Certas tonalidades poden irritarte ou, polo contrario, relaxarte ou calmarte.
Un dos sectores onde máis inflúen os diferentes matices das cores son as películas. Nesta curta podernos observar as diferenzas entre as diferentes emocións e as cores con que estas van ligadas:


INOCENCIA A inocencia é a carencia de culpabilidade dun individuo con respecto a un crime, delito... Vai ligada a cores claras, como poden ser o branco, o crema, o rosa... e sempre acompañadas polos suxeitos máis inocentes que hai: os nenos. DOZURA No apartado da dozura observarnos como as cores predominantes son aquelas que son moi deleitosas ou agradables, como o branco, o vermello ou o rosa claro. Cores moi ligadas aos doces e pasteis.

FEMINIDADE A cor máis representativa, debido ao prexuízo tópico, é o rosa salmón para as nenas. Este vídeo móstranos que esta cor rosa pode identificarse tamén coa sensualidade, dureza e elegancia da muller.

VIOLENCIA A violencia é o uso da forza para conseguir un fin, especialmente para dominar a alguén ou impoñer algo. Aquí, a máis simbólica é a cor vermella, pero tamén as máis escuras como o negro. Estas cores simbolizan o sangue e a morte.

PAIXÓN As cores avermelladas definen moi ben este apartado debido a que o vermello está tamén identificado como unha cor moi sensual. Esta cor pódese asomar nesta curta en obxectos como as luces, as flores ou os beizos.

SOCIALIZACION A socialización é o proceso mediante o cal o ser humano aprende, no transcurso da súa vida, os elementos socioculturais do seu medio ambiente e os integra na estrutura da súa personalidade. Observamos que no vídeo as cores alaranxadas representan moi ben este sentimento no Sol, na imaxe dos elefantes e nas flores.

XUVENTUDE Identificamos a infancia coas cores vivas e entrañables e os matices amarelos ou alaranxados, que definen moi ben as trasnadas ou as falcatruadas. Estas cores utilízanse frecuentemente nos logos de debuxos animados ou en bebidas, que  representan a felicidade para os rapaces.

LOUCURA A loucura é un trastorno ou perturbación patolóxica das facultades mentais. Identifícase, sobre todo, co amarelo, pero tamén co contraste entre cores claras e escuras.

INSEGURIDADE A inseguridade emocional é un sentimento de incomodidade, nerviosismo ou imprudencia asociada a moitos contextos, que poden desencadear unha sensación de vulnerabilidade e inestabilidade que ameaza a propia imaxe ou a autoestima. No clip represéntase polo claroscuro sobre tons de laranxa.

NATUREZA A cor máis identificativa para a natureza é a cor verde, propia da flora. No vídeo vémola na selva ou os paxaros.

DESTRUCIÓN Está representada pola gama do verde, ben en tons escuros ou ben moi luminosos, como os raios, a escuridade ou o branco pola oposición da calma.

CALMA A calma vén sempre representada en cores azuis, claras e serenas, e moitas veces ligadas ao mar e á auga.

INFINITUDE A cor que máis representa o anaco deste vídeo é a cor azul, ás veces moi escura, case negra. A lonxanía ou os lugares remotos represéntanse pola escuridade e o ceo escuro.

FANTASÍA Capacidade humana para representar mentalmente eventos, historias ou imaxes de cousas que non existen na realidade, ou que son ou foron reais pero que non están presentes. As cores que máis simbolizan esta ilusión son as cores artificiais e brillantes ou o contraste de luces moi rechamantes.

EROTISMO O erotismo preséntase como fusionado coa feminidade, simbolizada nestas cores. Por iso poden verse cores rosas ou cores rechamantes como poden ser as luces de neon...


Un xogo
Propoñémosche un xogo: Adiviña a que emoción ou idea abstracta corresponde cada diapositiva:


Podes descargar a presentación, para vela coas animacións, pìcando nesta icona:





No hay comentarios:

Publicar un comentario