Comezamos cun clásico: Antes de que sexa tarde (Before the flood), a película coa que Leonardo DiCaprio, no ano en que foi designado Mensaxeiro das Nacións Unidas para a Paz, quixo remover as conciencias de persoas de todo o mundo (e moi especialmente os Estados Unidos) para que deixasen de negar a evidencia do cambio climático.
Así que Irene, Sabela e Laura viron esta película e resumiron o seu contido para nós.
A charla
Sabela comezou coa presentación dos temas da película. O título fai referencia ao tríptico do Bosco O xardín das delicias terreais, un de cuxos paneis mostra o mundo despois da inundación. Leonardo DiCaprio cítao como unha das imaxes da súa infancia que agora lle suxiren as cada vez peores noticias sobre o cambio climático. |
Neste chiste vemos retratados a dous recoñecidos negacionistas: Donald Trump e Mariano Rajoy. |
Este tema aparece en moitos sistemas de pensamento referido ao individuo: o cálculo dos praceres de Epicuro, a loita dos titáns Eros e Thánatos en Freud e a Escola de Frankfurt, ou a dialéctica do gozo e o desexo en Lacan. Aquí aparece agora considerado a escala planetaria. Materiais Podedes ampliar esta imaxe de gran resolución, tomada da wikipedia, para ver os detalles do cadro do Bosco. |
Os dereitos da película non están reservados, e pode verse libremente en Youtube e outras plataformas:























