A 3ª avaliación de Valores éticos trata sobre Tecnoloxía e Dereitos Humanos. En Valores éticos de 3º A, 4º A e 4º B, despois de considerar as vantaxes da tecnoloxía na difusión e defensa dos DDHH, fixemos boletíns informativos sobre varios problemas que o seu mal uso está causando. Colaborou o Grupo do noso centro da Rede de Escolas de Amnistía Internacional.
Comezamos charlando sobre a tecnoloxía, cómo mellora as nosas vidas con novos aparellos, medios de transporte, cultivos, enerxías, redes sociais... Pero todo ten un lado escuro: o uso bélico, a contaminación, os cultivos agresivos co medio ambiente, a censura nas redes...
|
O boletín de 3º A Os temas elixidos en 3º A foron: Ataques con drons (B3H1ND), |
|
|
O boletín de 4º A En 4º A tratamos os seguintes temas: 120 xornalistas encarceradas/os (Control das redes sociais en Turquía), |
|
|
O boletín de 4º B E os temas de 4º B foron: As enerxías renovables (freadas en España por intereses das grandes empresas), |
Zona de descarga
Podes descargar os tres boletíns en formato *.pub picando aquí: